No estado español, a 'guerra de Gaza' ou 'o xenocidio de Gaza', segundo que as fontes beban de man sionista ou non, teñen pasado a un segundo plano na semana de cambio de mes. Máis de douscentos mortos, máis de mil desaparecidos, e cuantiosos danos, deixan un golpe climático claro. Desolación
No estado español, a 'guerra de Gaza' ou 'o xenocidio de Gaza', segundo que as fontes beban de man sionista ou non, teñen pasado a un segundo plano na semana de cambio de mes. Máis de douscentos mortos, máis de mil desaparecidos, e cuantiosos danos, deixan un golpe climático claro. Desolación.
O futuro sempre comeza hoxe, e, para os que por xeografía estamos lonxe desta catástrofe, ese futuro ven anunciado por unha cacofonía de voces e actores diversos que tentan ocultar responsabilidades, lanzalas cara outro, evitar autocrítica, introducir desordes interesados e nin pensar en cambios de uso se solo, políticos, sociais, económicos, ou de costumes que podan supoñer un custe de principio (político, económico...). É dicir, dende un punto de vista humano, esas voces denotan, máis ca unha falta de responsabilidade, unha irresponsabilidade a que nos cae -literalmente- encima.
Cando xa pasaban de cen os mortos anunciados, tiven unha conversa que cortei antes de pasar a maiores. Basicamente, dicíame outra persoa que 'agora' parece ser que todo fora provocado. Non puiden conter un pequeno riso, e entón fun interpelado de novo, dicíndome que ría, porque non cría niso, pero... E cortei: río por non discutir. E pasei a falar doutra cousa. Mortos por diante, despois de avisos cada vez máis frecuentes de desastre climático dende hai décadas, e vou resolver iso respondendo a unha provocación (dobre, dunha DINA nunha ampla zona, e persoal, no momento, por non crer en teorías da conspiración). É moito máis doado facerse ouvidos a calquera bulo que comezar a mencionar que hai zonas inundables nas que se leva construíndo a saco e que o cambio climático inducido pola nosa actividade na Terra ten duplicado a intensidade e a probabilidade de fenómenos semellantes... Mentres, os voluntarios comezaban a actuar en Valencia.
Engade empatía á túa caixa de ferramentas para vivir. Protéxete contra os bulos con datos e contraste. E pensa no cambio climático, non só na reacción do goberno ós desastres que produza.
Unha anécdota que por suposto non ten importancia no contexto xeral de morte e destrución, pero que ilustra como poden chegar as catástrofes a collernos tan desprevidos. E con poucos reflexos para actuar e tentar que non cheguen a ser tan destrutivas, palialas e mellorar e aumentar a capacidade e reacción despois de que ocorran.
Engade empatía á túa caixa de ferramentas para vivir. Protéxete contra os bulos con datos e contraste. Non te fíes de que acusa ó diferente porque o é; máis aínda cando sabemos que nas cousas de todos, máis ou menos a todos se nos pode acusar dalgunha miguiña de culpa E pensa no cambio climático, non só na reacción do goberno ós desastres que produza.