Falacias

Falacia: “Engano ou mentira que se esconde baixo algo, en especial cando se pon de manifesto a súa falta de verdade”. Sinónimos: “engano, mentira, ficción, falsidade, fraude,difamación”.

O día 22/01/21, o sr. Feijoo dicía xs Galegxs: «¿Qué más tiene que pasar para decirle a los ciudadanos que después de trabajar hay que irse a casa?» e a vez: “ Temos que salvar o nadal”. E a vez, os Colexios Médicos de todo o país, “piden restriccións máis duras”. No caso do de Ourense: “solicítase un confinamento domiciliario dun mes, para frear os contaxios (23/01/21)”. Non se pode estar na misa e repicando. E tampouco facer “oposición” as decisións de Madrid, só por facer desgaste do goberno central….perxudicando e confundindo a opinión pública TODOLOS DÍAS!

A iniciativa de protexer a economía antes que a saúde, está claro que non está dando resultado, nin para unha cosa nin para a outra (excepto para as grandes multinacionais que siguen gañando cartos a esgalla: “Iberdrola aspira a 8.000 millóns de euros en Fondos Europeos”...). Canto ben podríase facer destinando eses cartos á xente que de verdade o está necesitando? Ou defendemos a sáude, por riba de TODO, ou estaremos meses e meses, ou anos, ca pandemia. A Organización Mundial da Saúde (organismo que aglutina a casi todolos países do mundo e que algo de prestixio aínda lle queda) ten que tomar a iniciativa e promover un CONFINAMENTO TOTAL, de toda a humanidade, por un período de un mes, que se aproveitaría, en exclusiva, para vacinar a toda a poboación.

A vacina, debe producirse en todolos laboratorios do mundo, para poder chegar a TODA a poboación. Estamos falando dunha EMERXENCIA SANITARIA A NIVEL GLOBAL e non vale o de que un laboratorio ou outro, fagan “o que podan” e cobrar por elo, cantidades multimillonarias. Deben ser todolos países, cada un na súa capacidade, os que elaboren as vacinas: “por terra, mar e aire” e as utilicen xa!

A cuestión económica ten que quedar paralizada durante ese tempo e TODOLOS gobernos do mundo dar as axudas pertinentes nese período de non actividade. Situación factible, pois a humanidade estaría parada casi na sua totalidade, os países non investirían os seus orzamentos máis que nos productos básicos, e así, as persoas vulnerables, poderían subsistir mentras dure o ESTADO DE ALARMA DE VERDADE.

O 17/09/20, Feijoo “ve moi perigoso ofrecer os datos por contaxios dos concellos” e o 09/10/20, a Xunta ofrece os datos de casos COVID-19 activos, por concellos, na súa web.

O 22/10/20, dí que “apoiará limitar a mobilidade nocturna”, sempre e cando non se chame “toque de queda” e o 15/01/21, Feijoo é partidario de adiantar o “toque de queda”, as 18 h.

O 26/10/20, dí que “é demoledor un estado de alarma que se carga o consumo” na navidad e semana santa. O 11/11/20: Feijoo apoia que o estado de alarma, permita as CCAA confinar.

O 17/11/20, o sr. Feijoo desminte a Illa e dí “que a vacina non chegará ata abril”, pois ben, o 27/12/20 comeza a vacinación no estado español.

Non falemos dxs Rastrexadorxs de Feijoo: 6.200 que logo quedaron en 207….. do deslexo en non vacinar a quen non lle corresponde: o de Josefina Fernández e o seu irmá, da DomusVi, é de traca! O de non pedir responsabilidades xs administradorxs das Residencias de Maiores, despois de 700 mortxs nelas.

Temos que ter moito coidado co se está producindo de COVID-19 positivo EN ANIMAIS: contaxio en visóns americanos (3.100 que foron sacrificados) na Galiza (hai 26 granxas en total). É unha decisión positiva, pero temos que estar vixiantes neste tema.

Outra cousa importante é o que se está chamando “ondas”: agora estamos na terceira, pero é mellor dicir: que cando nos confinamos, o número de contaxios baixa de forma significativa; o “bicho” sempre está ahí, somos nós, xs que llo poñemos máis difícil na súa transmisión o confinarnos. Máis que onda, o confinamento fai baixar a propia “onda”…

O máis preciado que temos é a saúde: coidémola!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.