Eufemismo: “ Recurso lingüístico co que se evita unha palabra ou expresión que designa algo noxento, molesto ou malsoante”; RAG.
Dentro do argumentario do PP para xustificar o desmantelamento, deterioro e privatización do Sistema Sanitario Público Galego é o de “non temos médicos”. Esta falacia, que utilizan como un mantra, e que ninguén lles repregunta con datos, o explicarei a continuación, e quedará en nada si atendemos a realidade: o 23/07/2024, a Xunta, fixo unha convocatoria, para cubrir 271 prazas de Médico Especialista de Atención Primaria (MEAP). Inscribíronse 606 Médicos aspirantes. Presentáronse 493: o sistema, déixa fora a 222 Médicos que poderían exercer; das 271 prazas ofertadas, 42 quedáronse sin cubrir. Na convocatoria do 2023, xa ofertaran 72 prazas de MEAP e non todas se cubriron…
Pero é que o goberno central, tampouco o fai moi ben: na última convocatoria MIR, en febreiro do 2024, ofertáronse para Galicia 207 prazas, e quedaron sin cubrir 30. Deixou fora o propio sistema a aspirantes, que serían futuros médicos con capacidade de traballar, despois de facer o seu período de formación de 4 anos. No 2023, foron 8.550 prazas, para 12.250 aspirantes: eles mesmos, deixaron fora a 3.700...cómo que non temos Médicos? É imos avisando, según NÓS Diario: “o 23% do persoal médico de AP, estará xubilado en 4 anos”: terano en conta?
Nas últimas horas, asistimos o que poderíamos chamar “imos a contar mentiras, trailará”. O novo (e xá amortizado) Conselleiro de Sanidade, fixo 4 propostas para, en verán, intentar resolver...o que eles mesmos provocaron na Galiza. Son vellas receitas, que xa demostraron o seu fracaso no pasado: “Médicos Itinerantes”, eufemismo para definir a profesionais, que voluntariamente, quixeran ocupar unha praza onde faga falta para suplir o déficit estructural: primeiro fracaso. Utilizar a R4, en Formación, sin terminar o seu período de preparación: segundo fracaso (...e ademáis ilegal). Incentivar a profesionais que marchan o seu lugar de vacacións...para que sigan traballando: terceiro fracaso. O de crear un programa de apoio con parte do persoal do 061 (que xa traballa no seu posto e que os queren facer traballar máis…): cuarto fracaso. E para este plan, invirtirán 12,5 millóns de euros. Si o orzamento da Xunta, para este ano, é de 14.000 millóns de euros, non terán os recursos suficientes para facer que a cobertura sanitaria no verán, sexa de maior calidade?
Según a CIG: “Un verdadeiro plan de cobertura do verán para AP, precisa de algo máis que repetir medidas xa fracasadas e que teñen demostrado que non solucionan os problemas da falta de cobertura asistencial na medicina de familia, na pediatría e na enfermaría. A CIG-Saúde ten reclamado da administración sanitaria a elaboración dun Plan de Ordenación de Recursos Humanos de AP que, de terse desenvolvido, xa se tería feita a análise (e resolución) da situación da AP”. Por que o PP non o fai? Qué interese ten en non investir o necesario en protexer a nosa saúde? A quen beneficia esta estratexia destructiva da Sanidade Pública Galega?
Según supemos, o Conselleiro Gómez Caamaño, confirma o peche de consultorios este verán; e dí: “No me gusta la palabra cerrar, vamos a reorganizar la asistencia". Este eufemismo, crendo este señor que somos parvos...encerra a síntese do que pasa cada ano no verán: peche de servizos e reducción de máis persoal, chave do deterioro e do fracaso do sistema actual do PP. Pero aínda vai máis lonxe nas súas declaracións: pide “dar ás listas de agarda unha importancia relativa, xa que o importante son os resultados que teñen esas listas de agarda na saúde dos pacientes”: incrible, pero certo! Todos sabemos, menos él, que unha enfermidade collida a tempo, e máis fácil de resolver que si chegamos tarde. Si lle afectara a él de forma persoal, daríalle igual que o atenderan hoxe a que o fixeran dentro de 6 meses?
Pero tamén dí (non sabemos si o pensa antes…): “que se encontra convencido de que a Intelixencia Artificial será chave para suplir a falta de médicos...”: deus nos colla confesados! xá está pensando en poñer máquinas para que nos diagnostiquen e nos traten os nosos males e así poder culminar a estratexia de desmantelamento e privatización da Sanidade Pública Galega!
No verán pecharanse 830 camas nos hospitais galegos, e dí o Conselleiro: “estarán dispoñibles si se precisan”...pero as teñen pechadas!
Que pena!