Eu pido un referendo porque non son menor de idade e, sobre todo, porque non quero que ninguén decida que eu son menor de idade, que non podo decidir quen quero que me represente, que son parvo, e non sei andar só pola vida sen alguén que me coide.
No século XVIII, un optimista Kant declarou que a humanidade chegara á maioría de idade. Que significaba iso para o filósofo de Köningsberg? Pois algo moi sinxelo: que a humanidade xa era capaz de rexer os seus destinos por si mesma, que xa non necesitaba ser tutelada por reis ou curas. Reparemos ben nesa expresión: ser tutelados....
É todo tan infantil.... é tan infantil facernos crer que os logros son obra dun individuo en concreto, dunha sorte de Mago Bo que o fixo todo só... O pobo español seica non fixo nada
Tutelado ten que ser aquel que non sabe guiarse na vida. Alguén con dificultades para a toma racional de decisións. Alguén incapaz e que, polo seu ben, ten que ser privado da súa autonomía porque hai un moito de perigo (para si propio) no feito de deixarlle exercer a súa liberdade. Así que, polo seu ben e coidado, haino que levar pola man. O pobriño... non sabe que debe facer nin como comportarse. Mellor que non sexa de todo libre. Non vaia ser.
Nestes días, neste intenso traballo publicitario que o poder está a desenvolver para facernos ver que a monarquía é unha cousa boa, insisten moito nesa idea de que menos mal que estivo aí o Rei para guiarnos, para axudarnos a conseguir a democracia. É todo tan infantil.... é tan infantil facernos crer que os logros son obra dun individuo en concreto, dunha sorte de Mago Bo que o fixo todo só... O pobo español seica non fixo nada. Os partidos políticos non fixeron nada. Ninguén fixo nada. Todo foi mérito dunha única persoa. E non dunha persoa normal. Un rei árbitro titor maxestade paidetodos marcaspaña e non sei que máis.
A maquinaria publicitaria vende agora a Filipe como o mesmo... pero "máis preparado". Para ser tutelados mellor
A maquinaria publicitaria vende agora a Filipe como o mesmo... pero "máis preparado". Para ser tutelados mellor. Por alguén que, como dixo xa mil veces o PSOE, vai levar España a unha era gloriosa "coma seu pai"... É todo tan infantil...
Iso é: un asunto infantil. Propio de menores de idade.