Rueda comezará deste xeito este seu mandato cun erro, que xurde dun nidio sinal de falla de responsabilidade institucional
As eleccións nacionais celebráronse o 19-F e o Parlamento de Galicia constituise o lusn 18-M. Os grupos tiñan prazo para se constituir até o 25-M, mais a adscrición de todos os deputados entre os Grupos do BNG, PSdeG e PP era inmediata, así como que era evidente que o Grupo Mixto habería de se constituir co único deputado de Democracia Ourensana. A maioria absoluta do PP simplificaba os trámites. Os presidentes Rueda e Santalices podían axilizar os trámites para racharmos coa interinidade e termos goberno na primeira semana de abril. Malia esta realidade, xa o 19-M e nos días seguintes publicáronse novas en varios medios que prognosticaban o adiamento do debate de investidura pola voda do alcalde de Madrid o sábado 6-A, o que desaconsellaría fixar o acto de promesa do Presidente da Xunta nesta data, obrigando xa que logo, adiar a convocatoria do debate de investidura. Na altura non houbo desmentidos oficiais diante desas informacións.
Ao remate da rolda de consultas que o presidente do Parlamento desenvolveu cos representantes dos partidos con representación na Cámara Ana Pontón (BNG) denunciaba a subordinación da axenda dos intereses galegos por parte do Presidente en funcións ao preferir a asistencia á voda do alcalde madrileño (canda Núñez Feijóo, Aznar, Esperanza Aguirre e Díaz Ayuso). Moi axiña o voceiro parlamentario do PP desmentiu sta subodinación, mais velaí estaban as hemerotecas de hai quince días para ratificar a solvencia do xuizo de Pontón.
Rueda comezará deste xeito este seu mandato cun erro, que xurde dun nidio sinal de falla de responsabilidade institucional, malia que adquira máis importancia pola súa falla de habilidade política. Porque tiña moi a mán desmontar esta liña de crítica simplesmente suxeríndolle a Santalices un calendário non subordinado á voda de Almeida. E non o fixo porque dalgún xeito partilla-ou polo menos non é quen de reflectir que non o fai-- a idea de que as troulas e “saraos” dos dirixentes do PP son máis importantes que a axenda do Lexislativo e do Executivo do país que preside. Semella que pensa que lle compre amosar máis respecto e consideración por Núñez Feijóo, Díaz Ayuso e Almeida ca polo Parlamento que elixiu a cidadania.
Un erro no dimensionamento dun problema que de menor converteuse en moi considerábel. E que, dende logo, amosa que Rueda está ben máis pendente dos xefes en Madrid do PP que do prestixio ás Institucións galegas e máis o respecto á nosa cidadania
Por outra banda, o evento emitiu unha mensaxe de adhesión á liña “cayetana” do PP madrileño, coa grande icona incluída da implícita homenaxe que recibiu o Emérito, recebido como se fose unha “star system”, como si os Almeidas, Díaz Ayuso, Nuñez Feijoo e Aznares quixesen transmitir a mensaxe á cidadania de que compre reivindicar unha persoa que non paga os seus impostos no Estado, que ninguén sabe quen lle paga as súas viaxes privadas e que non foi xulgado por graves delictos simplesmente porque o Constitucional considerou que era xurídicamente irresponsábel ate o 18 de xuño de 2014.
Un erro no dimensionamento dun problema que de menor converteuse en moi considerábel. E que, dende logo, amosa que Rueda está ben máis pendente dos xefes en Madrid do PP que do prestixio ás Institucións galegas e máis o respecto á nosa cidadania.
Será, sem dúbida, cousa das súas prioridades.