Das inmediatas eleccións galegas xa sabemos quen vai gañalas, o PP, e quen vai perdelas, o BNG. O PSdeG pase o que pase e pese a quen pese seguirá estando aí e agora con Leiceaga ata pode que saian contentos. Pero o verdadeiro morbo estaría en se se presentasen por separado a Marea e Podemos dous grupos que compiten no mesmo nicho de votantes, xente xove, estudiada e progresista na súa grande maioría, e como os votantes non se poden por de acordo na mitade para ti e a outra mitade para min, pois non terían máis remedio que elixir e dame que non ía haber medias tintas, o éxito duns sería o fracaso dos outros. Por iso non é de extrañar a preocupación por un lado de Gomez-Reino e por outro de Xulio Ferreiro defendendo a unidade de ambos grupos como sexa.
A irrupción de Podemos coas súas siglas na Marea racharía totalmente con esta formulación de partido galego aínda que sexa “instrumental” e fariano adquirir certa mostra de debilidade ante a potencia do partido español lucindo as súas siglas ao seu lado como o primo de zumosol
Pero ocorre que o partido instrumental da Marea está xa decidido e que se houbese confluencia o nome de Podemos navegaría polas augas da Marea, tal como acordaron, polo tanto, que terían que dicir Anova e Esquerda Unida tan partidos como Podemos agora diluídos na Marea e ela non? E aquí entra o Beiras, ao que se Podemos éralle útil nunhas eleccións xerais dado que era a única esquerda transformadora con posibilidades de éxito para así poder abrir un pouco máis as portas aos nacionalismos periféricos, agora nunhas eleccións galegas convértese nun atranco para poder presentar a Marea como un partido exclusivamente galego, máis aínda cando este grupo está tomando un corpo de certo sentimento rexionalista apoiado pola inclusión de excombatientes nacionalistas-galeguistas.
A irrupción de Podemos coas súas siglas na Marea racharía totalmente con esta formulación de partido galego aínda que sexa “instrumental” e fariano adquirir certa mostra de debilidade ante a potencia do partido español lucindo as súas siglas ao seu lado como o primo de zumosol. A Beiras, que é moito Beiras, non creo que lle faga moita graza a cousa aínda que o éxito electoral así estivese asegurado, pero sempre quedará a dúbida de onde está a fortaleza, e por suposto onde está Galiza.