Estimado Sr. Presidente,
Queimáronse lugares e aldeas enteiras, entre elas a miña, A Veiga de Cascallá, sen que chegara efectivo ningún, nin medio aéreo, nin terrestre
Escribo esta carta co respecto que me merece o seu cargo e a súa responsabilidade como Presidente de todas as galegas e galegos. Confiando que, ademais, aínda manteña esa capacidade de escoita, e de empatía, que percibín en vostede en varias das ocasións que temos coincidido.
Supoño que está ao corrente de que no pasado mes de xullo arderon millares de hectáreas de monte no Courel e en Valdeorras. Queimáronse lugares e aldeas enteiras, entre elas a miña, A Veiga de Cascallá, sen que chegara efectivo ningún, nin medio aéreo, nin terrestre, xa que, naquela altura do ano, aínda estaban sen contratar as brigadas contra incendios provinciais e os escasos medios terrestres estaban superados polos incendios devastadores no Courel.
Non houbo perdas humanas, pero a paisaxe quedou completamente devastada e ardeu o “fondo do lugar”, queimáronse dúas ducias de casas completamente e o "centro" da aldea quedou desfeito, como se fose arrasada por un bombardeo
Con todo, tivemos sorte. Na desgraza, non houbo perdas humanas, e iso foi unha sorte porque no medio do caos e vento descontrolado puideron morrer os homes e mulleres que defenderon as súas casas do lume, cos seus propios medios e coas súas propias mans. Non houbo perdas humanas, pero a paisaxe quedou completamente devastada e ardeu o “fondo do lugar”, queimáronse dúas ducias de casas completamente e o "centro" da aldea quedou desfeito, como se fose arrasada por un bombardeo. E no medio do desastre estivo so o pobo, a xente, durante o incendio e despois do incendio, chorando a perda e acostumándose á destrución, a vivir nunha paisaxe negra e nun lugar esborrallado, cheo de escombro e perigos de derrube.
Non consta ningún proxecto de reconstrución e rehabilitación que garanta que algún día se recupere a estrutura da aldea, coas súas fachadas e rúas, coas súas airas e garigolos. Tampouco que volvamos ver soutos, xardoais e pinares nos nosos montes
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e o alcalde, que son do mesmo partido que vostede, viñeron de visita e prometeron reparto de diñeiro, pouco, algo máis de 1 millón de euros, pero non tiveron nin teñen a mínima sensibilidade, respecto e responsabilidade coa comunidade e coa paisaxe, nin tampouco, coa escasa e envellecida veciñanza que resiste e coida a aldea. Non consta ningún proxecto de reconstrución e rehabilitación que garanta que algún día se recupere a estrutura da aldea, coas súas fachadas e rúas, coas súas airas e garigolos. Tampouco que volvamos ver soutos, xardoais e pinares nos nosos montes.
Como poderá comprobar ao paso da volta ciclista "O Gran Camiño", as casas seguen derrubadas e o escombro no medio dos camiños e rúas. Ata o letreiro de entrada está alampado, despois de seis meses!!
Como poderá comprobar ao paso da volta ciclista "O Gran Camiño", as casas seguen derrubadas e o escombro no medio dos camiños e rúas. Ata o letreiro de entrada está alampado, despois de seis meses!!. Iso si, foi crecendo a sospeita entre a veciñanza que o reparto dos cartos se fixo sen criterios obxectivos e sen condicións, e por iso, non hai esperanza de reverter a desfeita.
O Concello, e o seu alcalde, nunca xuntaron á veciñanza na praza, nunca lideraron unha iniciativa para organizar o desescombro, reconstruír e recuperar nada. Por non molestarse nin se molestaron en respostar as preguntas que formalmente algunhas persoas presentamos para poder tomar decisións sobre o que facer e o que non facer. Como sempre, deixáronnos sós, acostumándonos a vivir entre o esborrallado, acostumándonos á estética da destrución.
Xa sei que me pode responder que a administración pública non ten competencias, que as casas son propiedade privada. Mais eu penso que as aldeas, os camiños, as rúas, as prazas, e a paisaxe son patrimonio común, e os cartos que repartiron son de todas nós, e quero supor que vostede poderá coincidir comigo nisto
Xa sei que me pode responder que a administración pública non ten competencias, que as casas son propiedade privada. Mais eu penso que as aldeas, os camiños, as rúas, as prazas, e a paisaxe son patrimonio común, e os cartos que repartiron son de todas nós, e quero supor que vostede poderá coincidir comigo nisto. E dígolle máis, a paisaxe e os montes son patrimonio futuro, estámosllo roubando aos nosos fillos e fillas, que teñen dereito a desfrutar dun medio ambiente saudable e coidado, non menos que o que as nosas mais e avoas nos deixaron. Asuman responsabilidades, exerzan liderado e comecen a traballar, non nos abandonen outra vez, non deixen só o pobo.
Avergóñame e entristéceme moito que a nosa xeración, a súa e a miña, sexa lembrada, no futuro, por ter deixado un legado de destrución e escombro. Agardo que vostede comparte esta vergoña e tristura comigo…e faga algo, non nos deixe sóas!