Feijoo, o Willy Fog galego

Levo días sen ver a Feijoo por Galicia, e pregúntome dónde está o Presidente da Xunta para :

Defender @s parad@s galeg@s d@s ataques d@s deputad@s do PP, que insultan @s desempregad@s mentres aplauden “emocionad@s” que se lles recorte a prestación e se elimine o subsidio especial para maiores de 45 anos.

Loitar contra unha Lei de Costas que fire de morte ao noso litoral e que pode supor que Ence prolongue 75 anos máis a súa estancia na ría de Pontevedra.

Rebelarse contra a eliminación da paga extra  e a perda de días moscosos de médic@s, bombeir@s, policías, administrativ@s... que verán reducida a súa capacidade adquisitiva e que están sendo continuamente denostad@s por un Goberno que, recoñecido por él mesmo sen sonroxarse, “ten como obxectivo asimilalos ao sector privado”.

Mirarlles a cara ás nais e pais que tiveron que abandoar o seu posto de traballo para coidar d@ seu fill@ enferm@, e dicirlles iso de que "viviron por encima das súas posibilidades" coa Lei de Dependencia

Mirarlles a cara ás nais e pais que tiveron que abandoar o seu posto de traballo para coidar d@ seu fill@ enferm@, e dicirlles iso de que "viviron por encima das súas posibilidades" coa Lei de Dependencia, e que a partir de agora se lle eliminan as cotizacións a Seguridade Social e se lle reduce un 15% o seu salario.

Dicir un NON rotundo á disminución do 30% da renda de emancipación que fará que moit@s moz@s, aos que o Goberno xa mantén abandonados no medio da tormenta financieira, teñan que volver a casa das súas familias.

Apoiar os traballadores que están sufrindo as consecuencias dunha ineficaz e inxusta reforma laboral.

Criticar que se permita facer rebaixas en calquera momento, e abrir os establecementos ata un máximo de dez domingos ao mes, o que abocará aos traballadores das grandes superficies a conciliar aínda peor a súa vida familiar coa laboral e ao “aplastamento”  d@s nos@s pequen@s comerciantes.

Pois ben, hoxe quedei coa boca aberta ao ver no xornal que en lugar dun representante do pobo, en Galicia temos un Presidente da Xunta que aspira a convertirse en Willy Fog . Resulta que coa que está caendo,esta semana Feijoo marchou percorrer América, para ir de comida en comida cos emigrantes galeg@s e traer para aquí votos para as autonómicas. Pois si, mentres  Rajoy garda o seu programa electoral nun caixón e desterra a súa ideoloxía para gobernar, sembrando o sufrimento e a desesperación en millóns de cidadáns e cidadás, o seu fillo político da a espalda aos galegos e galegas marchando de xira coa "orquesta menudo panorama"para escapar da impopularidade e das protestas na rúa. Esperemos que non tarde oitenta días en voltar e dar explicacións, porque esto é esperpéntico!!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.