O 21 de xaneiro foi declarado como Día internacional das linguas maternas. No Bierzo ocidental hai unha comunidade galegofalante. A orixe deste idioma está na Idade Media. Non sen dificultades ten chegado o galego até hoxe coa fala popular, toponimia, literatura oral, etc.
O 21 de xaneiro foi declarado como Día internacional das linguas maternas. No Bierzo ocidental hai unha comunidade galegofalante
No século XX o galego do Bierzo foi considerado dialeto ou chapurreao, nunha dinámica de desprestixio social. Ademais, para algúns non tiña unidade lingüística pola presenza das falas locais segundo os vales veciños. Outros dicían que estaba mesturado co leonés, velaí a denominación galego-leonés, por iso se pretendía desvincular da Galiza.
Os estudos filolóxicos determinaron a clara relación lingüística e histórica de tódalas variedades galegas do noroeste peninsular. O idioma galego tiña que modernizarse cos procesos de normalización e normativización, como o fixeron as grandes linguas. O galego do Bierzo estivo relacionado coa economía rural e agraria durante séculos. Mais agora necesita normalizar o seu uso noutros ámbitos sociolingüísticos (urbano, administraciois, internet…). Para favorecer o progreso idiomático houbo que normativizalo cunhas regras gramaticais, fonéticas, léxicas, etc. O dialetismo territorial e histórico é unha herdanza tradicional, agora ben, necesitamos favorecer a comunicación sinxela de millones de falantes no século XXI.
Na rexión do Bierzo as administraciois locais teñen feito moi pouco pola normalización lingüística
Porque tampouco podemos pasar por alto a relación lingüística entre o galego e o portugués. Ámbolos dous idiomas teñen a mesma orixe histórica máis aló das diferenzas formais. Somos moitos os que temos evolucionado con facilidade do galego dialetal ao normativo, e deste ao portugués e brasileiro. Así pois, pasamos do local ao ámbito máis internacional. O coñecemento de idiomas é moi considerado nos niveis educativo e profesional. Non desaproveitemos esta tradición linguïstica feita modernidade.
Na rexión do Bierzo as administraciois locais teñen feito moi pouco pola normalización lingüística. A Lei da Comarca do Bierzo recoñece expresamente o galego no seu articulado, mais non ten uso institucional. Outro tanto acontece coa presenza do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León, no cal lemos que “gozará de respeito e proteción a lingua galega”. A visualización do galego nas nosas administraciois locais é nula. Non ten lóxica este voluntario proceso de desgaleguización institucional.
Ante a falta de uso institucional do galego polas administraciois locais do Bierzo, a única saída é o recoñecemento de cooficialidade
Os galegofalantes do Bierzo seguiremos presionando por un recoñecemento institucional do noso idioma. Por iso, se as Cortes de Castela e León aprobaran un proxeto de reforma do Estatuto de Autonomía, habería que reacionar. Ese dito proxeto debería tamitarse e aprobarse posteriormente polas Cortes Xerais. Pois ben, de seguro que habería deputados e senadores sensibles ao recoñecemento de cooficialidade para o galego no dito Estatuto de Autonomía.
Ante a falta de uso institucional do galego polas administraciois locais do Bierzo, a única saída é o recoñecemento de cooficialidade. Este estatus legal obrigaría ás administraciois a protexer o galego mediante o seu uso institucional. Xamais perderemos a esperanza polo rexurdimento do galego no Bierzo.