Cara a onde vai a Atención Primaria!

Centro de saúde baleiro en Vigo durante unha folga da Atención Primaria © Primaria Digna

“As negociacións adoitan ir mellor cando hai confianza. É moi difícil negociar cando ambas partes desconfían”. Samuel Johnson: UK. 1709-1784: poeta, ensaísta, biógrafo, lexicógrafo e crítico literario en lingua inglesa.

 

O 08/04/2019, desconvocóuse a folga na Sanidade Pública Galega, que estaba prevista para os días 9-10 e 11 de abril. O fixemos in extremis, cando se cumpleu a condición principal: a Mesa de Diálogo entre a Administración Sanitaria e as Entidades que formamos parte do Sistema Sanitario Público, para elaborar o Novo Modelo de Atención Primaria (AP) no País. Así, constituíuse o Consello Técnico de AP de Galicia, que comenzou a súa andaina creando 15 Comisións Técnicas (CT) que abordasen toda a poblemática existente na AP. As 8 primeiras CT eran das Entidades que formamos partes dos Centros de Saúde (C de S): Enfermaría, Médicxs, Odontólogxs, Traballadorxs Sociais, PSX, Matronas, Farmacéuticxs e Fisioterapeutas. As outras CT son de Desburocratización e mellora da xestión da Incapacidade Temporal, a relación entre AP e Atención Hospitalaria, Formación e Docencia, Análise Demográfico, Prescripción Eficiente e a de Intervención Comunitaria. Somos 208 persoas traballando, 30 entidades, que de forma desinteresada, queremos conseguir un Novo Modelo de AP. A día de hoxe, evaluadas casi todalas CT, queda a 9 que será a que dictamine cal será a AP do futuro en Galicia?

Tanto a administración como as entidades que estamos na negociación, recibimos múltiples presións de diferentes colectivos que queren posicionarse no novo modelo. Pese a ísto e a pandemia da Covid-19, o Consello Técnico está funcionando e elaborando informes, que van a cambiar a dinámica de traballo nos C de S e nos PACs. 

Medidas que consideramos prioritarias, serían cambios organizativos, como potenciar o carácter Interdisciplinario e Integral dos C de S, potenciando e incorporando novas categorías profesionais, para dar resposta ás necesidades e problemas sanitarios da poboación: Psicoloxía Clínica, Logopedia, Atención Temperá, Terapia Ocupacional, Farmacoloxía Clínica. Incrementar de maneira importante os recursos humanos dos C de S: coñecer o censo real de vacantes e adaptar a OPE a esas vacantes. 

Desmedicalizar a AP, potenciando e priorizando as actividades de promoción, prevención, rehabilitación e reinserción social, facendo fincapé no traballo en equipo.

Reorientar a AP cara a un modelo Comunitario e Participativo, transformando as Áreas de Saúde en espazos para unha atención integral, baseada no diagnóstico de problemas, necesidades e recursos relacionados coa saúde: Plans de Saúde a nivel local. Potenciar as relación dos C de S cos Hospitais de Área.

Mellorar a accesibilidade da poboación a atención de saúde e acabar coa masificación das consultas: incrementar os recursos humanos en función das necesidades e demandas de atención. Potenciar as áreas de recepción e apoio administrativo.

Incrementar os C de S nas áreas rurais, para acercar a atención a toda a poboación. Priorizar a Atención Presencial e utilizar a consulta telefónica e a telemedicina de xeito complementario. Mellorar a atención domiciliaria. 

Cando se aproben os acordos alcanzados nas 15 Comisións Técnicas, cando finalicen os traballos da Primeira Fase, convocarase o Plenario do CT e establecerase unha folla de roteiro, para seguir a aplicación do acordado. Debe convocarse de forma urxente a Mesa Sectorial cos Sindicatos, para aprobar os cambios nas condicións de traballo do persoal. A administración debe establecer un calendario orzamentario para acompañar a posta en marcha das medidas, e debe facer cambios lexislativos (recuperar Áreas Sanitarias, recuperar a Participación Cidadá e Profesional). Recuperar as Xerencias de AP. Derrogación das dúas reformas da Lei Galega de Saúde (a segunda por ser Inconstitucional). 

Cando se firme o acordo, consensuado, entre o SERGAS e as Entidades que formamos parte do CT, faremos a Atención Primaria do Futuro!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.