Crecemento verde?

“O mundo en llamas non se apaga con unha mangueira de combustibles fósiles” (Antonio Guterres, Secretario xeral da ONU)

 

Entre as distintas propostas económicas que xorden dende diferentes frontes cara a superar a grande recesión e entrar nunha senda de recuperación do emprego e o benestar destacan aquelas que defenden apostar por un crecemento verde da economía. Algo que, si en principio sona moi ben, agocha importantes contradicións que convén analizar. 

Hai unha opinión moi estendida de que para evitar o colapso climático e imprescindible reducir o uso de combustibles fósiles e substituílos por enerxías renovables (verdes) co gallo de ir rebaixando progresivamente a emisión de gases hasta conseguir a súa total eliminación. Onde non hai consenso e en como conseguilo debido fundamentalmente a que os países mais desenvolvidos non parecen quen de aceptar que esa redución implica necesariamente unha baixa nos seus obxectivos de crecemento. Porque si estes países non mudan as súas estratexias seguirán incrementando exponencialmente o consumo enerxético a un ritmo tal que as fontes renovables non serán quen de atender por si soas a demanda. Por outra parte aínda que as enerxías renovables foran quen de facelo de seguir co actual ritmo de crecemento económico nos seremos quen, igualmente, de evitar o colapso ecolóxico.


 

Superamos a capacidade de resiliencia do planeta terra

Como declaran numerosos científicos o único xeito de combatelo cambio climático, evitar un quecemento global excesivo, é que os países mais desenvolvidos reduzan progresivamente o actual ritmo de consumo de materias e enerxía. Un ritmo que nas derradeiras décadas está poñendo en cuestión a capacidade de resiliencia do planeta terra tal como afirman os expertos das Nacións Unidas quen afirman que a actual pegada material global (o que a humanidade extrae e consume: biomasa, metais, minerais, combustibles fósiles....) supera a capacidade máxima de resiliencia do planeta terra. Expertos que tamén subliñan como son os países mais desenvolvidos os principais responsables de que se teñan disparado tódolos indicadores do impacto ecolóxico.

O dramático do asunto é que nada parece indicar que este ritmo no uso de materiais se vaia a deter, nin sequera a desacelerar a pesares de estar provocando un brutal impacto nos ecosistemas (solos, océanos, bosques,.....), xa que tal e como denuncian as Nacións Unidas: “a extracción e o procesamento de materiais e responsable do 90% da perda total de diversidade no mundo”.

Unha perda de diversidade e un colapso ecolóxico que si ten unha dimensión planetaria non se pode dicir que a responsabilidade sexa compartida por que non é verdade. Así si, por caso e segundo datos do Banco Mundial (BM), a media individual de emisións de CO2 (ano 2020) foi de 4,3 toneladas métricas per cápita, a dos países de ingreso alto foi o dobre (8,7), destacando entre estes os Estados Unidos (13). Mentres nos países mais probes a emisión media foi de 0,3. Nesta clasificación compre destacar a achega das Monarquías Arábigas con emisións que van de 14,3 toneladas per cápita (Arabia Saudí) a 31,7 (Qatar). 

Si globalmente America do Norte (Estados Unidos e Canada) e a Unión Europea son responsables do 75% dos gases acumulados na atmosfera, o que chamamos Norte global é do 92% quedando o 8% para os países do Sur (Banco Mundial). A responsabilidade non é, xa que logo, equivalente.

Un consumo intensivo de enerxía

As cifras anteriores confirman que o desenrolo económico dos países do Norte apóiase nun consumo intensivo de enerxía. Unha enerxía que ten como fonte principal os combustibles fósiles principais causantes das emisións de carbono. Unhas cifras que seguen medrando a pesares de que os países do Norte están incrementando de forma notable a produción de enerxía procedente de fontes renovables (na actualidade preto do 29% da electricidade procede de fontes renovables).

Que está pasando entón?. Simplemente que o incremento de produción de enerxía procedente das fontes renovables está sendo claramente inferior o incremento do consumo de enerxía a nivel mundial o que significa que tamén está medrando, en termos absolutos, o consumo de enerxía que ten como fonte os combustibles fósiles. Resumindo que o crecemento da produción e o consumo a nivel mundial arrastra un incremento tal do consumo de enerxía que o ritmo de crecemento da mesma procedente das fontes renovables non é quen de cubrir. 

O problema está, xa que logo, no modelo actual de crecemento económico que se basea tanto nun consumo intensivo e crecente de enerxía como nunha pegada material que supera a capacidade de resiliencia do planeta terra.


LECTURA RECOMENDADA: “Menos es mas” Jason Hickel.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.