Sra. conselleira:
Recibimos a carta que vostede enviou a todo o profesorado de Galicia agradecendo o noso labor nesta crise e sorpréndennos varias das reflexións que fai e que nos gustaría comentarlle.
Non é necesario que nos saúde persoalmente a todas e todos. Sería suficiente con que prestase atención ás necesidades do ensino público e reflexionase sobre as carencias que sofre a comunidade educativa despois de todos os recortes dos pasados anos
En primeiro lugar, desde CCOO, pensamos que non é necesario que nos saúde persoalmente a todas e todos. Sería suficiente con que prestase atención ás necesidades do ensino público e reflexionase sobre as carencias que sofre a comunidade educativa despois de todos os recortes dos pasados anos.
Así mesmo, pensamos que poñéndose en contacto cos representantes dos traballadores do ensino -de todos, non só dos docentes- podería ter unha visión máis realista e menos idílica da situación de impotencia que nos invade. Lamentablemente vostede sempre rexeitou calquera xuntanza coa representación dos traballadores.
Nunha situación nova e tan complexa como a que estamos a vivir requírese aportar solucións moi diversas adaptadas ás distintas realidades. É preciso que as Administracións Educativas lideren este reto, pero sempre coa participación de toda a comunidade educativa.
En CCOO coñecemos a situación da Galicia máis dispersa, moi lonxe do 4G, na que vive moito alumnado e profesorado. A chamada fenda dixital causada por una cicatera política económica liberal levada a cabo polo gobernos coservadores nos últimos tempos.
Tamén coñecemos outros escenarios onde familias en situación precaria, xa dende a anterior crise, apenas poden suplir a comida do comedor escolar, polo tanto pouco saben de fibra óptica, tabletas e impresoras
Tamén coñecemos outros escenarios onde familias en situación precaria, xa dende a anterior crise, apenas poden suplir a comida do comedor escolar, polo tanto pouco saben de fibra óptica, tabletas e impresoras; esta fenda económica acentúa a falta de equidade do noso sistema educativo. Non se soluciona co reparto de 3 equipos informáticos por centro educativo de secundaria o que semella ser máis un obxectivo electoralista que a busca dunha saída á problemática que se vive nas familias.
Na carta tamén se dá por suposto que a nosa formación e medios son os ideais para enfrontarnos a este reto. Moitos poñemos vontade, case ousadía voluntariosa de tropezón en tropezón, pero a impotencia síntese en solitario.
Non necesitamos gabanzas edulcoradas nin eloxios fora de ton, que poderían alterar os niveis de glucosa en sangue; sobre todo cando, agora sí, acórdase da atención á diversidade esquecendo os recortes de persoal de cada principio de curso. Se estando na aula os recursos son escasos, imaxínese agora.
Agora sí, acórdase da atención á diversidade esquecendo os recortes de persoal de cada principio de curso. Se estando na aula os recursos son escasos, imaxínese agora
Esperamos que o noso alumnado sexa consciente das desigualdades socioeconómicas do país no que vive e observe como se agrandan a pasos axigantados. E como consecuencia sinta, coñeza e faga seu o valor da solidariedade.
Pese a todo, pese ás incertidumes sobre o terceiro trimestre, sobre a selectividade… non dubide que dende CCOO seguimos apostando polo diálogo con Vd. e o seu equipo; porque hai problemas, non o dubide.
Un saúdo