É a solución o Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia?

Primeira xuntanza do Consello Técnico da Atención Primaria © Sergas

O pasado 13 de xuño, tivemos a 3ª xuntanza do Consello Técnico de AP de Galicia. A valoración que facemos da mesma é que tivo luces e sombras. 

Cousas positivas foron que as comisións previstas, constituiranse en 10 días e estarán en funcionamento na primeira quincena de xullo, onde teremos a 4ª xuntanza do Plenario do CT e se presentarán as Comisións e comenzarán a funcionar ese día.

O pasado 13 de xuño, tivemos a 3ª xuntanza do Consello Técnico de AP de Galicia. A valoración que facemos da mesma é que tivo luces e sombras

Conseguimos que nos dixeran dende o SERGAS (e que non estivemos de acordo) quénes serán o Presidente do CT (o Xerente do SERGAS) o Vicepresidente (Aboal) e o/a Secretario/a (alguén tamén do SERGAS…….).

Luces tamén no número e funcionalidade das Comisións (serán 14): teremos unha por cada categoría de traballador@s nos Centros de Saúde e PACs e unha Multidisciplinar onde estemos representados tod@s. Nesta, se describirá a Carteira de Servizos de cada categoría e se elaborará o Novo Modelo de Atención Primaria. Teremos outra Comisión para evaluar a Coordinación entre Atención Primaria e Atención Especializada. Outra para realizar a desburocratización das consultas (IT, informes, certificados, etc.). Outra para valorar cómo realizar o Triaxe das persoas que acuden na sobredemanda de cada profesional. Outra comisión sectorial para a potenciación de actividades de promoción e prevención, así como de intervención comunitaria. Outra comisión sectorial sobre análise demográfico e avaliación de necesidades asistenciais. Outra para valorar a prescrición eficiente de medicamentos e probas diagnósticas e recomendacións de “non facer”.

Estas comisións, de 10 membros, máis ou menos, poderán incorporar expertos/as na materia de que se trate, terán un prazo de realización de traballos establecido previamente e dar as conclusións non máis alá de 3 meses. Calculamos que no mes de Outubro, teremos un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, consensuado por todolos estamentos da AP.

Pero tamén temos cousas cas que non estamos de acordo: solicitamos dende a primeira xuntanza do CT un censo de traballadores/as do SERGAS por categorías (...e o pedimos varias veces) e non se nos da. Sin éste censo, non podemos saber os/as profesionais que fan falta en cada estamento de traballo nos Centros de Saúde, algo importantísimo para poder definir as prazas que se necesitan en cada categoría.

A administración considera que unha das medidas para quitar burocracia os/as médico/as é a posibilidade de que dende os Centros Concertados, podan emitirse receitas a cargo do Sergas, algo co que estamos radicalmente en contra pois será a porta de entrada das entidades privadas a medicalización... a costa do SERGAS e de todos/as nós.

Si consideramos que a falta de sustitutos/as nas diferentes categorías, é a causa fundamental de casi todolos males da AP, o contrato de sustitución que oferta a administración (e que o Grupo de Precarias pola mellora da AP considera de “escravitude”), ten que cambiar. Ofertar algo digno, que dé estabilidade, que faga que regresen todolos/as profesionais que se marcharon do sistema e un salario acorde co esforzo feito durante moitos anos para poder exercer con profesionalidade un posto de traballo digno na administración sanitaria.

Resolver o problema dos PACs, que levan en folga permanente máis dun ano, é prioritario. Dende o CT, fixemos fincapé en buscar solución o conflicto e solidarizámonos cas súas demandas e ca concentración que se fixo diante da consellaría para reivindicar as súas medidas de mellora.

Non estamos de acordo ca previsión que fai o Sergas para evitar a sobredemanda de persoas nos C. de S. (persoas que non piden a cita e queren ser atendidos/as). Falan de que primeiro sexa o PSX o que o determine e logo pase a enfermaría para definir quen atende a esa persoa (e si debe ser atendida ese día). Non sabemos si o sistema é operativo ou non, pero teremos, na comisión correspondente, que resovelo de forma eficiente.

O SERGAs fala de que a Atención Primaria terá unha Dirección independente da de Hospitalaria, pero non o concreta. Fala dunha persoa e nos consideramos que ten que ser un equipo, con orzamento propio e diferenciado da Hospitalaria, con capacidade de autoxestión e que ten que chegar ata o 25% do orzamento total nos vindeiros anos.

O que están facendo os colectivos que estamos no CT, é unha negociación co SERGAS, e por suposto, non está reñido cas medidas de presión que se podan realizar, neste momento e no futuro

Cando a administración éncheselle a boca decindo que quere máis prazas MIR, lle decimos que primeiro ten que ter as Unidades Docentes para poder formalos: pedir está ben, pero ter a capacidade de atendelos/as, tamén.

A administración ven de adicar 21 millóns de euros en mobiliario, ordenadores e impresoras...nós lle dicimos que pedimos persoas, non tanto o material (que tamén…) pero si aparecen 21 millóns de euros para ésto: non é prioritario atender as demandas de diferentes colectivos que levan demandando solucións moitos meses?

Tamén lle decimos a administración que faltan categorías importantísimas nos Centros de Sáude: os/as Psicólogos/as, Logopedas, Fisioterapéutas, Terapeutas Ocupacionais, Xeriatras, etc. Débese ter en conta a estos/as colectivos pois, aparte de facer o seu traballo de forma eficiente, quitarían carga de traballo a outros/as profesionais (e a larga aforrarían costes o sistema).

O que están facendo os colectivos que estamos no CT, é unha negociación co SERGAS, e por suposto, non está reñido cas medidas de presión que se podan realizar, neste momento e no futuro. Si consideramos que as iniciativas da administración non satisfacen o que estamos expoñendo, que consideramos de xustiza e moitas delas de fácil realización, teremos que considerar facer as mobilizacións contundentes, que consideremos oportunas.

Se pensamos en como estabamos fai 6 meses e en como estamos agora, consideramos que se están dando pasos en positivo cas luces e sombras que relato neste artigo

Evidentemente, todo o exposto non é posible si a administración non pon un orzamdnto axeitado e que de resposta o que se pretende facer, que é un Novo Modelo de AP en Galicia.

Despois da desconvocatoria de folga do 8 de abril, por parte do Comité de Folga (que considerou que a administración cumpleu no momento o falar dos 5 puntos que considerábamos irrenunciables) estamos no momento da negociación. Si pensamos en como estabamos fai 6 meses e en como estamos agora, consideramos que se están dando pasos en positivo cas luces e sombras que relato neste artigo. O tempo dará e quitará as razóns a todos/as nós. E os/as asegurados/as do Sistema Sanitario Público Galego estarán mellor atendidos do que o están agora.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.