Dicía Fernando Ónega nun anuncio na televisión que o Banco Pastor era o banco de todos os galegos. Tamén nos contaban que había lobos con pel de cordeiro, pero desgraciadamente agora sabemos que hai ladróns disfrazados de Pastores.
A trama repítese en milleiros de oficinas de bancos e caixas: solicitas a apertura dun depósito a prazo fixo, dinche que vas cobrar uns bos intereses, porque en cinco anos non lle podes tocar, e cando solicitas información ou queres sacar cartos entéraste que non tes os aforros a prazo fixo, senón que mercaches Participacións Preferentes
Un goteo incesante de noticias tanto na prensa escrita coma en internet amosa a magnitude do atraco. Familias enteiras enganadas, estafadas, roubadas por xente de total confianza ata o momento. (Son os directores e os empregados de banca que toman café contigo e pregúntanche pola saúde dos teus pais e os estudos dos teus fillos. É a cara amable e cercana que utilizan os hampóns para estafarche).
A trama repítese en milleiros de oficinas de bancos e caixas: solicitas a apertura dun depósito a prazo fixo, avísanche cando está todo listo para firmar, dinche que vas cobrar uns bos intereses, porque en cinco anos non lle podes tocar, e cando solicitas información ou queres sacar cartos entéraste que non tes os aforros a prazo fixo, senón que che din que mercaches Participacións Preferentes do Banco Pastor. Un produto financeiro complexo, con características de renda fixa e accións, e que a principal característica é o seu carácter perpetuo (o dos cinco anos, outra mentira).
Ademais trátase de produtos non garantidos polo Fondo de Garantía de Depósitos, polo que, se o banco quebra, podes despedirte dos teus cartos. E se a entidade emisora non ten beneficios ese ano, non cobras os intereses
Ademais trátase de produtos non garantidos polo Fondo de Garantía de Depósitos, polo que, se o banco quebra, podes despedirte dos teus cartos. E se a entidade emisora non ten beneficios ese ano, non cobras os intereses.
Estes produtos cotizan nun mercado secundario no que, para recuperar a inversión, hai que poñelos á venda. Se a cotización está baixa podes perder parte do capital, e se se dan moitas ordes de venta e case ningunha de compra, resulta practicamente imposible recuperar o capital.
Ante tal panorama, tratan de ofrecer aos seus clientes Preferentes, un canxe Voluntario no que recibirán ¨Bonos Subordinados Obligatoriamente Convertibles en acciones ordinarias de nueva emisión de Banco Popular”, pero nós non acudimos ao noso banco de confianza a solicitar unha conta a prazo fixo?
Non teño constancia de que o empregado da sucursal lle dixese a un cliente alto e claro: - Señor cliente, está vostede mercando débeda perpetua do banco e isto quer dicir que se non queremos, non lle devolveremos nunca o seu diñeiro
Non teño constancia de que o empregado da sucursal lle dixese a un cliente alto e claro: - Señor cliente, está vostede mercando débeda perpetua do banco e isto quer dicir que se non queremos, non lle devolveremos nunca o seu diñeiro. Segue querendo as Preferentes?
Presionemos, confiemos na Xustiza e ollo ás carteiras.