Carta a El-Rei

Señor: Cando vostede lea isto ficará pouco para a súa mensaxe de Nadal. Descoide, non paga a pena que a rectifique vostede. 37 anos de discursos  inzados de lugares comúns non remudan dun día para outro.

Porque, Señor, nas súas mensaxes de Nadal nunca se lle escoitou un zorionak, bo nadal ou bom nadal nin ningunha atención á realidade plurinacional e plirilingüistica do Estado

Non sei se hoxe, entón, seguirá vostede a liña destes 37 anos e ignorará, outravolta, a miña lingua e as restantes linguas do Estado distintas do castelán. Porque, Señor, nas súas mensaxes de Nadal nunca se lle escoitou un zorionak, bo nadal ou bom nadal nin ningunha atención á realidade plurinacional e plirilingüistica do Estado.

A Constitución fala da súa función arbitral e moderadora. Mais, Señor, vostede nunca entendeu esta realidade plural española

A Constitución fala da súa función arbitral e moderadora. Mais, Señor, vostede nunca entendeu esta realidade plural española e non tivo reparos para defender en público a Patxi López a respecto de Ibarretxe como lehendakari, a manifestar a súa adhesión á guerra de Irak, “como militar” ou a censurar duramente, na páxina web da súa Casa, as propostas electorais de CiU, ERC ou ICV a respecto do dereito da cidadanía catalá  a decidiren o seu futuro. Porque leva vostede máis de 30 anos pechado tras a adulación cortesá da burocracia bipartidista PP-PSOE ( máis cortesáns os socialistas ca os populares) e carece de referentes sociais que lle fagan percibir a remuda da sociedade. Doutro xeito non tería ido vostede cazar elefantes a Botswana. Nin osos a Romanía.

Señor, o seu compromiso coa transparencia ten sido moi cativo. Distribución libre dos recursos orzamentarios asignados á súa Casa, uso non regulado pola súa Familia dos medios do Patrimonio do Estado, agasallos carísimos de amigos pouco convenientes... E non lle lembro nunca adoptando iniciativas a prol da mellor información ou transparencia, nin tampouco cara a unha meirande contención nun gasto que non é compatíbel coa realidade española de hoxe en día.

Seica sexa tarde de máis para mudar un estilo e unha visión do mundo. Mais teña Vostede por certo que o juancarlismo sairá moi mancado desta crise tan fonda e global.

O seu compromiso coa transparencia ten sido moi cativo. Distribución libre dos recursos orzamentarios asignados á súa Casa, uso non regulado pola súa Familia dos medios do Patrimonio do Estado, agasallos carísimos de amigos pouco convenientes...

Bo Nadal e os meus mellores desexos no persoal,


A arrincadeira: P.S. ao Principe

Señor, as persoas que pertencemos á súa mesma xeración sabemos que tivo vostede unha formación moito máis democrática cá do seu pai. Velaí que pense que o día que acade a Xefatura do Estado saberá da conveniencia de que a cidadanía decida sobre a continuidade da Monarquía, sen presas, mais tamén sen condicionamento ningún.

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.