Baixar impostos: positivo ou negativo. Depende

Centro de saúde baleiro en Vigo durante unha folga da Atención Primaria © Primaria Digna

“A economía do fascismo é unha economía onde as grandes corporacións quédanse cas ganancias, mentras xs contribuíntes financian as pérdas”. Murray Newton Rothbard: economista estadounidense (1926-1995).

Ao flamante Presidente do PP do estado español (elexido “a búlgara”) éncheselle a boca, dicindo que Sánchez (claro) debe “baixar os impostos”. Feijoo e o PP en xeral, falan deste tema cando é outro o que goberna, pero recordemos que Rajoy dixo o mesmo, e non tardou en subir todolos impostos que pudo. Atrévese Feijóo a denunciar que “el Gobierno se está forrando" con la subida de la luz y del gas”.

Xúntanse moitos factores para que a suba do coste da vida sexa insoportable para as familias, pero tamén é sangrante que as administracións que deberan poñer os medios, para resolver esta crise, non o fagan... e sobre todo o presidente ausente da Galiza, que non fai máis que propaganda e ningunha soa medida a prol da poboación. Temos que recordarlle, que o céntimo sanitario na Galiza sigue vixente (algún día “sabremos onde vai destinado este céntimo de cada litro de gasolina...): por qué non o quitou Feijoo?

Feijoo é o campión en non pedir transferencias ao estado español: en 13 anos de goberno pedíu 0. Podría desenrolar medidas que palíen a situación de crise actual. Dicirlle que os impostos, pagámolos para ter educación, xustiza, sanidade, transpostes públicos, bombeirxs, funcionairxs das diferentes administracións, etc. Si se reducen os impostos, todas estas materias quedan desatendidas co resultado dunha pior calidade de vida. Os impostos, non son para que se forre ninguén. É lamentable que se utilice este tema para facer campaña política de pacotilla e na promoción persoal, pero o escoitado nos últimos días, é cruzar un límite, onde usar a crise actual para promocionarse é inmoral.

Centro de saúde da Valenzá, en Barbadás CC-BY-SA Sergas Ourense

O PP-PSOE son especialistas en privatizar empresas punteiras e esenciais: repsol, telefónica, tabacalera (altadis), iberia, campsa, endesa, etc.

O Déficit Público na Galiza no 2008 era de 3.954 millóns de euros; a 31/12/2021 elevóuse a 11.715 millóns de euros. Xeróuse unha débeda de 7.761 millóns de euros, é dicir: si unha familia ingresa tanto, non pode gastar máis do que ingresa, pero Feijoo sí. Él pode reclamarlle a outrxs o que non fai para sí e endebedarse sin control para satisfacer as súas ambicións persoais. Á cada Galegx, tócalle unha carga impositiva de 3.680 euros, cando no ano 2008 era de 1.429. Váia xestor!

No caso da AP, Galiza destina 182 euros/habitante. Segundo o Ministerio de Sanidad, só inviste menos: Madrid: 147 e/h e as Illes Balears con 178 e/h. Así, o orzamento para AP é moi inferior o de Andalucía: 220 e/h ou no País Valenciá: 196 e/h. O orzamento do ano 2022 na Galiza é 178 euros inferior o do ano 2009 cando chegou Feijoo o poder...e ca que está caendo! Ademáis, na Galiza, temos 17 centros de AP por cada 100.000 habitantes, unha porcentaxe cinco puntos por baixo da media estatal.

Mediante a fórmula de financiación Público-Privada ten que pagar 2.050 millóns de euros ata 2040; cartos que debemos polo Álvaro Cunqueiro, pola Autovía AG-56, a AG-52, a Autovía da Costa da Morte, etc. O goberno Galego deberá pagar en total 13.764 millóns de euros. Insisto: váia xestor!

A receita de Feijoo de baixar os impostos, supón, no caso concreto da AP, que teñamos menos Médicxs, menos Enfermeirxs, menos Traballadorxs Sociais, etc. Si o que pretende é o que está sucedendo de “falta de profesionais” non terá xs traballadorxs que necesita; si non temos recursos para elo. a consecuencia é: consultas masificadas e profesionais sanitarixs saturadoxs e extenuadxs.

Polo tanto, a reducción ou aumento de impostos, depende das necesidades de cada momento, pero sempre pagando máis, quen máis ten. O de baixar impostos é unha temeridade...e o gasto en saúde é prioritario!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.