Do sur ao norte

Imaxe do centro de Liubliana CC-BY-SA Diego Celso

Eslovenia limita con Austria, cos latinos en Italia e polo sur vincúlase cos Balcáns, dos que trata de afastarse desde hai decenios. Nunha xogada mestra, rápida e prematura proclamaron a independencia e vinculáronse á área alemá, que naquelas datas, co muro derrubado, renovaba a idea de espazo vital, descartando a biopolítica, pero conservando a xeo. Berlín consolidou esa influenza, con saída ao Mediterráneo ademais. Por baixo quedaba o inferno.

Eslovenia trasladou as costuras que a separaban de Austria e Alemaña e dese xeito deixou de ser periferia económica europea para integrarse no centro rico. É polo que se devece no Véneto, na Lombardía e en Cataluña

A primeira publicación en esloveno editouse no S. XVI en Tubinga. Lubliana dista 200 kms. de Múnich e 400 de Belgrado e non sempre quixeron ser norte, porque houbo tempos en que compensaba estar no sur. Nos anos noventa do S. XX eran a nación máis rica de Iugoslavia e agora medra un 4% anual, está na OTAN e tamén na UE.

Eslovenia trasladou as costuras que a separaban de Austria e Alemaña para as portas de Zágreb, a capital de Croacia, e dese xeito deixou de ser periferia económica europea para integrarse no centro rico. É polo que se devece no Véneto, na Lombardía e en Cataluña e nesa clave hai que entender ao president Torra.

Nós somos sur.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.