Divide e vencerás!

Consulta de Atención Primaria nun centro de saúde CC-BY-SA Xunta

Lord Minto adoptou a estratexia de "Divide e vencerás". Político británico, Gobernador Xeral de Canadá e virrei da India. Decideu aplicar esta política para rachar ca unidade do pobo. (Gilbert John Elliot Murray Kynynmound. Londres, Minto. 1845-1914). 

Hai 3 anos, comenzou a “negociarse” un Novo Estatuto Marco do Sistema Nacional de Saúde, para as Profesións Sanitarias. Ninguén esperaba que as negociacións fosen tan duras, con ameazas de ruptura e sobre todo, que non convencese a todos os Sindicatos que participaron

Hai 3 anos, comenzou a “negociarse” un Novo Estatuto Marco do Sistema Nacional de Saúde, para as Profesións Sanitarias. Ninguén esperaba que as negociacións fosen tan duras, con ameazas de ruptura e sobre todo, que non convencese a todos os Sindicatos que participaron. O anterior era de 2003. Regula as condicións laborais de TODAS as categorías profesionais sanitarias no Estado. O 26/01/2026, firmouse o acordo cos Sindicatos do ámbito de negociación: CCOO, UGT, SATSE e CESIF. Non asinou CIG-Saúde, presente como Sindicato Maioritario do sector na Galiza, e que NON apoia o texto definitivo, nin a convocatoria de folga do día 2 de marzo. As razóns, entre outras, según Ana Lestón, Secretaria Nacional: “o texto acordado non corrixe a clasificación de categorías profesionais e que non están a ser retribuidas como lles corresponde, pois dependerán dos orzamentos estatais, sen datas nin garantías sobre a súa aplicación". Dí, que “sí recolle tanto a xubilación parcial como a anticipada, pero éstas quedan supeditadas a futuros cambios legais dependentes da vontade doutros ministerios e a unha futura negociación dos coeficientes redutores".

Os sindicatos da Agrupación Profesional Por un Estatuto Médico y Facultativo (APEMYF), non asinaron; reclaman un marco regulador propio para Médicas e Médicos e manteñen o inicio da folga indefinida dunha semana de duración ao mes. En Galicia convoca O'Mega: sindicato corporativo de Médicos.

Según Mónica García, “...é un acordo colectivo construido con mimo dende o diálogo social. Máis de 20 xuntanzas. Fala de facer gardas ata un máximo de 17 horas, asociadas a descansos e libranzas obrigatorios. Xornada máxima semanal de 45 horas, inferior ao limiar europeo e incorpora un mecanismo de intervención diante de situacións de sobrecarga persistente do persoal. 

Entidades como a Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (FADSP) valoran que “incorpora a dedicación exclusiva para os xestores e xefes de servizo, regula a xornada laboral, o tempo de gardas, a esixencia do descanso despois de garda, que afecta a todo o persoal, evita os abusos das CCAA, mellora a clasificación laboral, etc. e mellora a racionalidade e dereitos”. Acordan tamén, que a FADSP, debe posicionarse públicamente en CONTRA da convocatoria de folga salvaxe por parte dos Sindicatos Corporativos dirixida esencialmente a conseguir un Estatuto Propio do Personal Médico. Tamén denuncian que os Sindicatos Corporativos non representan a todo o colectivo médico, teñen unha escasa afiliación (en algunhas CCAA os seus profesionais públicos manifestaron o rexeitamento aos mismos) e pouca capacidade de mobilización, como o demostra o escaso seguimento da folga (especialmente en AP). A folga a consideran “salvaxe” pero recoñecen que ten un impacto mediático importante, grazas ao apoio dos medios de comunicación conservadores, que lles outorga toda a representatividade do colectivo médico (algo que é radicalmente falso) e o están utilizando para cargar contra o Goberno.

Está clara a táctica de Lord Minto, “divide e vencerás”...mentras uns están a “si son galgos ou podencos”, a Sanidade Pública Galega, cada día está máis desmantelada e privatizada!

Deberá pasar polo Consello de Ministros antes de chegar ao Congreso. Trámites que se poden ver frustrados pola convocatoria de eleccións xerais…

Convocaron a nivel estatal unha manifestación en Madrid o 14 de febreiro: 5.000 persoas acudiron (so médicos estaban convocados 176.000). 

Na manifestación en Compostela, do 1 de febreiro, miles de persoas estivemos reclamando ao goberno de Rueda: Sanidade Pública Universal, Gratuíta, Equitativa e de Calidade. Foron dúas manifestacións, con motivacións ben dispares, pero reflexando que na Galiza, quen ten a potestade de facer unha sanidade do primeiro mundo é o PP. Leva 17 anos gobernando e os problemas cada día van a máis. Na Galiza, sabemos cal é o diagnóstico e quenes son os responsables, pero éstos queren desmarcarse como sempre, botar balóns fora, e achacarlles a outros as súas desfeitas. Mentras a consellaría calcula as consultas que se suspenden pola folga...non calcula as que se suspenden pola falta de profesionais! 

Está clara a táctica de Lord Minto, “divide e vencerás”...mentras uns están a “si son galgos ou podencos”, a Sanidade Pública Galega, cada día está máis desmantelada e privatizada!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.