Cando se apagan as lanternas

Publicidade
Publicidade

Os seus devanceiros chegaron á xubilización case sen alento, despois de décadas inhalando sílice e sentíndose abandoados polos empresarios da mineiría, que consideraban as medidas preventivas un produto de luxo.

Culpables eles, de recuperar ese soplo romántico da loita obreira, que empuxou a saír das casas a miles de cidadáns para apoiar a súa causa, que inxectou de cafeína a un país durmido

As parellas, fillas, nais, veciñas … son esas mulleres do carbón, que entoando En el pozo de María Luisa dende a tribuna de invitados do Senado, fixeron retumbar de admiración e emoción as súas paredes.

Os compañeiros que o verán pasado, despois de días camiñando baixo un sol de xustiza, liberados da claustrofobia dos pozos aos que necesitan volver, alumearon Madrid coas súas lanternas coa esperanza de frear a retirada de axudas ao carbón. Culpables eles, de recuperar ese soplo romántico da loita obreira, que empuxou a saír das casas a miles de cidadáns para apoiar a súa causa, que inxectou de cafeína a un país durmido, que soporta os recortes indignándose nas barras dos bares.

Carlos, Manuel, Antonio, Orlando, José Luis e Roberto, pertencían a esta gran familia, unida, forte, solidaria, orgullosa de traballar nas entrañas da terra, e que dende sempre defende con dignidade a súa condición de traballadores: a gran familia mineira.

Hoxe, cando se apagan para sempre as lanternas destos seis traballadores, a gran familia mineira reúnese de novo para despedilos, pero tamén para exisir responsabilidades

Pero este equipo que enarbola a bandeira da lealdade, coñece ben aos seus membros. Saben que o Goberno de Rajoy, que de seguro estos días se vestirá de loito, e intentará abrazar os seus monos de traballo, é o mesmo que a diario ridiculiza a súa loita, que aproba nos orzamentos un recorte de máis do 63% para a actividade do carbón, e que nin sinte nin padece ante a posibilidade de que as concas mineiras, se transformen nun deserto de paro e pobreza.

Hoxe, cando se apagan para sempre as lanternas destos seis traballadores, a gran familia mineira reúnese de novo para despedilos, pero tamén para exisir responsabilidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.