Eleccións europeas: cada un o seu e no medio Galicia

A única maneira de defender os intereses de Galicia en Europa con voz propia, de xeito directo, sen ter que lle pedir parecer a ninguén e sen pagar peaxes, é levando ao Parlamento Europeo un/unha representante galeg@, apoiado exclusivamente polo votos dos nosos cidadáns. Iso só é posible cunha candidatura integramente galega, sen diluir en coalicións estatais, independenentemente de que estas sexan de carácter nacionalista ou de esquerda rupturista, unha candidatura con forte presenza da sociedade civil e apoiada por organizacións políticas, sindiciais e sociais propias do noso País, que precisamente pola súa formulación incluínte non tería que excluir a participación das versións galegas de forzas estatais.

A única maneira de defender os intereses de Galicia en Europa con voz propia cunha candidatura integramente galega, sen diluir en coalicións estatais, independentemente de que estas sexan de carácter nacionalista ou de esquerda rupturista, unha candidatura con forte presenza da sociedade civil

Nas eleccións europeas de maio do 2014 non vota, si ou non, á ruptura do sistema, nin á creba democrática, nin á soberanía de Galicia, vótase básicamente para elixir aos representantes dos Estados ou das Nacións sen Estado, como é o caso de Galicia, para que defendan os seus intereses no Parlamento Europeo e punto, non hai máis, por moitas xustificacións que busquen uns e outros para non apoiar a posibilidade de configurar unha candidatura integramente galega.

Nas eleccións europeas de maio do 2014 non vota, si ou non, á ruptura do sistema, nin á creba democrática, nin á soberanía de Galicia, vótase básicamente para elixir aos representantes dos Estados ou das Nacións sen Estado

Están no seu dereito de facer o que consideren pero, por favor, que uns e outros deixen de xogar ao gato e o rato unicamente para non quedar como responsables de que non saia adiante a candidatura de País, que saben que é o que máis lle interesa a Galicia pero que neste momento, por estratexia electoral partidista, non lle interesa nin a BNG nin a ANOVA, quedando Compromiso por Galicia como a única organización política galega que de verdade e desde o principio apostou claramente por esta alternativa.

Para os escépticos, para os que "non ven a Galicia con potencia suficiente" para facerse valer por si mesma, lembrarlle que hai precedentes: no 1998 o conxunto do nacionalismo, unido daquela baixo o paraguas do BNG, decidiu na súa VIII Asamblea en Ourense concurrir ás eleccións europeas celebradas no 1999, cunha candidatura propia “sin azos emprestados”; o apoio da cidadanía galega foi espectacular e o traballo de Camilo Nogueira insuperable, sen desmerecer o que fixo recentemente Ana Miranda, que foi tamén bo e digno do meu recoñecemento.

Para os que ten como eixo fundamental da sua estratexia política reclamar a soberanía de Galicia, dicirlle que unha boa mostra de que unha Nación é soberana, sen selo oficialmente é mandar a un/unha representante directamente ao Parlamento Europeo, sen necesidade do apoio e o amparo de ninguén, por nós mesmos, contando só coa confianza da cidadanía galega.

Uns e outros… cada un o seu e no medio Galicia que, polo que se ve, é o que menos lle importa

Desgraciadamente, polo que se ten visto estes días, non vai poder ser; non será culpa de quen como é o caso de Compromiso por Galicia, apostou firmemente por esta posibilidade desde o principio, concretamente desde marzo deste ano, data na que lle foi presentada por escrito ao BNG e ANOVA, e segue apostando na actualidade, mentres uns e outros… cada un o seu e no medio Galicia que, polo que se ve, é o que menos lle importa.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.