Axustes de negocio

Unha organización cuxa finalidade principal é espoliar as institucións do Estado para beneficio dos seus membros, desde os concellos até a presidencia do goberno español, é moi difícil que rompa. O negocio é o negocio.

A idea do centro funciona cando hai normalidade, pero un partido putrefacto só pode aguantar enriba da bicicleta buscando grandes culpábeis dos desastres sociais lonxe deles e por suposto da banca e das grandes corporacións. Asomaranse pois á liña ultra europea

As informacións que prognosticaban unha fractura debida á tensión das dúas tendencias eran absurdas. A experiencia indica que non é así. En 2003 o odio africano (como cualificaba un xornalista ben informado á furia desatada no PP de Galicia entre rurais e urbanos) quedou en nada, e todos saudaron o suculento centralismo do contable, até hoxe. Nin memoria fica de Monte Faro, o Montejurra chantadino.

Outra cousa é a nova liña política, á que todos se cinguirán. A idea do centro funciona cando hai normalidade, pero un partido putrefacto só pode aguantar enriba da bicicleta buscando grandes culpábeis dos desastres sociais lonxe deles e por suposto da banca, e das grandes corporacións. Asomaranse pois á liña ultra europea. Pero Aznar converterase nun petardo insoportábel, aínda que provea de ideoloxía. Manda sempre quen manda.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.