Carga de dignidade

A dependencia do Goberno do Estado sempre lle xerou desgrazas á construción naval civil ferrolá. A salvaxe reconversión de Felipe González reduciu os empregados de Astano-Fene de 6500 a uns 1000, mentres priorizaba os estaleiros de Sestao e Puerto Real, a pesar de que Astano era o máis experto e eficiente. Pola súa banda, Aznar pactou sen decoro ningún a prohibición da construción naval civil até 2015 da factoría fenesa para garantir o saneamento da débeda de 1200 millóns de euros de Navantia, xerada entre 1999 e 2004 pola ineficacia andaluza e cartaxenera, xa que Navantia-Fene estaba inactiva na altura .

Esta prohibición impediu a única iniciativa da Xunta (a do vicepresidente Anxo Quintana e do conselleiro Fernando Blanco no 2006) nestes trinta anos para lle dar carga de traballo aos activos ociosos de Navantia-Fene

Esta prohibición impediu a única iniciativa da Xunta (a do vicepresidente Anxo Quintana e do conselleiro Fernando Blanco no 2006) nestes trinta anos para lle dar carga de traballo aos activos ociosos de Navantia-Fene. Impediu que esta puidese construír barcos, a pesar de se tratar dunha actividade na que estaba preparada para concorrer internacionalmente.

A suicida dependencia de Madrid neste eido non leva a ningures. Velaí a boa idea dos promotores da plataforma cidadá ferrolá Rumbo 21: compre segregarmos Navantia-Fene e artellala a xeito de empresa pública galega aberta á entrada de capital privado, no marco da consideración da construción naval como estratéxica para Galicia, que fixou a Lei galega de fomento do sector naval de 2010.

Velaí a boa idea dos promotores da plataforma cidadá ferrolá Rumbo 21: compre segregarmos Navantia-Fene e artellala a xeito de empresa pública galega aberta á entrada de capital privado

Mais esta independización da empresa non garante soa o éxito no relanzamento da construción naval en Ferrol, que require da continuidade da acción cidadá do cadro de persoal de Navantia-Fene e dos axentes sociais de Ferrolterra canda as Administracións Públicas para a  construción do dique flotante e a inmediata fixación dun marco xurídico-financeiro (tax-lease) viábel.   

 

Unha nova política portuaria

Compre rendibilizar este investimento no contexto da apertura inminente da Canle de Panamá, porque Galicia é central no transito marítimo entre América e Europa

Os pobres resultados acadados do grandísimo investimento feito no peirao exterior coruñés poñen o foco na falla de eficacia e profesionalidade dos seus dirixentes políticos.  Compre rendibilizar este investimento no contexto da apertura inminente da Canle de Panamá, porque Galicia é central no transito marítimo entre América e Europa. Mais precisa asumir a xestión duns portos que España non sabe xestionar e, no caso da Coruña e Ferrol, fusionar a súa administración nunha Autoridade conxunta.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.