“Mala zorra”, “furcia”, “hija de puta”, e outros insultos polo estilo dirixidos a unha muller, non son, segunda unha maxistrada, ou o que e o mesmo, segunda outra muller, coa potestade, ademais, de impartir xustiza, constitutivos de delito, senón unha mostra da liberdade de expresión, e xustificables di ela, por producirse estos no eido político,donde, aduce, son frecuentes este tipo de manifestacións.
Non moitas semanas antes, outra maxistrada, outra muller, preguntáballe a unha vítima da violencia machista, presuntamente violada pola sua parella, se estaba “segura de ter cerrado ben as pernas”. Cómpre suliñar que ambas xuizas teñen competencia en materia de violencia de xénero, sendo mesmo unha delas, de feito, a responsable do Xulgado de violencia contra a muller da súa cidade.
Ante un panorama tan desolador, tan aberrante, podo asegurarvos que o meditei moito antes de escribir este artigo, que me supuxo un esforzo considerable, e non porque dubidase do que quería expresar, nin moito menos, se non porque me resulta enormemente difícil conter a mestura de sentimentos que pugnan por saír, por ser verbalizados. Mesmo por un momento sentín medo de caer no mesmo erro que estas duas “señoras”, e referirme a elas remedando os seus epítetos e o seu xeito de insultar, porque a indignación me supera.
E non soamente a indignación. Estupor, dor, desprezo.... Si, o desprezo mais absoluto por estas dúas representantes da xustiza, que co seu xeito de rebaixar, de humillar, de denigrar, non soamente a estas duas mulleres que tiveron a desgraza de topar con elas, senon a todas nós, demostran ser o exemplo mais claro e mais ruín dun machismo decimonónico, que de ser exercido por homes, xa tería feito correr ríos de tinta, e provocado mobilizacións por doquier, pero que, curiosamente, malia ser este caso sumamente grave, quedou pouco menos que solapado por un discreto e case total silencio.
Como lle dicimos a unha muller, a unha vítima da violencia de xénero, que denuncie, que é o único xeito de sair do inferno, ante tales despropósitos?
Pero si teño que destacar un sentimento entre todos os que me invaden, sabedes cal é? Medo. Sinto moito medo. Como lle dicimos a unha muller, a unha vítima da violencia de xénero, que denuncie, que é o único xeito de sair do inferno, ante tales despropósitos? Como podemos evitar que se algunha delas tiña xa tomara a decisión de facelo, vendo o que lle pode pasar, desista, podendo chegar a ser isto a súa sentencia de morte?.
É esta a xustiza, a protección, que podemos agardar as mulleres? Ou, dito doutro xeito: Como se pode permitir que as vidas de moitas de nos cheguen a estar nas mans de personaxes deste calibre? Por todo isto, repito, sinto medo. E non quixera rematar sen lanzar unha mensaxe a estas dúa xuizas (porque quero pensar que a liberdade de expresión tamén reza para min....): Señorías, o que vostedes fixeron, ten un nome: Maltrato.