Contestación a Julio García Comesaña, cuarto conselleiro de Sanidade de Feijóo

Faixas de diversas organizacións, no remate da mobilización de SOS Sanidade Pública, o 14 de novembro de 2021 en Santiago CC-BY-SA Praza.gal

Contestación ao señor Julio García Comesaña, cuartoc onselleiro de Sanidade do señor Feijóo. Entrevista realizada por CONSUELO BAUTISTA, A Coruña o 15/11/2021 - 12:52 h. 
(COLOCO EN MAIÚSCULAS AS CONTESTACIÓNS AS MENTIRAS E FALACIAS). 

Di Consuelo Bautista: “El conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ha hablado de la manifestación en la que miles de ciudadanos han reivindicado mejoras en la atención primaria ante los recortes de la Consellería y el riesgo de privatización, que denuncian los sindicatos. Comesaña considera que se trata de una movilización promovida por la oposición a la Xunta”:

EVIDENTEMENTE. NON A FARÍA O PP. OS 12 ANOS DE GOBERNO DO SR. FEIJOO, DEIXAN COMO CONSECUENCIA O DESMANTELAMENTO DA AP E O DETERIORO DA SANIDADE PÚBLICA.

CB: “El conselleiro responde a los manifestantes que reivindican que se recupere el 100% de la atención presencial, que el 60% de las visitas son ya presenciales y las esperas están entre los dos y los cuatro días". MENTE. AS CONSULTAS PRESENCIAIS (SI SOUBERA DO QUE FALA...), SOLICÍTANAS AS PERSOAS QUE PRECISAN IR AO MÉDICX, E ISO, NON DEPENDE DUNHA CIFRA QUE DIGA O CONSELLEIRO (OU FEIJOO): DEPENDERÁ DAS NECESIDADES DAS PERSOAS QUE SOLICITAN A CITA, QUE PODE SER O 60%... OU O 10% OU O 90%. AS ESPERAS, COMO BEN SABE, SUPERAN OS 21 DÍAS EN MOITOS CENTROS DE SAÚDE E AS AXENDAS NON BAIXAN DE 45 PACIENTES TODOLOS DÍAS!

“El conselleiro ha vuelto a reivindicar como "fundamental" la atención no presencial "en los momentos más agudos de la pandemia" y ha reiterado que la Xunta "no va a renunciar a una herramienta que ya se puso en marcha en 2013", ha dicho sobre la combinación de este modelo con la atención presencial”: MENTE DE NOVO. A ATENCIÓN PRESENCIAL NUNCA SE DEIXOU DE FACER NOS CENTROS DE SAÚDE. FOI A CONSELLARÍA DE SANIDADE QUEN IMPIDIU Á XENTE SOLICITAR CITA PRESENCIAL POR INTERNET. OS CENTROS DE SAÚDE SEMPRE ESTIVERON ABERTOS Á XENTE...E É A CONSELLARÍA QUEN QUITA CUPOS E TRABALLADORXS DA SANIDADE EN ATENCIÓN PRIMARIA, E É QUEN QUERE ENFENTRAR XS SANITARIXS COA XENTE, CANDO AS DECISIÓNS AS TOMAN XESTORXS INCOMPETENTES.

“En referencia a las distintas demandas planteadas en la movilización, dice: que fue una. "amalgama". "Creo que la intención de la manifestación fue otra, algunos lo que quieren es despretigiar la Atencion Primaria": UNHA “AMALGAMA” É AS IDEAS SEN PES NIN CABEZA QUE DECIDEN DENDE A CONSELLARÍA, COMO: COMPRAR ORDENADORES NOVOS, IMPRESORAS NOVAS, TECLADOS NOVOS, LIMPAR OS CENTROS DE SAÚDE... E NON DEDICAR UN PESO A CONTRATAR PERSOAL. A SANIDADE EN GALICIA DESPRESTÍXIANA XS SEUS XESTORXS!

“Dice que la Xunta quiere "defender la AP". A los participantes en la protesta, les ha pedido también que "ayuden" a la Administración autonómica y reclamen al Gobierno médicos formados en Atención Primaria”: A XENTE QUE PARTICIPAMOS NO CONSELLO TÉCNICO DE ATENCIÓN PRIMARIA, 208 PERSOAS DE DIFERENTE IDEOLOXÍA EN 15 COMISIÓNS TÉCNICAS, ESTIVEMOS “AXUDANDO” Á CONSELLARÍA A ELABORAR UN NOVO MODELO DE AP: DENDE HAI 3 ANOS. DENDE O 20 DE NOVEMBRO DO 2020 TEÑEN AS CONCLUSIÓNS E O QUE ESTÁN FACENDO É COLLENDO O QUE QUEREN E DEIXANDO O IMPORTANTE PARA ELABORAR O NOVO MODELO. O DE RECLAMAR Ó GOBERNO CENTRAL MÉDICXS: É OUTRA MENTIRA, POIS PARA TER MÁIS CAPACIDADE DE MÁIS MÉDICXS, DEBEN TER UNIDADES DOCENTES EN GALICIA E O SR. FEIJOO NON AS CREOU: CÓMO SE FORMAN XS MÉDICXS SE NON TEÑEN TITORES? E DE QUE “NON TEMOS MÉDICXS” SÓ DICIRLLE QUE VOLVEN A MENTIR: SE SE PRESENTAN 14.000 MÉDICXS A CADA CONVOCATORIA MIR E OFERTAN 6.000 PRAZAS: QUEDAN 8.000 LICENCIADXS SEN PRAZA: MÉDICXS HAI, QUE TRABALLEN POR SOLDOS DE MISERIA E EN PRECARIO, DENDE LOGO QUE NON. E MARCHAN A SERVIZOS DE SAÚDE QUE PRESTIXIEN Á PROFESIÓN E SE LLES REMUNERE CONFORME O EXERCICIO DUNHA PROFESIÓN QUE CUSTA MOITO ACADAR.

PEDIR A DIMISIÓN DO CONSELLEIRO, NON SERVE DE NADA. PRECISAMOS UN CAMBIO RADICAL DE POLÍTICAS SANITARIAS E A SOLUCIÓN TÉÑENA NO CONSELLO TÉCNICO DE AP DE GALICIA.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.