Con crise ou sen crise, as persoas somos o primeiro

No actual contexto de crise e austeridade no que España está sumida, Amnistía Internacional lanza a campaña Nos van a oír, co obxectivo de esixir ao Goberno que, ante a crise económica, antepoña os dereitos humanos das persoas aos intereses comerciais, financeiros e políticos.

Amnistía Internacional lanza a campaña Nos van a oír, co obxectivo de esixir ao Goberno que, ante a crise económica, antepoña os dereitos humanos das persoas aos intereses comerciais, financeiros e políticos

A crise económica non pode seguir sendo unha escusa para recortar os dereitos humanos. Desde 2012, o Goberno español puxo en marcha medidas que están tendo un grave impacto na vida das persoas. O Estado español debe tomar medidas para garantir a protección dos DESC (Dereitos Económicos, Sociais e Culturais) en todo o seu territorio.

Do mesmo xeito que os intereses comerciais non poden estar por enriba dos intereses da cidadanía, a crise non debe servir de escusa para dar marcha atrás ou ignorar importantes avances en materia de defensa dos DDHH alcanzados durante os últimos anos: é o caso do traballo sobre comercio de armas. O pasado mes de abril foi aprobado polos gobernos representantes nas Nacións Unidas un Tratado sobre Comercio de Armas (TCA) que prohibe aos Estados transferir armas convencionais a outros países se saben que van ser utilizadas para cometer xenocidio, crimes de lesa humanidade ou crimes de guerra, ou facilitar a súa comisión. O Tratado obriga, ademais, a todos os gobernos a avaliar o risco de transferir armas, municións ou compoñentes a outros países onde poidan ser utilizados para cometer ou facilitar graves violacións do dereito internacional humanitario e dos dereitos humanos.

No actual contexto de crise económica, a situación de España fai perigar a aplicación rigorosa da lei de control de armas no noso país

En España, o TCA recibiu unha magnífica acollida por parte da sociedade, e ata o presidente Rajoy e o ministro Margallo expresaron publicamente o seu apoio. Con todo, no actual contexto de crise económica, a situación de España fai perigar a aplicación rigorosa da lei de control de armas no noso país.

A situación de crise da economía segue incidindo de xeito directo no sector da industria española de defensa. O Ministerio de Defensa (MINISDEF) acumula unha importante débeda, debida aos adiantos realizados en anos anteriores a diversas empresas españolas do sector para desenvolver e producir material de defensa e sistemas de armas avanzados, o cal, unido á actual tendencia de austeridade orzamentaria (que inclúe reducións significativas no capítulo de investimentos do MINISDEF) implican un menor volume de adquisicións a nivel nacional ao sector español de defensa. Para compensar esta redución e apoiar á industria armamentística española, o noso país tería que aumentar as súas vendas no estranxeiro, o que, a ollos das organizacións da campaña Armas baixo Control (entre as que se atopa AI), incrementa o risco de que se leven a cabo operacións preocupantes de transferencias de certo material de defensa español a lugares onde existe un risco de ser usadas para cometer ou facilitar violacións de dereitos humanos, infrinxindo as limitacións que a Lei 53/2007 de Comercio de Armas establece sobre o control do comercio exterior de material de defensa para exportar a certos países e territorios.

O Goberno mostrou a súa vontade de apoiar e impulsar a exportación de material de defensa español, nun contexto de crecente competencia internacional nos procesos de adxudicación

O Goberno mostrou a súa vontade de apoiar e impulsar a exportación de material de defensa español, nun contexto de crecente competencia internacional nos procesos de adxudicación. Por iso é polo que Amnistía Internacional, no marco da Campaña sobre armas, quere amosar a súa preocupación sobre a orientación deste proceso, e o feito de que a crise económica poida servir de escusa para deixar de cumprir escrupulosamente a Lei sobre Comercio de Armas: a crise non pode xustificar en ningún caso que se suavice a aplicación da lei de control de armas, co obxectivo de conseguir máis contratos para as exportacións de produtos españois.

Con crise ou sen crise, o Goberno ten a obriga de realizar unha rigorosa valoración do risco sobre as exportacións

Con crise ou sen crise, o Goberno ten a obriga de realizar unha rigorosa valoración do risco sobre as exportacións e de denegar a autorización se existe un “risco fundamental” de que as armas poidan usarse para cometer ou facilitar violacións graves do dereito internacional, dos dereitos humanos ou do dereito internacional humanitario. Con crise ou sen crise, as persoas somos o primeiro.

ACTÚA! Asina para que nos oian moi alto en www.nosvanaoir.org

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.