Dous escritores

Cando unha persoa morre permanecen os seus restos, e cando morre un escritor permanece a súa obra, dure o que dure. Pero mentres están vivos, por unha banda rivalizan case inevitablemente entre eles porque, aínda que nin eles mesmos o desexen, a sociedade en xeral e o público lector en concreto adoita crear rivalidades, gozan con iso. Con frecuencia dáse o enfrontamento entre pares e, ás veces, créanse banderías enfrontadas entre lectores e seguidores.

Hai enfrontamentos tales en diversas épocas e literaturas, pero xa se estarán dando conta de que quen estou a falar. Ao morrer Gabriel García Márquez acaba o tenso duelo con Mario Vargas Llosa

Doutra banda, mentres viven, as súas mesmas figuras andan polo medio interferindo na súa propia vida e na súa obra; moitos lectores len un autor, autora, porque "simpatizan" coa imaxe que teñen deles. En maior ou menor parte a imaxe é construción do propio autor e en maior ou menor parte unha creación dos lectores. Os lectores non só imaxinamos os personaxes das ficcións, tamén imaxinamos os autores como personaxes aos que lles atribuímos calidades negativas ou positivas sen coñecelos persoalmente. Escritores e lectores somos así. Hai enfrontamentos tales en diversas épocas e literaturas, pero xa se estarán dando conta de que quen estou a falar. Ao morrer Gabriel García Márquez acaba o tenso duelo con Mario Vargas Llosa.

Como quen len literatura adoitan ser persoas críticas coa realidade en xeral, para elas gozan de máis prestixio os escritores identificados coas distintas formas da esquerda e, como é sabido, iso neste caso beneficia a García Márquez. Paréceme evidente que os argumentos de Vargas Llosa son máis antipáticos ao lector de ideas de esquerda, quen ten ademais en contra que, mentres García Márquez opinaba pouco, a presenza constante de Vargas Llosa nas páxinas de El País emitindo as súas opinións golpea na imaxinación de quen disentimos delas.

Mentres García Márquez opinaba pouco, a presenza constante de Vargas Llosa nas páxinas de El País emitindo as súas opinións golpea na imaxinación de quen disentimos delas

Non creo que os escritores deban ser desta ou doutra maneira, ao contrario. E, de todos os xeitos, creo que se debe desconfiar das súas opinións, pois adoita poderlles o seu fondo de irracionalidade tan vivo (pode parecer paradoxal que eu opine así, pero é o que opino). Sei, con todo, que o traballo do escritor de ficción condúceo inevitablemente a interpretar a realidade humana e social, e aínda creo saber que é moi frecuente que se dean en paralelo e desde o comezo a preocupación estética e a ética e que, polo tanto, o escritor acabe exercendo dun modo explícito como intelectual que emite opinións.

É o caso deses dous escritores. E non creo que mereza menos respecto a paixón ética dun que a do outro, ambas manifestáronse nas súas vidas de forma distinta e con puntos de vista distintos pero ambas me parecen moi sinceras.

Non creo que García Márquez fose un narrador que pretendese unha literatura política, máis ben interesoulle contar vidas cun destino marcado

Aínda que seguro que haberá outras opinións que lle atopan un sentido político directo ás súas ficcións, non creo que García Márquez fose un narrador que pretendese unha literatura política, máis ben interesoulle contar vidas cun destino marcado. Con todo, retratou o seu mundo: países marcados polo colonialismo, destinados á violencia interna, ao machismo e destinados a ser sometidos a militares ditadores. Doutra banda, como persoa mantivo un compromiso público con Cuba que responde a unha posición antiimperialista; paréceme que é posible ser totalmente anti imperialista sen aliñarse co réxime cubano, el fíxoo da maneira que mellor lle pareceu e soubo; a vida cos seus dilemas non é cousa simple. En todo caso, o seu compromiso foi fundamentalmente ético e, fóra desa relación con Fidel Castro, non apareceu moi detallada.

Na súa reivindicación do liberalismo xúntanse elementos do liberalismo europeo, que fundarían as sociedades democráticas, coa interpretación da economía propia da escola ultra liberal de Milton Friedman, quen inspirou a política dos gobernos de Pinochet

O caso de Vargas Llosa é distinto e aínda que na súa evolución ao longo dos anos cambiou completamente de referencia política, dun extremo a outro, o certo é que si mostrou un compromiso público constante con políticas concretas. Fíxoo no seu momento co réxime de Castro e seguiuno facendo despois apoiando as políticas do ultra liberalismo norteamericano, que expresa sen dúbida os intereses do gran capital internacional e o punto de vista de Wall Street. Na súa reivindicación do liberalismo xúntanse elementos do liberalismo europeo, que fundarían as sociedades democráticas, coa interpretación da economía propia da escola ultra liberal de Milton Friedman, quen inspirou a política dos gobernos de Pinochet, un réxime ao que avalou na práctica. Friedman receitaba unha sociedade tolerante internamente para os individuos de clases sociais privilexiadas de Occidente pero o mero colonialismo para o conxunto das poboacións dos países sometidos a EEUU.

Vargas Llosa é alguén tan posuído pola ideoloxía como os militantes do signo contrario a quen chama sectarios

Desde o meu particular punto de vista, Vargas Llosa é alguén tan posuído pola ideoloxía como os militantes do signo contrario a quen chama sectarios. De feito, poderíase dicir que é un intolerante da tolerancia ou un autoritario da democracia. Pero no fondo estas cousas teñen máis que ver co noso carácter e a nosa personalidade que cos razoamentos lóxicos. É dicir, o seu modo de intervir defendendo a racionalidade coa súa apaixonada e intransixente defensa dos seus puntos de vista é moi impositiva e irracional, pero é que as persoas somos así, fundamentalmente irracionais. Incluído Vargas Llosa.

En canto á súa pretensión de trasladar as receitas de Margaret Thatcher a Perú, levarían unha dor e uns custes sociais iguais ou maiores que os da candidatura que o derrotou. Pero estou seguro que el razoaría que ese sufrimento humano era necesario para lograr un ben maior: a racionalización do Perú, transformalo nun país europeo. Ao chegar aquí só se me ocorre o de que "os soños da razón producen monstros". Alejo Carpentier relatou como a razón furiosa chegou a unha parte de América no mesmo barco que a guillotina. Hai moito dese paradoxo, que a razón instrumental é salvaxe, como analizou Horkheimer, no conxunto da argumentación de Vargas Llosa.

Estou seguro que el razoaría que ese sufrimento humano era necesario para lograr un ben maior: a racionalización do Perú, transformalo nun país europeo

Pero desde logo o seu compromiso con Perú é moi real, como todo artista en realidade é alguén estraño á súa sociedade, de feito non podería vivir a súa vida limitándoa ao Perú, nin entón nin agora, pero foi capaz de abandonar o seu camiño de escritor para entregarse á política peruana. Doutra banda, a súa obra si é directamente política, basta citar "Cuando se jodió el Perú, Zabalita?", de Conversación en la Catedral, unha novela magnífica. Aí está todo un autor. Mesmo hai novelas súas, como El hablador ou Historia de Mayta, na que narra os rachos íntimos de personaxes, como el, que se rebelan de forma radical contra a situación do seu país e fano con violentos cambios na súa identidade persoal, desaparecendo, autodestruíndose. Persoalmente gocei e aprendín cos libros de ficción propiamente que escribiu hai anos, aínda que sempre é un bo escritor, pero, ademais, se se lle le sen prexuízos hai que recoñecer que a súa traxectoria é a dun artista e un intelectual sincero. Creo que moi equivocado nas súas análises, máis subxectivos do que el querería, pero totalmente sincero. Pode merecer o noso desacordo pero, sen dúbida, merece o noso respecto.

Aínda que, démoslles a súa importancia xusta, como lles dicía ao principio as opinións dos escritores hai que interpretalas sempre á luz da súa subxectividade. Tampouco me vaian a facer moito caso.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.