Eu non son a túa cabeza de turco! (Sobre brigadistas e outros lumes)

É necesario aclarar o que somos para que a sociedade entenda dunha vez antes de facer opinións e descualificacións que sendo inxustas deforman a realidade e dan unha imaxe errónea da nosa situación real poñéndonos como cabezas de turco.

Dise con moita facilidade que non temos profesionalidade e que non desenvolvemos axeitadamente o noso traballo cando é totalmente falso. Cada un de nós, os brigadistas  pertecentes a E. P. Seaga na súa grande maioría vimos de experiencias en extincións de incendios que no menor dos casos comprenden arredor de 8 a 10 campañas, e noutros casos anteriores campañas feitas fóra desta empresa e tamén nunha gran parte contamos con estudos medios e superiores neste ámbito. Dánsenos cursos de formación, así como unha proba física anual e un recoñecemento médico que vén ser unha proba oposición para o posto que imos desempeñar en cada campaña.

O colectivo de traballadores é na súa gran parte un colectivo vocacional e consciente dos valores naturais e da conservación do medio ambiente, sabedores da responsabilidade da nosa tarefa

Ademais disto, o colectivo de traballadores é na súa gran parte un colectivo vocacional e consciente dos valores naturais e da conservación do medio ambiente, sabedores da responsabilidade que esta tarefa conleva e na que prima o factor humano e o servizo á sociedade.

Atopámonos dentro dunha empresa pública á que se lle permite que nos trate de calquera xeito, na que pasamos de ser mais de 2.000 traballadores aos 500 actuais e na que despois de 10 anos non foi nin é capaz de sentar na mesa a traballar por un convenio colectivo

Mais a pesar de todo isto, atopámonos dentro dunha empresa pública á que se lle permite que nos trate de calquera xeito, na que pasamos de ser mais de 2.000 traballadores aos 500 actuais e na que despois de 10 anos non foi nin é capaz de sentar na mesa a traballar por un convenio colectivo do que carecemos en todo este tempo e nos equipare ao resto de traballadores que executan o mesmo traballo que nós e son da Xunta de Galicia. Sendo traballadores fixos discontinuos, como tamén o somos nós, eles traballan 9 meses e descansan 3 e nós só traballamos 3 mese, no mellor dos casos, e obrígannos a estar sen dereitos nin prestacións durante os 9 meses seguintes.

Tamén cómpre dicir que se establecen diferenzas entre eles e nós por parte dalgúns compañeiros da Xunta que, por ignorancia ou por intereses particulares ou políticos, réstannos importancia e fannos o baleiro, ademais dalgúns sectores da gardería forestal a quen a empresa nos entrega ao seu dispor como reféns das súas decisións.

A Xunta prefire privatiar salvaxemente este servizo, dando traballo a empresas privadas

Vimos ao longo deste tempo de reivindicar os nosos dereitos pola vía xudicial e pola vía parlamentaria ( pódense visitar as hemerotecas) perante unha Xunta de Galicia que ata estas datas nos fai caso omiso e que prefire privatizar salvaxemente este servizo, dando traballo ás empresas privadas, desviando os cartos que tiñan por dereito que investir en obra pública, un goberno que divide o servizo nun gran abano de empresas privadas para un único cometido.

Toda esta diversidade conleva unha descoordinación evidente e unha operatividade ineficiente, outro caso sería por exemplo que todos formaramos un corpo único.

Non é a extinción o tronco fundamental desta realidade desgrazada senón a prevención e a conservación. E isto é o que se debe de poñer en valor dunha vez por todas. Unha  prevención e conservación dende a silvicultura e os aproveitamentos forestais cos recursos que temos para non chorar de aquí en diante o que poderiamos ter.

As nosas condicións laborais son excesivamente precarias, e nada teñen que ver cun corpo de bombeiros e nin tan sequera cos compañeiros da Xunta, nin mesmamente cos de Protección Civil

As nosas condicións laborais son excesivamente precarias, e nada teñen que ver cun corpo de bombeiros e nin tan sequera cos compañeiros da Xunta, nin mesmamente cos de Protección Civil.

Temos puntos de encontro que son verdadeiramente caixas de amoreamento con servizos básicos deficientes, cunhas taquillas no mellor dos casos sen espazo axeitado para ter a nosa roupa de traballo en condicións e as ferramentas, ou mesmo un lugar idóneo para vestirnos.

Non temos onde facer base se non é á intemperie nos montes da contorna durante as quendas de noite

Non temos tampouco onde facer base se non é á intemperie nos montes da contorna durante as quendas de noite de calquera xeito e sen posibilidade de estar descansados ou dunha maneira idónea para acudir en caso de alarma ou incendio, facemos 12 horas de servizo e estas 4 horas a maiores non son retribuídas nin economicamente nin como horas extraordinarias.

Con todo isto, e aínda así nos vale a nosa profesionalidade e a nosa vocación de servizo á comunidade avalada desgrazadamente con vidas humanas e polo esforzo inxente de todo este colectivo de traballadoras e traballadores ao que orgulloso pertenzo.

Eu non son a túa cabeza de turco, nós non somos as vosas cabezas de turco.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.