Estrelas de mar

CC-BY-SA Praza Pública

Teño comprobado que na política galega existe unha seria teima na configuración de actores propios galegos, case un complexo e un dogma de fe. A teima é relativa á creación dunha forza única galeguista e nacionalista, unha casa común, iso é puro existencialismo e distanciarse da realidade social de Galicia. 

Non coñezo o sucedido en Amio máis aló do partillado con algúns participantes, destacados e do común, pero sinceramente tampouco me importa ren, iso que parece ser a mai do todos os males. Mais iso xa pasou.

Calquera das outras nacións sen estado do reino de España: Euskadi e Catalunya teñen máis de unha expresión partidaria na defensa dos seus intereses como pobo, propias e sen dependencia. En Galicia están moitos na teima de que so ten que existir unha, e por suposto se é a da estrela vermella mellor, cada quen conta o que mellor lle convén. Pois non, teñen que entender dunha vez que o espazo é máis amplo e tamén máis forte, ese é o éxito do PP e lousa do resto.

Moitos ven Amio como unha consecuencia de egos e de balanzas de forzas, máis non é certo, para min foi como cando unha estrela de mar perde un apéndice, crease unha nova estrela de mar con vida propia e camiño propio. Iso foi o que pasou e con iso queda finiquitado o debate. Somos moitos os que sentimos Galicia e non defendemos os postulados do comunismo que é o xermolo do BNG, aínda que o escondan, estamos pois condenados a seguir á UPG? Ou temos dereito a defender a nosa Terra como nos pete?

Pola contra tampouco é unha forza galega o experimento falso de En Marea a das primarias aprazadas e contestadas por parte dos mesmos, fa marea escachada e que traizoa ós seus votantes. Que sentido ten agora propor unha coalición co PSOE que nos orzamentos atacaba duramente Galicia e que o propio Villares pedía votar en contra? Un xogo de siglas que no prazo de mes e medio van seguir apoiando candidaturas ós gobernos de algunha cidade con IU e Podemos.

Galicia precisa unha mellor política propia á imaxe dos vascos e con capacidade de estar, o 28 de abril é unha oportunidade que non podemos deixar pasar, pero tamén cómpre dicirlle ós galegos que teñen máis opcións que a da estrela vermella comunista ou que a dos Roi Cófano que non foron quen de representar a Galicia fora de Unidos Podemos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.