Segundo o Informe de Literatura do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades, en Galicia publicáronse, no último ano do que temos datos, 191 obras de narrativa para adultos, das que soamente 49 están asinadas por mulleres.
O 25%
Contóusenos ata a extenuación o relato de Rosalía como matriarca dunha literatura de noso, que se diferencia do resto de literaturas circundantes por ter como principal figura canónica unha muller. E ademais poeta. Con todo, no 2017 do número de obras de poesía para adultos publicadas en total, 51 están asinadas por un home e 13 por unha muller.
O 20%
En Galicia publicáronse, no último ano do que temos datos, 191 obras de narrativa para adultos, das que soamente 49 están asinadas por mulleres. o 25%
A balanza permanece inclinada cara unha maioría de obras escritas por homes tamén noutras categorías de publicación das que establece o informe, como a Literatura Infantil e Xuvenil. No caso do cómic, todas as obras publicadas, oito, levan a sinatura dun home.
Moitas veces fálase sobre o que escribimos as mulleres e sobre a recepción do noso traballo en base a un sentir persoal. "Publícanse moitos libros de mulleres", escóitase aquí, alí ou noutra parte. Hai pouco alguén me asegurou, tamén, que, nunha librería compostelana das que levan toda unha vida no mesmo sitio, non vendían literatura galega. Confirmeille que si a venden, aínda que no soto do comercio. Como acontece con todo o demais, a percepción particular sobre isto depende de dúas únicas cousas: onde decidimos mirar e onde a inercia ou a estrutura do edificio, tamén do edificio social, nos di que miremos.
O único xeito de explicar estes números para quen se obstina en ignoralos é asumir que o azar sempre se inclina naturalmente cara o mesmo lugar e negar a nosa existencia como suxeitas escribintes. Pero as mulleres somos a metade da poboación do mundo e somos, ademais, as que máis lemos
Pero os números non. Os números non mudan coas vibracións dun agravio percibido, e un dous non se transforma nun cinco por moito que o observemos con mirada miope. Os números proceden de facer un cómputo. E aí están. Impóñense.
O único xeito de explicar estes números para quen se obstina en ignoralos é asumir que o azar sempre se inclina naturalmente cara o mesmo lugar e negar a nosa existencia como suxeitas escribintes. Pero as mulleres somos a metade da poboación do mundo e somos, ademais, as que máis lemos.
As mulleres levamos historias na cabeza e tamén poemas. Contamos e queremos contar. Somos imparables.
Feliz día da escritorA
É hoxe, pero non o esquezan cando chegue mañá.