E @s que quedamos?

Non sabes cando nin como contalo. Agardas a esa reunión familiar e de amig@s para armarte de valor e dicirnos coa voz entrecortada que marchas. Os/as que quedamos sometémoste a un interrogatorio buscando ese rincón de esperanza que te reteña ao noso lado, pero debes saber que hai meses que temos claro que a única saída que che queda é traspasar esa odiosa porta de embarque. Non es o primeiro, entre os miles de moz@s que tomaron esa decisión nos últimos anos, tod@s temos algún compañeir@ de facultade, veciñ@ ou amig@.

Mentres empaquetas o teu talento e soños sen cumprir, sentes o peso deste maldito Goberno axudándoche a pechar as maletas coa súa falta de respostas ante a desesperación que sentes, con eufemismos como mobilidade exterior que intentan maquillar o drama da partida

Mentres empaquetas o teu talento e soños sen cumprir, sentes o peso deste maldito Goberno axudando a pechar as maletas coa súa falta de respostas ante a desesperación que sentes, con eufemismos como mobilidade exterior que intentan maquillar o drama da partida. Reforzas a túa decisión ao escoitar no telexornal que máis da metade d@s moz@s do noso país están en paro, que o descenso dun 31% no orzamento de I+D+i dende a chegada de Rajoy á Moncloa, está provocando a fuga das nosas mentes máis brillantes a centros de investigación estranxeiros.

Afánaste en mandarnos unha mensaxe tranquilizadora repetindo a todas horas que ésta é unha boa oportunidade para ti, pero no fondo non podes evitar sentir que o teu país che fallou

Os días previos a marchar, afánaste en mandarnos unha mensaxe tranquilizadora repetindo a todas horas que ésta é unha boa oportunidade para ti, pero no fondo non podes evitar sentir que o teu país che fallou. Os/as que quedamos formamos parte tamén dese fracaso, pois a nosa contribución a túa educación, a poñer os alicerces do que tiña que ser un futuro prometedor, a encherte de ilusións que hai meses que racharon, desmorónanse coa túa partida deixando esta terra sedenta do teu talento.

Cada mañá cando saltemos da cama, transformaremos ese eco que reina nos laboratorios, a cadeira baleira á hora de comer, os cafés que non compartiremos, en mobilizarnos para berrarlle con forza a este Goberno de xordos

Apretamos a mandíbula e debuxamos un falso sorriso de aparente calma mentres camiñamos desorientados polos corredores do aeroporto. Preguntámosche se “levas todo”, comentamos o tempo que vai nesa cidade de nome impronunciable, ou sacamos calquera outra estúpida conversa con tal de non falar de que se achega a despedida. Miras nervioso o reloxo, sabemos que chegou o momento. As interminables apertas coas miradas arrastradas polo chan, transfórmanse ao verte marchar en bágoas que levan días contidas.

Dóenos e carcómenos por dentro que non vaias formar parte do noso presente, pero cada mañá cando saltemos da cama, transformaremos ese eco que reina nos laboratorios, a cadeira baleira á hora de comer, os cafés que non compartiremos, en mobilizarnos para berrarlle con forza a este Goberno de xordos, que se non son capaces de traerte de volta e evitar que moit@s outr@s teñan que marchar, deberían ir pensando en facer as maletas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.