Epístola vespertina a Don Núñez Feijoo

Excelentísimo Don Núñez Feijoo :

A grande parte da sociedade civil galega cústanos seriamente entender cal é o fundamento, teórico e práctico, do seu galeguismo. Co paso do tempo, e en eidos moi diversos, comezando pola lingua, a cultura, a economía, a hipotética austeridade que vostedes aplican relixiosamente obedecendo á ortodoxia monetarista e suicida da troika – BCE, FMI, European comisión-, a educación, a cada vez máis imperiosa reforma estatutaria, o hipotético respeto ao medio ambiente, a hipotética recuperación do medio rural, a sanidade, o urbanismo, o territorio… etc, creo que deberíamos pasar revista atódalas mentiras, medias-verdades e imperdonábeis barbaridades que a súa equipa de marketing leva xa tempo vendendo á cidadanía galega. Vaiamos por partes.

Prometeu vostede, señor Feijoo, traballar pola “unión”de todos os galegos en torno a “unha idea conxunta e compartida do país”.Prometeu, tamén, “traballar conxuntamente” a favor da “cohesión social”.

Non houbo ningún goberno, na historia democrática e desmemoriada deste país, que causase tanto conflito coa súa política lingüística

Vostede sabe, todos sabemos, a distancia que media entre as promesas, a sinceridade nas intencions e os resultados. Así que, a día de hoxe, témome que podemos concluír que non houbo ningún goberno, na historia democrática e desmemoriada deste país, que causase tanto conflito coa súa política lingüística.

No que se refire ás bases do seu decreto do plurilingüismo, ten vostede bastantes oposicións. Tivo –e ten-, a oposición da Real Academia Galega. Tivo –e ten- a oposición de sociolingüistas europeos que reclaman o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias, redactada no ano 2001. Tivo –e ten- a oposición de todos aqueles actores sociais e políticos que formaron parte do consenso lingüístico de mínimos alcanzado no ano 1983 para aprobar a Ley de normalización lingüística. O seu partido, por certo, con un ex-ministro de Información e Turismo nun estado totalitario á cabeza, Don Manuel Fraga, formou parte dese consenso de mínimos.

Ademais, diversas sentenzas do Tribunal Constitucional, Supremo e superiores, emitidas en resposta a diferentes recursos contrarios á normalización das linguas oficiais, tamén tiveron, teñen –e tirán- unha clara oposición á súa política lingüística, que atenta radicalmente contra o artigo 3.2 da constitución que define á lingua galega coma un patrimonio cultural que ten que ser obxeto de especial respeto e protección. Atenta radicalmente, tamén, contra o artigo número 5 do Estatuto de Autonomía que define ao galego como lingua propia de Galicia, e contra ese espírito de consenso lingüístico do que o finado Manuel Fraga formou parte, e que fala, explícitamente, da ”OBRIGA de favorecer unha mudanza de tendencia na CONSIDERACIÓN SOCIAL DO GALEGO e a súa INCORPORACIÓN A NOVAS ESFERAS DA VIDA SOCIAL”.Xusto todo o contrario do fundamento, práctica e resultado da súa política lingüística que, por certo, xa sabemos que non redactou vostede, senón o Clube financiero de Vigo, antes de sair perante as cámaras no seu acto de investidura.

Señor Núñez Feijoo : non ten vostede futuro como marioneta; éstas falan con máis estilo e convicción, incluso cando saben que hai fíos que as moven.

O verdadeiro fundamento ético destas normativas é a CONVIVENCIA, NON A IMPOSICIÓN, señor Feijoo. É, tamén, a necesidade de promover unha positive action –acción positiva- para correxir unha situación histórica de desigualdade e subalternidade con respecto ao castelán. Lingua, o castelán, que eu amo e considero miña. Lingua na que, ademais, me expreso e escribo. Lingua, por certo, que é, filiativamente, non afiliativamente, a miña lingua nai. Ou dito doutro xeito : filiativamente son castelán falante-pensante. Afiliativamente aspiro a ser o máis políglota posible. Mais, en Galicia, o puro principio de realidade obrígame a recoñecer que a lexislación política vixente é rotunda e radicalmente inxusta, inmoral e hipócrita, e a posta en dúbida dos seus fundamentos socio-linguísticos e legais obriga a recoñecer, necesariamente, que é dunha dobre moral que sobardaría a calqueira persoa con siso e sensibilidade en todo o planeta.

Se se pretende insinuar que correxir unha situación histórica e político-institucional de desigualdade implica impoñer o monolingüismo en galego, o único que cabe responder é que tal interpretación é voluntariamente malintencionada e de mala fe, cando non sementada nunha profunda ignorancia ética, socio-lingüística e histórica. Unha ignorancia sementada por vostedes mesmos, a nivel autonómico e estatal, polos seus medios de comunicación afins, polos seus plumillas e comunicólogos que reclutan coma supostos xornalistas, e pola a inmensa rede do odio que xa hai tempo abondo está a tecer o seu partido en toda España, a saber : a FAES, a CEOE, o Instituto de estudos estratéxicos, a Conferencia episcopal, o Foro da familia –blanca, heterosexual e cristiana, ¡off course!-, Galicia bilingüe e a Audiencia Nacional. Ou dito dun xeito sinxelo : o brazo científico, económico, militar, espiritual, ideolóxico, lingüístico e xurídico do totalitarismo fascista re-constituído en España e modernizado coa interiorización plena das irrefutables ortodoxias económicas e culturais do modelo social anglosaxón-neoliberal, hoxe en día hexemónico a escala planetaria.

A súa estratexia é clara: Non facer nada agás xestionar político-administrativamente a cesión da administración privada de sectores públicos

A súa estratexia é clara, tanto a nivel autonómico coma estatal : Non facer nada agás xestionar político-administrativamente a cesión da administración privada de sectores públicos, universais e necesarios como a sanidade, a vivenda e a educación, materializando un sistema social con cidadans de primeira, de segunda e de terceira categoría e afondando nunha exclusión social de múltiples ramificacions nun alto porcentaxe da cidadanía. Non facer nada, agás imitar miméticamente os consellos técnicos da troika en matería de política tributaria e crediticia, cortando de raíz o mantemento e a proliferación do pequeno negocio e as Pemes ou a necesaria emerxencia dun tecido industria local coa carga de traballo suficiente para reconstruir e habitar unha célula rural progresivamente desertizada. Non facer nada, agás controlar-reprimir violentamente, a nivel autonómico e estatal, os efectos sociais da súa sádica política económica; ¿cómo? : recurrindo constantemente ás forzas de in-seguridade para invisibilizar as protestas –violentas, ou pacíficas- dun cada vez máis numeroso porcentaxe da sociedade civil en paro e sen ningún tipo de seguridade legal e/ou económica, visibilidade mediática ou representación política eficiente.

Se o seu soño, Núñez Feijoo, coma o soño de Rajoy, é unha Galicia/España/Europa pacífica e harmónica, témome que non só vai pola dirección inversa, senon que tamén vai ter guerra para rato.

Se de verdade quería vostede traballar pola “unión”, pola “cohesión social” e por unha “visión conxunta de país”, tomou vostede, señor presidente, o camiño oposto para este obxectivo. Só fai falla ver a oferta comparativa que existe hoxe, en galego e en castelán, na TV pública-privada, na radio, no cinema, nos xornais, nas aulas universitarias, na publicidade, no comercio, na banca, mesmo nas misas… para caer necesariamente na conta de que no noso país conviven, sí, dúas linguas, mais de modo profundamente asimétrico e nunha cartografía social moi concreta, no que os usos sociais en galego están relegados habitualmente á informalidade e ao “guetto”.

Só un verdadeiro bárbaro, Señor Feijoo, pode considerar que un individuo non ten dereito a protestar polos fundamentos éticos da lei positiva nin polas consecuencias sociais dun utilitarismo economicista levado ao extremo. Só un verdadeiro bárbaro ou un mecanical animal pode ignorar que un individuo non pode ter horizonte vital algún cortando de raíz a súa sensibilidade ética-social ou sexual, que un individuo non pode vivir sen ningún tipo de vínculo coa súa memoria e coa terra que lle fornece de auga e alimentos, que un individuo non pode relacionarse plenamente sen a lingua e os imaxinarios culturais que configuran a arquitectura mental do seu pensamento e da súa imaxinación. Só un verdadeiro sádico ao que se lle nega a diagnose de loucura clínica polo mero feito de ter o poder e o consentimento dunha masa convencida, pode pensar iso, pois loucura clínica e sadismo é, tamén, o que sofren todas aquelas masas que acreditan nesta barbarie institucionalizada.

Señor presidente, ¿acórdase do plan xeral de normalización da lingua galega do ano 2004?. Ese plan establecía, como mínimo, que o 50 % das materias deberían impartirse en galego, tanto en educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Iso era unha suposta garantía de que a lingua galega comezase a ter máis presencia social. Pois ben, o seu decreto plurilingüe non contempla estes mínimos, e as bases nas que se di inspirar son, precisamente, as bases dese plan de normalización do 2004. ¿Pode explicarme, entón, porqué este máxico decreto sáltase ese baremo mínimo e apela a unha suposta liberdade de elección por parte dos país dos nenos?.

Recorde : dixo vostede no punto número 4 do seu compromiso ético –sic-, que traballaría para a “recuperación, tanto no público coma no privado, do sentido auténtico do dereito e as leises”. Responda, pois, á seguinte pregunta :

-¿Recoñece a Constitución o dereito a que sexan os pais os que escollan a lingua de ensinanza dos seus fillos?

A resposta só pode ser unha : NON. O Tribunal Constitucional nega que os país teñan dereito a escoller a lingua de ensinanza, e négao porque os asuntos relativos á regulación xurídica dos usos lingüísticos é única e exclusivamente dos poderes públicos, os mesmos que están obrigados, por certo, a restablecer a igualdade nese eido, partindo da obvia desigualdade e asimétrica convivencia socio-lingüística entre inglés, castelán e galego; desigualdade e asimetría patente, por certo, non só nos usos lingüísticos, senon tamén na oferta cultural nos medios públicos, así como nas relacions socio-económicas e de xénero vixentes.

¿Como ousa, pois, vostede, falar do sentido auténtico do dereito e as leises?.

Existen, como mínimo, seis verdades concretas que deberían facer reflexionar, e moito, ao stablishment político-económico realmente existente. Seis verdades empíricamente demostrables que deberían obrigar a unha radical mudanza de horizonte nos futuros modelos de desenvolvimento a escala glo-local : un alto crecimiento do PIB, per se, en calqueira modo de producción capitalista en occidente, e en descoido da evaluación doutras múltiples variables sociais e humanas, tivo SEMPRE como instrumento –político- e consecuencia –social- pertinente, o seguinte :

     1- A privatización dos espazos físicos e das técnicas contables de xestión no eido da sanidade, a educación e a vivenda. Privatización que sempre ten como leitmotiv, non a captación de necesidades de uso social e a súa satisfacción, senon a captación de consumidores con aval económico susceptible de converterse en beneficio privado.

Dito doutro xeito : a conversión, material e simbólica, dun dereito público universal nun negocio privado.

      2- O crecemento inversamente proporcional das desigualdades e exclusions sociais de xénero, clase, etno-raciais, lingüísticas e culturais.

      3- Un profundo impacto ecolóxico froito da falta de control e planificación en procesos industriais e modelos de transporte altamente contaminantes.

      4- Unha renda per cápita que se estanca en proporción ao aumento progresivo dos beneficios netos das grandes empresas, froito da falta de mecanismos públicos de redistribución.

      5- O abandono e avellentamento da célula rural, e por ende, da economía agraria e das tradicionais formas de convivencialidade e redes de solidaridade local.

      6- A masificación progresivamente acelerada da poboación en modelos de desenvolvimento hiper-urbanizados e ecoloxicamente insostíbeis, ademais de estructuralmente incapaces de integrar socio-laboralmente a un alto porcentaxe da poboación

Vistas así as cousas, Señor presidente, ten que entender, necesariamente, que o que vostede alcuma despectivamente como galeguismo resistencialista é a necesaria protesta e empoderamento social que reacciona enérxicamente contra a súa política simbólica, institucional e económica. Unha política profundamente bárbara e alienante que está rachando con tódolos puntos de encontró e consensos simbólicos e institucionais que este país, históricamente, foi tecendo con heroica e persistente laboura de artesán. Unha política que retrocedeu, en moi pouco tempo, a tempos pre-constitucionais –é dicir, fascistas- e que rexurde para impedir, a toda costa, calqueira conato social de reforma e/ou revolución democrático-institucional en tódolos ámbitos do noso ser colectivo : lingüístico, cultural, económico e político.

O galeguismo resistencialista que vostede teme é, en realidade, un galeguismo resiliente

O galeguismo resistencialista que vostede teme é, en realidade, un galeguismo resiliente que está a facer todo o humanamente posíbel para responder e reconstruirse, dende individualidades e colectivos diversos, a todo o sufrimento social que vostede está colaborando a producir. Os movementos sociais di sinistra poderanlle parecer, a día de hoxe, un retrouso outsider, mais será, o día de mañán, dun senso comúncivilizatorio, ético e moral irrenunciábel.

Hoxe, poderán vostedes estigmatizar, simbólica e penalmente, o activismo social serio, honesto e responsábel. Mañá, non teña dúbida, a resolución de tódolos problemas sociais relativos ao medio ambiente, á mediación entre conflictos, ás políticas de xénero, ao desenvolvimento local... e un longo etcétera, non será posíbel sen deixarse aconsellar por estes tolos de hoxe que serán os cordos de mañán.

A súa chulería e loucura clínica xa causou dano abondo

Mentres tanto, señor Presidente, só me queda comunicarlle o evidente : A súa chulería e loucura clínica xa causou dano abondo. A insulsa e estulta prepotencia do seu camarada, en Madrid, tamén. É tempo, dunha vez por todas, de botalos das súas cadeiras. Hai mortos neste país que aínda están máis vivos na nosa memoria que a súa continxente e prescindíbel presencia física.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.