Erotismo sen contratación

...até que sorriram e acenaram-se de leve...  (Konstantinos Kaváfis)

Que castiguen a violadores con penas menores, como a de abuso, debe denunciarse con firmeza. Ademais cómpre modificar a lei para que esa atenuación non se produza.

Tamén é necesario defender a liberdade absoluta dos adultos para relacionarse sexualmente. A vicepresidenta invade o ámbito particular das cidadás cando declara que se unha muller non di expresamente si, todo o demais é non.

Non é non, explícito e implícito, claro está. Pero grazas ás loitas civís, os leguleios, que son axentes do Poder, foron perdendo o dereito de entremeterse no íntimo para establecer normas

O erotismo flúe por máis canles que o da expresión oral. Segundo Roland Barthes consiste nunha intermitencia, que oscila entre a exhibición e a ocultación. Esa marabilla, esencial e diversa, non pode comprimirse dentro dun contrato gris, nin timbrado nin de palabra. As mulleres deciden segundo o seu gusto. 

Non é non, explícito e implícito, claro está. Pero grazas ás loitas civís, os leguleios, que son axentes do Poder, foron perdendo o dereito de entremeterse no íntimo para establecer normas, como sería a obriga de facer constar que si.

Aínda non saíron pola porta as opresivas imposicións tradicionais e xa pretenden entrar as dun novo puritanismo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.