É Palestina unha cuestión islámica?

Féretro de Shireen Abu Akleh ©

O brutal asasinato da xornalista palestina, Shireen Abu Akleh, a mans da entidade sionista, así coma o seu funeral, onde as forzas sionistas cargaron contra familiares e amigos que levaban o corpo da xornalista, fixéronse virais nas redes socias. Centos de vídeos e posts condenando o brutal asasinato apareceron en múltiples plataformas. E entre eses vídeos e posts, vimos a moite xente decir Palestina non ten nada que ver co Islam.

Para moita xente, unha explicación política baseada no Islam non pode ser válida para criticar o Sionismo coma proxecto colonial

Para moita xente, unha explicación política baseada no Islam non pode ser válida para criticar o Sionismo coma proxecto colonial. Porque en Occidente (Occidente non é un lugar, é unha gramática, un discurso) atopámonos cunha falta de simpatía polas cousas Islámicas. Podemos dicir que a visión normativa é esa que fala de que Palestina non ten nada que ver co Islam. É mais, falar de Islam afastaríanos dos temas realmente importantes: os dereitos humanos e a opresión colonial. Seguindo esa visión normativa, o Islam no pode funcionar como unha identidade política que poda ser despegada contra a opresión colonial.

A categoría de relixión, a idea de que o Islam é unha "relixión", forma parte desa visión normativa. Hai unha dominación inherente no acto de traducir din coma "relixión". A gramática occidental impón as súas normas epistémicas sobre as Islámicas. O concepto de relixión non é algo neutro nin algo fixado no tempo. Forma parte dunha xenealoxía, neste caso da xenealoxía do secularismo, e é dentro desta xenealoxía onde a categoría de "relixión" adquire os seus significados. 

O asasinato de Shireen Abu Akleh por Israel causou unha fran conmoción ©

O secularismo é por riba de todo un proxecto hexemónico que constrúe os seus propios límites, dotándoos de contido, facendo que adquira un aire de naturalidade para as persoas que habitan nos seus términos. O secularismo non é un estado natural nin a culminación dun proceso histórico. É unha ferramenta de disciplina, unha modalidade política que valida algúns comportamentos políticos e o mesmo tempo condena outros. Cando alguén emprega a categoría de "relixión", non é un mero exercicio descritivo, hai unha clara vontade prescriptiva. A derradeira intención é regular e limitar o  lugar propio do Islam.

Un Islam non político sería aceptar a visión colonial de que o lugar propio do Islam é ser guía moral, algo interno, nunca unha identidade política

Se un membro de Hamas berra Allah Akbar, algunhas persoas en Occidente (e na Galiza) dirán que estamos diante dun erro na estratexia de comunicación.  Allah Akbar, para esa xente, é unha distracción das realidades políticas. O Islam é visto non so coma anti-político senón coma factor de despolitización. O Islam non pode ser unha categoría política porque para a gramática occidental, as categorías políticas so poden ser expresadas na lingua propia de Occidente. 

O Islam é algo intrinsecamente político. De feito, é o único que prevén a súa disolución. Un Islam non político sería aceptar a visión colonial de que o lugar propio do Islam é ser guía moral, algo interno, nunca unha identidade política. 

Por iso mesmo, a Revolución islámica foi un shock. Unha revolución, a primeira que non seguía a gramática secular, que colleu os expertos por sorpresa. Coma no caso da Palestina, a posibilidade de usar o Islam coma ferramenta política era algo inimaxinable. A revolución islámica articulou unha identidade política baixo o signo do Islam. A epistemoloxía occidental  deixa de ser considerada coma universal e o mesmo tempo constrúese unha alternativa política que pon en cuestión a secuencia histórica " from Plato to NATO".

Palestina é unha cuestión Islámica porque a resistencia contra o Sionismo articúlase o redor do Islam, non coma "relixión", senón coma horizonte político anti-hexemónico

Palestina e Irán están conectados dunha forma política moi clara: Ambos son exemplos dunha identidade islámica, insertada nunha xenealoxía alternativa de resistencia colonial que ten a súa propia gramática, unha gramática que non é reducible o idioma da "liberación nacional" o dos "dereitos humanos".  Son momentos dunha orde anti-hexemónica que permite as persoas musulmanas vivir coma musulmáns no mundo contemporáneo. 

Sí, Palestina é unha cuestión Islámica. Porque o político, como se viu en Irán, pode expresarse nunha gramática non secular, non-Occidental. É unha cuestión Islámica porque a resistencia contra o Sionismo articúlase o redor do Islam, non coma "relixión", senón coma horizonte político anti-hexemónico. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.