O enorme impacto que as grandes tecnolóxicas da información están tendo na economía-mundo capitalista ven acompañado de diferentes interpretacións sobre como aquelas se están convertendo en condicionantes de esta última tal e como proban, por caso, os grandes investimentos públicos e privados, con cifras astronómicas, que se executan incluso antes de que dean resultados empresariais positivos
O enorme impacto que as grandes tecnolóxicas da información están tendo na economía-mundo capitalista ven acompañado de diferentes interpretacións sobre como aquelas se están convertendo en condicionantes de esta última tal e como proban, por caso, os grandes investimentos públicos e privados, con cifras astronómicas, que se executan incluso antes de que dean resultados empresariais positivos. Pero o que quero subliñar agora son os cambios que introducen nas relacións laborais, por caso, entre traballo e capital no que parece non haber coincidencia a hora de caracterizalo. Estamos diante dunha nova fase do capitalismo ou resulta outro sistema económico diferente aos coñecidos ate agora pero que dalgún xeito nos lembra a un que parecía superado?, que papel están xogar estas grandes tecnolóxicas na actual recesión democrática?. Cuestións que non son banais si temos en conta que a historia da economía-mundo capitalista é tamén a historia da loita de clases e da loita pola liberdade e a democracia.
Capitalismo da vixilancia: saben todo sobre nos
En abril do 2000 a economía da tecnoloxía punto.com caería en recesión ao explotar a burbulla que tiña creado. A resposta por parte das grandes tecnolóxicas, lideradas neste caso por Google, foi un cambio de estratexia que conduciría dous anos despois ao arraigo do que algúns deron en chamar “capitalismo da vixilancia” (SOSHANA ZUBOFF: “A era do capitalismo de vixilancia”). Un negocio que procura a máxima ganancia a través da publicidade obtida dos datos dos usuarios pero agora dirixida aos mesmos. “Google maximizará os seus beneficios reservando a mellor posición para o anunciante que, segundo os seus cálculos, mais probabilidades lle ofreza a esta corporación a máxima ganancia” (S. Z.). Con este obxectivo Google dedicará os seus esforzos a “ler a nosa mente” para así subministrarnos os anuncios que se correspondan cos intereses que os usuarios mostramos co noso comportamento en liña. Para lograr este obxectivo empresarial, este tipo de corporacións, van precisar saber que estamos pensando e facendo en cada intre, precisarán “ternos vixiados” -velaí ese cualificativo de capitalismo da vixilancia- para así saber todo de nos: dos nosos pensamentos, os nosos sentimentos, as nosas intencións e os nosos intereses como individuos para logo comercializar con eles, facer negocio.
O que quero subliñar son os cambios que introducen nas relacións laborais, por caso, entre traballo e capital no que parece non haber coincidencia a hora de caracterizalo. Estamos diante dunha nova fase do capitalismo ou resulta outro sistema económico diferente aos coñecidos ate agora pero que dalgún xeito nos lembra a un que parecía superado? Que papel están xogar estas grandes tecnolóxicas na actual recesión democrática?
“Os capitalistas da vixilancia o saben todo sobre nos pero as súas actividades están deseñadas tal como están para que non poidan ser coñecidas por nos. Acumulan montañas inxentes de novos coñecementos extraídos de nos pero non para nos. Predín os nosos futuros para beneficio doutros non para o noso” (S.Z.). Estas grandes corporacións non so acumulan montañas inxentes de información obtidas das nosas condutas e comportamentos senón que a compra e venta deses produtos están facendo inmensamente ricos aos seus donos xa que son incontables as empresas desexosas de coñecer as nosas condutas e comportamentos futuros pois coñecendo estes serán quen de condicionalos e moldealos.
Un comportamento corporativo que inicialmente tivo un éxito enorme derivado da súa capacidade para convencernos de que “a privacidade é o prezo que hai que pagar para obter unhas recompensas tan xenerosas como a información, a conexión e demais bens dixitais, cando, onde e como as queiramos” (S.Z.). Estas corporacións prometennos “satisfacer as nosas necesidades de vivir unha vida mais eficaz ao tempo que a maxia dunha información ilimitada e mil e unha maneiras de anticiparse as nosas necesidades e facernos mais fácil o lidiar coas complexidades das nosas abafadas vidas”(S.Z.). Un indiscutible éxito no que tamén tivo un papel serodio o feito de que durante os primeiros tempos os servizos prestados foran gratuítos para os usuarios aparecendo así como unha forza social, liberadora e democrática de servizo a humanidade.
Pero a realidade é moi distinta xa que as grandes corporacións (GAFAM: Google, Apple, Facebook, Amazon, Microsoft...), que dan forma ao este por algúns chamado capitalismo da vixilancia, teñen unha lóxica empresarial que pon en cuestión os propios fundamentos das democracias avanzadas xa que as evidencias indican que “o capitalismo da vixilancia é unha forza sen escrúpulos impulsada por uns novos imperativos económicos que ignoran as normas sociais e anulan os dereitos elementais asociados a autonomía individual e que tan imprescindibles resultan para que as sociedades democráticas sequera sexan posibles” (S.Z.). Os seus valores pasan a estar por riba de calquera outro valor ou contrato social.
Tecnofeudalismo: feudos dos que un non se escapa
Si a tese do capitalismo da vixilancia ten unha fundamentación sólida hai autores que, con argumentos igualmente potentes, apuntan a que podemos estar diante dun novo sistema que ten certas semellanzas co histórico feudalismo, por que si no éxito destas grandes corporacións xogou un papel fundamental a ideoloxía neoliberal -”toda regulación é unha carga e a burocracia unha repudiable forma de dominación humana” (sic)- propia da mundialización capitalista tamén é certo que a falta de regulación externa, a autorregulación supón, en certo modo, unha volta ao feudalismo cando os poderes dos señores feudais, como en este caso as grandes corporacións tecnolóxicas, se impoñía ao poder do soberano, agora ós estados democráticos.
“Si a explotación do traballo segue desempeñando un papel central na formación dunha masa global de plusvalía, a especificidade actual reside en mecanismos de captura que permiten aos capitais alimentar as súas ganancias por dedución sobre esa masa global, ao tempo que limitan a súa implicación directa na explotación e se desconectan dos procesos produtivos. E a significación que se lle da aquí a ídea de renda” (CEDRIC DURAND: “Tecnofeudalismo: critica da economía dixital”).
Os servizos que nos venden, estes titáns da información, “consisten no esencial en converter a nosa potencia colectiva en información adaptada e pertinente para cada un de nos e, de tal xeito, en atar a nosa existencia aos seus servizos.....grandes servizos dixitais que son feudos dos que un non se escapa. Esa situación de dependencia dos suxeitos subalternos fronte a gleba dixital é esencial por que determina a capacidade dos dominantes para captar o excedente económico. O modelo teórico que corresponde a esta configuración onde dependencia e control do excedente van á par é o da depredación ..... nesta perspectiva a maximización dos ingresos do capital non depende da maximización da produción senón mais ben da maximización do control sobre a colectividade en xeral.....o auxe do dixital perturba as relacións competitivas en beneficio de relacións de dependencia, cousa que desarranxa a mecánica de conxunto e tende a facer prevalecer a depreciación sobre o produción enxendrando .... o tecnofeudalismo” (C.D.)
“O capitalismo está morto...sufriu uha mutación histórica, ese papel o desempeña agora algo fundamentalmente diferente: o tecnofeudalismo...nas últimas décadas os beneficios e os mercados foron expulsados do epicentro do noso sistema económico e social, desplazáronse dos seus marxes e foron substituídos. Por quen?: por plataformas de comercio dixitais que parecen mercados pero que non o son e que se entende mellor si os consideramos feudos. E o beneficio, o motor do capitalismo foi substituído polo seu predecesor feudal, a renda” (YANIS VAROUFAKIS: Tecnofeudalismo).
Democracia versus plutocracia
“O desprezo do que fan gala as sinaturas de Silicon Valley hacia as liberdades individuais e os dereitos democráticos é altamente significativo” (C.D.). Estas grandes corporacións fan bandeira da liberdade -”o mundo dixital non está suxeito as leis terreais....é o espacio sen goberno mais grande do mundo” (Eric Schmidt, Jared Cohen, directores executivos de Google)- e de actuar libres da lei -”a regulación e sempre unha forza negativa que impide a innovación e o progreso” (ES.JD.)-. “A alta tecnoloxía funciona a tripla de rápido que as empresas normais. As administracións públicas funcionan o tripla de lentas que as empresas normais. Así que o noso ritmo e nove veces maior que o do estado...por iso o que nos interesa é asegurarnos de que os gobernos non estorben nin ralenticen as cousas” (ES.JD.). Velaí as enormes presións que estas grandes tecnolóxicas exercen sobre os gobernos para que estes non limiten nin circunscriban as súas actividades.
Non foi por casualidade que este gran dominio das GAFAM empezara a tomar corpo logo dos atentados do 11 de setembro do 2011 cando a CIA co apoio tecnolóxico de Google e outras empresas de Silicon Valley ampliou e intensificou as prácticas de vixilancia individual. Apoiándose no que se chamou “guerra contra o terrorismo” a Administración Bush II creou unha especie de “estado de excepción” que “favorecía a acumulación baseada na vixilancia”(S.Z.) e con elo o crecemento de GOOGLE grazas a un investimento público de miles de millóns de dólares en infraestruturas, persoal e prácticas tecnolóxicas de poder. “Pasouse de defender a regulación lexislativa da vixilancia, a facer a esta indispensable....a comunidade de servizos de intelixencia estadounidense incubou a GOOGLE dende os seus comenzos a través dunha combinación de patrocinio directo e de apoio as redes informais da influencia financeira moi aliñadas cos intereses do Pentágono” (S.Z.).
Na actualidade as GAFAM (Google, Apple, Facebook, Amazon, Microsoft...) son unhas corporacións para as que “tódolos espazos públicos son territorio válido para a súa incursión, sen autorización, coñecemento nin consentimento propios: fogares, rúas, barrios, pobos, localidades, cidades....a miña casa, a miña rúa, o meu barrio, a miña cafetería favorita.... pasan a seren un obxecto expedito para a inspección universal e para a expropiación comercial” (S.Z.). Hoxe por hoxe, ninguén se libra de caer nas redes das grandes tecnolóxicas da información, de ser acurralado e convertido na súa materia prima. “Nos últimos anos, os grandes conglomerados tecnolóxicos estanse conformando como a maior e mais explícita ameaza xa non á democracia tal e como a coñecemos, senón tamén ao pacto social que fundamenta a nosa vida en común” (XOSÉ CARLOS ARIAS:”El tiempo es oro”)