Caro diario

Alberto levanta a fiestra e deixa que o ar lle zoupe a cara. Prende un cigarro e comeza a facerme unha breve disertación apresurada da historia local de O Pindo. Dende que chegou de San Salvador non para de escoitar grupos de música Latina, e di que alí re-encontrouse co sentido da vida, que agora só quere dar amor e que occidente está podre de diñeiro e individualismo.

Alberto Riveiro pasa da topografía á etimoloxía dos nomes dos lugares e á historia económica cunha facilidade que me sobarda. Ama este lugar, e cando amas algo, sempre fas o esforzo desinteresado en coñecelo

Miro cara o mar dende a fiestra mentras o escoito. Xa estou acostumado a este tipo de charlas, e, a verdade, cánsanme. Non me atrevo a preguntarlle se acaso en Latinoamérica non existe, tamén, a venerable adoración pola plata e o individualismo atroz, pois non quero discutir a estas alturas da noite, xa bastantes amigos perdín por decir verdades verdadeiras e sinxelas.

Non hai como chegar a un lugar descoñecido cun compañeiro ao que non coñeces o suficiente. Alberto Riveiro pasa da topografía á etimoloxía dos nomes dos lugares e á historia económica cunha facilidade que me sobarda. Ama este lugar, e cando amas algo, sempre fas o esforzo desinteresado en coñecelo. Ás veces, cando o escoito falar, chego a crer que o infinito garda infinitos infinitos sen aparente conexión lóxica. Dispersámonos coma imaxinación sen orde e sen tempo, coma dous nenos que están continuamente descubrindo cousas e só atopan acubillo existencial nesa punzante emoción da curiosidade permanente.

A pesca artesanal no Pindo apenas existe. Alberto dime que o seu proceso de desaparición foi imparable dende a aplicación da normativa europea de pesca

A pesca artesanal en O Pindo apenas existe. Alberto dime que o seu proceso de desaparición foi imparable dende a aplicación da normativa europea de pesca. O pobo está semi-deserto; aquí, o destino da diáspora adoita ser New Jersey ou Nova Yorke. Apenas hai un espazo público, nin sequera unha pequena praza para que a xente fale e se encontre. Múltiples casas familiares construídas aleatoriamente, sen sky-line, sen orde, bordean a ría, onde escintilea intermitentemente o alumeado e se deixan ver un grupo de non máis de dez chalanas.

Alberto pon un disco tras outro. Country, rock, pachanga latina… Mírame atentamente, coma intentando adiviñar os meus gustos. Dígolle que non se preocupe, que coa música pásame o mesmo que coas palabras, gústame estar aberto a elas, recibilas sen pedirlles denominación de orixe e logo rumialas e devolvelas á boca para mastigalas de novo. Creo que lle sigo parecendo un misterio, que lle sorprende que poida vivir coma quen camiña sen saber a onde. Ás veces, simplemente, non teño nada que dicir, e xa está, abóndame coa presencia dun ser afín, con recuperar o contacto con persoas coas que compartín algo máis que amizade bursátil ou compadreo formal, con recuperar o fío das conversas non rematadas e sorprenderme do que as circunstancias fan cos soños de cadaquén.

Non me sinto máis estraño aquí que no meu pobo natal. O sínrome de Ulises lévoo pegado ao corpo, aos miolos e ás vísceras

Non me sinto máis estraño aquí que no meu pobo natal. O sínrome de Ulises lévoo pegado ao corpo, aos miolos e ás vísceras. Cústame sacar de enriba esta sensación de auto-estrañamento permanente. Chego á casa e escoito a meu pai lamentarse porque foi un erro volver de Suiza, porque seica este é un país de hipócritas e ladrons no que hai que traballar coma negros para os mesmos de sempre, coma se todo quisque estivese cortado polo mesmo patrón. Chego á casa e acabo discutindo, tamén, coa miña nai, chegando a chorar de rabia porque hai algo neste recuncho que non soporto, e non ten nada que ver coa xeografía, senon coa nausea que me causa prender a TV e ver qué clase de persoas e valores son dignos de recoñecemento.

Sucede que ese recuncho non é Galicia, senon o mundo. Premios Nobel da paz que fan a guerra. Premios Nobel de economía que xustifican a violencia estructural dun sistema que fabrica desarraigo e despoxos humanos a grande escala

Sucede que ese recuncho non é Galicia, senon o mundo. Premios Nobel da paz que fan a guerra. Premios Nobel de economía que xustifican a violencia estructural dun sistema que fabrica desarraigo e despoxos humanos a grande escala. Premios Nobel de literatura que se auto-erixen a sí mesmos coma gurús da public opinion, estendendo certificados do política e o non políticamente correcto, delimitando cuidadosamente, con retórica grandilocuente e engaiolante, onde está the right side e the wrong side of life. Científicos que venden os seus informes á administración ou ao buffete de avogados da empresa de turno para xustificar ecocidios inxustificables… ; non, non quero saber máis nada da poética da reconciliación, non quero máis contos de fadas para fuxir da dor de ser consciente, do gozo da tenra e insobornable rebeldía.

Non, non quero máis contrapuntos porque as melodías independientes dunha sociedade que fala cunha linguaxe quebrada non atopan a simultánea superposición que reconstrúe o sentido do conto. Se o mundo está roto. Se se remove. Se canta dende a dor da perplexa indignación moral, inventemos a linguaxe da ruptura, unha linguaxe quebrada e esperanzadora ao mesmo tempo. Desgarrada e crúamente optimista. Tan densa e profundamente humana coma este sangue que circula, este corazón que latexa, este corpo que recibe sensacions primarias que moldeo dende a necesidade de encontrarme a min mesmo entre as cousas mesmas. No seu mesmo cerne.

O futuro será do cru optimismo que nace da anguria, dos seres que non soportan que tanta barbarie xunta poida seguir camiñando ao mesmo tempo que se xustifica a sí mesma

O futuro será do cru optimismo que nace da anguria, dos seres que non soportan que tanta barbarie xunta poida seguir camiñando ao mesmo tempo que se xustifica a sí mesma. E se non, non pasa nada.... Incluso contra a decepción de non ver materializados os nosos soños máis profundos debemos estar curados.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.