Desaxustes

Que unha cousa pareza mal non implica abrir un sumario da Santa Inquisición

A min sen ser xa romántico arestora, se alguén se fungase os mocos na miña bandeira e ademais con burla, pareceríame mal. Xa que logo, xustificar a un humorista porque ao cabo só fungou os mocos na bandeira do outro, pois paréceme tamén mal. Por certo, que unha cousa pareza mal non implica abrir un sumario da Santa Inquisición, nin tampouco as carnes como se o agravio se puider comparar aos 100.000 millóns de euros que roubaron os banqueiros. E finalmente está a liberdade de expresión, pero falamos de coherencia, tamén política.

Por iso mesmo non se debe celebrar como se chegase a redención da humanidade que un xuíz chupaleis acuse de odio unha campaña a favor de que as nenas teñan vulva e os nenos pene (por así dicir), para despois lamentar que outro chupaleis igual de inepto emplume ao adolescente máis imbécil da latinidade cando se caga en Deus.

Non fagas ao outro o que non queiras que che fagan a ti. Parece o consello para un meniño, ou para Willy Toledo

Non fagas ao outro o que non queiras que che fagan a ti. Parece o consello para un meniño, ou para Willy Toledo, pero a constitución revolucionaria francesa de 1793 ten como base da liberdade ese principio kantiano.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.