As declaracións do xogador de fútbol profesional do Real Madrid C.F, Vinicius José Paixão de Oliveira Júnior, máis coñecido como Vinicius Júnior, ofrecidas nunha entrevista a canle estadounidense da CNN copou as portadas no planeta fútbol e axitou as redes no noso país
As declaracións do xogador de fútbol profesional do Real Madrid C.F, Vinicius José Paixão de Oliveira Júnior, máis coñecido como Vinicius Júnior, ofrecidas nunha entrevista a canle estadounidense da CNN copou as portadas no planeta fútbol e axitou as redes no noso país, despois de dicir que o Mundial de 2030 debería cambiar a súa ubicación no caso de que España non avanzase na loita contra o racismo.
Principalmente son dous os motivos que levaron á xente a esta especie de histeria colectiva, que se foron pronunciando en redes e nos medios de comunicación nos últimos días a raíz das palabras do xogador brasileiro; estos motivos son tal e como afirmou Vinicius Jr., que España é un país racista, e que debiamos perder a oportunidade de albergar o Mundial no ano 2030 se non se mellora esta situación. Son moitos os que pensan que falar dun conxunto da cidadanía española como ‘racista’ é un forte agravio e unha xeneralización que non se corresponde coa realidade, ademais de que a perda da posibilidade de ter o mundial en España sería, en calquera caso, un castigo desmesurado.
Dende logo, eu non estou aquí, afincado no marxe destas líneas, para dicir se España é un país racista ou non, ningún pode realmente, coma cidadán español e home branco que son, ou se merecemos perder a sede do Mundial 2030. A todos aqueles e aquelas que non dubidan en saír a dar a súa opinión nos medios e nas redes cos ollos sanguentos e golpeándose o peito diríalles que a súa opinión é po no deserto, non é útil, non ten valor; non podemos pensar que Vinicus Jr. ten un profundo descoñecemento sobre o conxunto da cidadanía española, mais nós si coñecemos a cada un dos cidadáns que integran o noso país, a súa ideoloxía, a relixión que profesan, as súas fobias e filias, etc. Non coñecemos nin sentimos nin temos a perspectiva de Vinicius Jr. sobre como sinte él o racismo no noso país.
Ligando ideas con isto que vos acabo de contar, nestes días entre tanta xente a falar e a falar, deume por pensar sobre as prioridades de máis dun, que deixaría se por él ou ela fora, que España seguira sendo un país racista, de selo claro, mais diría “si si que serei racista e o que ti queiras, pero nós temos o Mundial de 2030 e ti non”
Por suposto, non debemos caer en escusas tan manidas como a súa condición como xogador profesional de fútbol e multimillonario, como se agora a cambio do salario que percibe porque é moi bo no seu, ollo, que lle chamaran ‘mono’ nos campos de fútbol fora a letra pequena do contrato, mala sorte Vini; ou falar de que existen outros países nos que hai tan ou máis racismo que no noso territorio, isto recórdame a un grupo de nenos que fan algunha trasnada e está o que se enfurruña e morre da rabia porque so o colleron a él e non aos demais.
Nesta vida na que son case todo dúbidas e temos poucas certezas, debemos procurar afastarnos das verdades absolutas, das sentenzas e desa forma tan definitiva que teñen algúns de falar que van polo mundo cun complexo de Robespierre; porque entón o que pasará e que estaremos a pecar de ignorantes, egocéntricos e faltos de empatía.
Ligando ideas con isto que vos acabo de contar, nestes días entre tanta xente a falar e a falar, deume por pensar sobre as prioridades de máis dun, que deixaría se por él ou ela fora, que España seguira sendo un país racista, de selo claro, mais diría “si si que serei racista e o que ti queiras, pero nós temos o Mundial de 2030 e ti non”.