Estes días hai un ano que o Sergas e o Goberno galego pensaban como podían telo feito tan rematadamente mal. Alporizaon unha comarca cunha inxustiza. Enfadaron uns profesionais cunha menira e comezaron a sentir que sen argumentos, con mentiras, non se pode manter a xente enganada por moito tempo (no noso caso non chegou a tres meses).
Recuaron, si. Arrepentirse? Non, nunca. E argallaron un plan,un plan para asustar, amedrentar e deixar un aviso previo aos próximos navegantes.
Imaxinaron un expediente que non tiña garantía procesual ningunha (fáiselle caso a unha denunciante que non presenta máis proba que a súa palabra contra a dos nosos compañeiros, non só Castrillo, senón o persoal da planta) e que ela mesma recoñece que preswenta coaccionada polos seus xefes. Nun tribunal ordinario de xustiza, este feito daría nulidade á denuncia.
Así e todo, o noso presidente di que non se enterou de nada. Permíntanme aos lectores que lles puntualice: estivo en todo momento enterado do sucedido. O que ocorreu en Verín este ano foi o maior erro da presidencia nos anos que leva de presidente da Xunta, e xa van uns cantos.
Aquí seguimos e aquí seguiremos, intentando dar un servizo á nosa comunidade sempre que nos deixen. Claro que non estamos nin estaremos seguros de que así sexa ou que outro non veña con inventos a abrirnos novos expedientes.