“A maior riqueza é a Saúde Mental”. Virgilio: poeta romano. 70 a.C. - 19 a.C.
O Día Mundial da Saúde Mental, é o 10 de outubro; establecido en 1992 pola Federación Mundial da Saúde Mental, organización global con sede en EEUU. Conta ca colaboración da OMS. Na Galiza, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o Movemento Galego de Saúde Mental e a Asociación de Psicoloxía Clínica do SERGAS, colaborando ca Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, celebraremos a Seman da Saúde Mental: do 5 ao 11 de outubro. Faremos Mesas de Debate en diferentes lugares do País. Culminaremos a semán, o 10 en Compostela, as 11 h. na Praza do Toural. Teremos un debate cun/ha Psicologo/a, cun/ha Sindicalista e un/ha moderador/a da Plataforma. O lema: “Saúde Mental e Traballo”. Leerá o Manifesto o escritor Suso de Toro. Por suposto estás invitado/a.
Estamos sufrindo unha ofensiva terrible, para demonizar aos traballadores/as considerando “que se collen demasidas baixas” na Galiza. Xente como Feijoo ou Rueda, póñense a vangarda dos/as empresarios/as do sector e criminalizan aos traballadores e aos profesionais que os/as atenden. Así, sin anestesia! Que datos teñen? Cales son as causas? Non importa: queren gañar o relato!
Según o INSS, na Galiza rexistráronse 354.000 ausencias do posto de traballo no ano 2025, o que nos consolidou como unha das CCAA con maior duración e taxa de absentismo do Estado. A taxa de absentismo laboral na Galiza foi do 9,1%, da cal un 7,3% correspondeu estrictamente a baixas por Incapacidade Temporal (IT). O impacto económico total do absentismo laboral na Galiza é de 3.100 millóns de €, xerando un gasto diario directo para as arcas públicas de máis de 2,66 millóns de € en prestacións.
A comparativa de datos de Absentismo e Incapacidade Temporal, entre Galiza e o estado, no ano 2025, amosa que a comunidade galega sitúase moi por riba da media estatal en canto á duración e impacto económico, malia que a súa taxa de incidencia (novos casos) é máis moderada. O Absentismo por IT foi de 7,3% na Galiza e 5,9% en España. A duración media das Baixas foi 77,44 días por proceso na Galiza e 41,10 días no estado. A Prevalencia (Baixas por cada 1.000 ocupados) foi de 74,7 na Galiza e 55,1 no estado. O Custe Económico Estimado: 3.100 millóns de € na Galiza dun total de 59.109 millóns de € no estado.
Estos son os datos...pero cales son as causas? Segundo os informes económicos do Instituto de Dereito de Galicia, da propia Xunta e dos Sindicatos, os motivos principais son:
1. Colapso sanitario e listas de agarda médicas. A saturación insoportable na Atención Primaria e na Atención Especializada, inflúe directamente na cronicidade das baixas. Si a recuperación depende dunha proba diagnóstica: manterase de baixa durante todolos meses de agarda, dilatando o proceso da alta.
2. Avellentamento da poboación laboral. Temos a poboación activa, máis envellecida do estado. A maior idade, a recuperación médica é máis lenta e complexa. Ademais, as patoloxías crónicas e os problemas traumatolóxicos graves son máis comúns neste grupo demográfico, o que alonga as IT.
3. Condicións de traballo e precariedade. Estudos socio económicos, sinalan que a sobrecarga asistencial nalgúns sectores públicos (sanidade e educación) e a falta de medidas de prevención noutras industrias, provocan máis problemas de Saúde Mental (ansiedade, depresión ou burnout) e Físicos, cuxos tempos de curación son prolongados.
4. Enfermidades profesionais e sinistralidade: elevadas ratios de enfermidades profesionais recoñecidas e accidentes laborais longos, vencellados a sectores económicos con gran carga física ou desgaste: o naval, a automoción, a pesca, o forestal ou a construción.
5. Conversión das IT en Incapacidades Permanentes (IP). Moitas baixas de moi longa duración, non rematan co regreso ao traballo: un terzo acaban en IP o que demostra a gravidade das patoloxías que as causaron e por que se manteñen activas tanto tempo.
Ou se atallan as causas desta problemática ou o elevado impacto das baixas laborais na Galiza non se debe a que se tramiten máis casos novos (de feito, a taxa de incidencia galega está por debaixo da media estatal), senón á extrema duración de cada proceso, que supera os 85 días de media, e que ten un responsable: a mala administración do PP!
E o Plan Galego de Saúde Mental? E o enfoque de xénero?
De todo ísto falaremos o día 10 de outubro en Compostela: Día Mundial da Saúde Mental. Acude e Participa!