Hai 49 anos que morreu Franco, ditador, autor dun golpe de estado e provocador dunha guerra civil
Hai 49 anos que morreu Franco, ditador, autor dun golpe de estado e provocador dunha guerra civil. Responsable de asasinar a máis de 50.000 persoas inocentes, segundo a Asociación de Ex Presos Antifranquistas, cifra que historiadores elevan ata 125.000 se temos en conta as vítimas desaparecidas en gabias ou fosas comúns.
Houbo quen chorou a morte do “caudillo” de España, que se erixiu no poder a través da violencia e non co voto de todos os españois e españolas. E houbo quen o celebrou. Pero entre ambos bandos compartíase o mesmo: todos lle temían, porque todo era perseguido.
Só tres anos despois da súa morte, aprobouse en referendum a Constitución Española de 1978 coa que se abriu unha etapa de democracia e liberdade. A nosa mocidade herdou a democracia e sendo conscientes, existe entre este colectivo unha carencia histórica que axuda a branquear dita historia. Non viría mal que coñeceran todo o proceso, porque é a eles a quen lle corresponde e corresponderá a súa defensa. Din por aí que nunca te das conta do moito que tes ata que che falta. Pois que non nos falte a democracia e a liberdade.
Neste tempo de desinformación urxe máis que nunca a memoria histórica, cunha lei vixente, entendida como piar da nosa democracia e elemento diferenciador. Somos o resultado da nosa historia e debemos coñecela para non repetila
E isto é o máis grave e preocupante aos 49 anos do seu falecemento: o descoñecemento destes terribles feitos, a miúdo banalizados, entre moitas e moitos mozos, o que incluso lles leva a apoiar a extrema dereita, e non o digo eu, senón distintas enquisas.
Neste tempo de desinformación urxe máis que nunca a memoria histórica, cunha lei vixente, entendida como piar da nosa democracia e elemento diferenciador. Somos o resultado da nosa historia e debemos coñecela para non repetila.