Somos todos conscientes da popularidade das Tanxugueiras levando a música galega mais aló das nosas fronteiras, mais para min esta historia comeza moito antes. Un traballo realizado por heroes anónimos que resistiron o esquecemento, pois si que houbo moito traballo de recuperación de cantigas e instrumentos, máis moitas veces nos esquecemos das festas que deron vida a esa música
Igual son imaxinacións miñas, se cadra hai datos que o avalan e pode ser, que so sexa unha mala impresión do noso entorno sociocultural -máis parecida a unha copia co cartucho seco e sen tinta negra que a unha fotografía-, mais o fondo da reflexión é o mesmo xa que como dicía a canción esta noite hai foliada, esta noite hai serán.
Somos todos conscientes da popularidade das Tanxugueiras levando a música galega mais aló das nosas fronteiras, mais para min esta historia comeza moito antes. Un traballo realizado por heroes anónimos que resistiron o esquecemento, pois si que houbo moito traballo de recuperación de cantigas e instrumentos, máis moitas veces nos esquecemos das festas que deron vida a esa música.
Xa fai máis de un ano, que nun día coma outro calquera, parei a comer nun bar ao caron do Parque de Galeras, e alí mentres eu comía, había un rapaz calcetando. Algúns dirán que as modas volven, que isto é coma os pantalóns campana, as gafas de pastillero, os chandais dignos de Fidel Castro e ata chaquetas da mili dos pais, todo por unha nostalxia dunha época que nunca vivimos ou case nin lembramos.
Estamos nun momento de eclosión de actividades, dende catas de queixo a pintar tazas con amigos
Anemoia, non é un termo novo, pero hoxe está máis vixente ca nunca, eu mesmo quedei abraiado cando un familiar case nativo dixital, rebuscaba CDs nunha caixa gardada no alto dun armario. E si, pode ser que convivise co formato fisico, pero era xa un momento de decadencia que agora volve. O cumio deste fenómeno pareceme o novo cassette publicado polos murcianos Arde Bogotá e de venta en gasolineras. Si, un cassette publicado en 2026, algo que ninguen cria posible na era do streaming.
Así vivín o meu último serán, de forma pausada, ninguén sacaba o teléfono, non había un photocall, non era instagrameable, era unha festa analóxica, con instrumentos analóxicos e ti eras o centro, sen dj, sen grupo, non asistías a un evento, eras o evento. Cunha fisura xeneracional importante, e non pola cantidade de xente pasados os 70 que cantaban e tocaban a pandeireta senón polo deserto demográfico ata unha masiva asistencia de xente nova
Pero volvendo ao rapaz calcetando, é o mesmo? Podemos metelo na mesma categoría que o feito de vestir nunha volta ao 2000? Sendo atrevido, para min non o é. Estamos nun momento de eclosión de actividades, dende catas de queixo a pintar tazas con amigos. Tras unha saturación das redes sociais, onde todo o mundo compartía a sua vida, resulta que ao final do camiño, non había un precipicio coma auguraban os máis catastrofistas e o que nos fai humanos volveu florecer. O ser humano volveu estar no centro, as nosas experiencias, cos nosos amigos, e sobre todo, para nos. As vendas de libros están en máximos históricos, florecen clubs de lectura, o pracer de pasar o tempo devagar, sen as prisas e aí é donde retomamos a nosa historia, pois a xente quere volver estar no centro da acción. Quere pasar o tempo cos seus amigos, sen maior pracer que estar aí, volver a ser o centro da sua vida, de forma pausada.
Así vivín o meu último serán, de forma pausada, ninguén sacaba o teléfono, non había un photocall, non era instagrameable, era unha festa analóxica, con instrumentos analóxicos e ti eras o centro, sen dj, sen grupo, non asistías a un evento, eras o evento. Cunha fisura xeneracional importante, e non pola cantidade de xente pasados os 70 que cantaban e tocaban a pandeireta senón polo deserto demográfico ata unha masiva asistencia de xente nova. Xente que cando naceu as aldeas xa estaban baleiras, Alalá emitiase na TVG e Carlos Nuñez xa non sacaba discos. E para maior sorpresa, organizado polo bar da asociación de veciños, non moi distantes xeneracionalmente de ese público mozo.
Pode ser moda, anemoia ou que non teña nome. O que ninguén podía prever era que o presente dunha xeración sen futuro sería un pasado case esquecido.
Un veciño