Fin de campaña, a farsa continúa

Feijóo nun acto político © PP

Iniciaba esta serie de 12 artigos o 2 de xaneiro de 2024, facendo referencia a meu libro Feijóo, biografía dun farsante. Con este artigo de fin de campaña confirmo que a farsa continúa.

 

Negociacións do PP e o partido de Puigdemont

Lembremos o contexto histórico para entender por que aínda hai hoxe conversas e negociacións entre o PP e Junts. Carles Puigdemonte milita desde 1983 en CDC, partido de Jordi Pujol, que participaba na coalición CIU. Nas eleccións xerais do 3 de marzo de 1996 o PP de José María Aznar conseguía 156 deputados. Na noite electoral escoitábase diante da sede do PP “Pujol, enano, aprende castellano”. Aznar foi investido presidente con 181 votos grazas ao apoio de CIU, PNV e CC. Pouco despois de asinarse o Pacto do Magestic (era o nome do hotel de Barcelona donde se asinaba o acordo), producíase un sorprendente miragre, Pujol xa non era “enano” e Aznar manifestaba que falaba catalán “en la intimidad”. No partido de Puigdemont tamén estaban contentos con este pacto co PP e Pujol declaraba que Cataluña recibiría 400.000 millóns de pesetas no período 1996-2000, que incluía novas competencias para Cataluña, o 33% do recadado a través do IRPF, o 35% do IVE, o 40% dos impostos especiais. No PNV tamén estaban satisfeitos con este pacto co PP, Xavier Arzalluz presumía do éxito das negociacións e manifestaba na sede do PP en Madrid: "He conseguido más en 11 días con Aznar que en 13 años con Felipe González".

Estas boas relacións entre o PP e o partido de Puigdemont continuaron cando nas eleccións de Cataluña do 19 de outubro de 1999 CIU non conseguía maioría absoluta no Parlamento de Cataluña, pero o partido de Puigdemont, dentro de CIU, conseguía a presidencia da Generalitat e gobernar grazas ao apoio do PP. Sen estes datos históricos non se pode entender nada da situación política actual e non se difunden pola maioría dos medios de comunicación porque descualificaría o actual discurso político do PP.

No PP, que é un partido de dereitas, saben perfectamente que se queren gobernar a medio prazo con maioría absoluta teñen dúas opcións: unha alianza con Vox ou acordos con nacionalistas de dereita como Junts ou PNV. Teñen que elixir as alianzas porque un goberno co apoio de Vox fai imposible os acordos con Junts e PNV. Despois de conseguir o goberno de moitas comunidades autónomas e concellos con pactos con Vox, agora o PP comproba que as perspectivas electorais de Vox están en descenso e comeza a preparar o futuro con posíbeis alianzas co nacionalismo vasco e catalán de dereitas.

Celebradas as eleccións xerais do 23 de xullo de 2023, o PP preparaba o terreo para conseguir o apoio dos sete deputados/as de Junts para a investidura de Feijóo, e este declaraba: “Junts non é un rival político e ideolóxico para o PP”. Seguindo esta mesma táctica, Esteban González Pons, vicesecretario de Asuntos Institucionais do PP, manifestaba: ”Junts es un grupo parlamentario que, igual que ERC, representan a un partido cuya tradición y legalidad no estan en duda”. Borja Semper, portavoz do PP, deixaba clara o 4 de setembro de 2023 a vontade negociadora do PP: “Queremos reunirnos con Junts, pero lo haremos en el Congreso, con toda la institucionalidad necesaria”.

Anteriormente, en agosto de 2023, celebrábase unha reunión do PP e Junts no hotel Alma de Barcelona, segundo publicaba La Vanguardia, para negociar un acordo para a investidura de Feijóo. Miguel Tellado, portavoz do PP no Congreso negaba todo e manifestaba que só eran uns concelleiros que tomaban un café.

 

Todo se saberá”

O xoves, 8 de febreiro de 2024, Puigdemont enviaba unha carta a eurodeputadas/os, que acababa así: “Todo se saberá”. Denunciaba que a decisión de Manuel García-Castellón, xuíz da Audiencia Nacional, de investigarlle por terrorismo na causa sobre Tsunami Democràtic “non se produciu por xeración espontánea”. Lembraba que cando o 6 de novembro de 2023 se facía público en Bruxelas o acordo de Junts e PSOE para facilitar a investidura de Sánchez, ese mesmo día García-Castellón decidía investigalo “por un delito de terrorismo”, un caso que estaba estancado desde hai anos e sen que se practicase ningunha dilixencia, nin se tomase ningunha declaración pola protesta cidadá organizada en 2019 contra a sentenza do Tribunal Supremo que condenaba a líderes políticos e sociais cataláns a un conxunto de 100 anos de cárcere.

Despois deixaba clara a estreita relación entre o xuíz García-Castellón e o PP así como “a persecución contra Podemos e Pablo Iglesias por unha suposta trama de financiamento ilegal e branqueo de capitais, que pasará á historia dos manuais de lawfare, tamén no da impunidade xudicial por cometer abusos e converter as manías ideolóxicas e relixiosas persoais en cruzadas xudiciais para salvar a España de roxos e separatistas”.

“Toda esta reacción no se produce por xeración espontánea. Catro días antes de que o xuíz García-Castellón decidise investigarme como terrorista, o expresidente español José María Aznar facía un pronunciamento no que instigaba sen complexos: ´Quien pueda hablar, que hable; quien pueda hacer, que haga; el que pueda moverse, que se mueva. Cada uno en su responsabilidad debe ser consciente de la situación en que nos encontramos´”. Tamén explicaba aos euredeputados/as a “dura reacción” da dereita e ultradereita á lei de amnistía e os acordos do PSOE e Junts: “Manifestacións semanais, acoso nas sedes do Partido Socialista e chamamento á desobediencia”

“Desconozco completamente cuál es la estrategia rusa en relación con el conflicto histórico que Cataluña tiene con España, más allá de sus declaraciones oficiales a favor de la unidad de España. (...) Sin embargo, si alguna vez alguien de fuera hubiera pensado en utilizarnos para erosionar la Unión Europea, habría fracasado. No ha pasado, y nunca dejaríamos que pasara”. “Las millones de personas que cada año se han manifestado para pedir votar, no los han movido los rusos”. “Quienes más han interferido en la democracia española fue precisamente la policía patriótica, los jueces patrióticos y la corrupción sistémica del PP”. E concluía Puigdemont esa carta: “Ojalá el Parlamento Europeo y España puedan llevar a cabo una investigación independiente de verdad, con relatores que carezcan de intereses partidistas ni nacionales. Sin apriorismos ni prejuicios (…) Si mi partido hubiera permitido la investidura del candidato del PP, Alberto Núñez Feijóo, o hubiera impedido la de Pedro Sánchez, todos estos espectáculos se habrían ahorrado. Y de esto también hablaremos cuando toque. Como en la trama rusa, todo se sabrá” (El Plural, 8-2-2024).

Declaracións dunha “fonte” do PP a 16 xornalistas

Ao día seguinte desa carta de Puigdemont, é dicir o 9 de febreiro, unha “fonte” do PP facía unhas declaracións ante 16 xornalistas, previamente invitados o 5 de febreiro polo PP a participar nun encontro informal. A conversa, off the record, tivo unha duración de case dúas horas co compromiso de que non se difundise o contido até o sábado (10 de febreiro) a última hora e que non se identificase a “fonte” (a partir de agora, Feijóo, porque xa é público). Aproveitando ese encontro, o PP daba a súa versión das negociacións con Junts, que algúns medios cualificaron como “voadura controlada”, adiantándose ao que puidese informar o partido de Puigdemont”.

As consecuencias foron todo o contrario do que pretendía o PP porque, en realidade, Feijóo contradecía todo o discurso do seu partido durante os últimos meses. Os máximos dirixentes do PP apoiaban as explicacións de Feijóo, mais o desconcerto era evidente en moitos cargos públicos, militancia e votantes do PP. Falaron dun complot contra o PP dalgúns medios de comunicación en plena campaña electoral, pero resulta que as xornalistas eran de diferentes medios (entre outros, El País, ABC, La Vanguardia, Antena 3, EFE, SER, OKdiario), que todos difundiron o mesmo e, ademais, o contido desa conversa foi distribuído por escrito desde a oficina de prensa do PP.

Despois de meses promovendo mobilizacións contra a amnistía, resulta que esa proposta de Junts dunha amnistía foi considerada polo PP durante 24 horas no marco das negociacións. Os indultos concedidos polo goberno de Sánchez aos dirixentes independentistas cataláns que estaban no cárcere, sempre condenados polo PP, agora resulta que Feijóo manifestaba a eses 16 xornalistas que estarían dispostos a conceder un indulto cunhas condicións. O PP e Feijóo mantiveron sempre que no procés houbo “actos de terrorismo”, que deberían ser xulgados, pero Feijóo dicía nese encontro que sería difícil para os xuíces probar que Puigdemont cometeu delitos de terrorismo. Finalmente, nesa conversa Feijóo utilizou por primeira vez a palabra “reconciliación” para Cataluña, cando Feijóo sempre deixou claro que rexeitaba a amnistía como elemento de concordia: "la única reconciliación de la amnistía es la del señor Sánchez con el sillón de presidente". “Los indultos no son concordia, son para aferrar a Sánchez al poder”.

O xornal El País, que participou como invitado, daba detalles dese encontro nunha reportaxe de Elsa García de Blas, publicado o 13 de febreiro. Un xornalista suscitaba este tema: “Qué habría que hacer para conseguir un reset (reinicio) político en Cataluña?” Sobre a posibilidade dunha amnistía, que era unha exixencia de Junts, Feijóo respostaba: “la analizaron 24 horas [os seus equipos], pero se descartó por inconstitucional”.

Outro xornalista preguntou: “Si la amnistía es ilegal, ¿cuál sería entonces la alternativa legal? “El indulto”, insistiu Puigdemont, “es una posibilidad”. “Si es legal y hay un compromiso explícito de volver al Estado de Derecho, se podría haber visto. Si tienen interés de reconciliarse de verdad, si quieren hablamos”. También recoñecía que veía “dificultades” para que os xuíces poidan probar que Puigdemont cometeu un delito de terrorismo.

Finalizado ese encontro informal coa prensa, El País pedía aclaración ao gabinete de Feijóo. O sábado pola noite, segundo o pactado, El País informaba do encontro con este titular: “Feijóo abierto a estudiar un indulto condicionado a Puigdemont en un plan de reconciliación para Cataluña”. O gabinete de Feijóo non negaba esa información de El País sobre a posibilidade dun indulto condicionado, e engadía: “En lo referido a los indultos, como siempre defendimos, toda propuesta de reconciliación pasa por el reconocimiento de la ley, la Constitución española y el sometimiento a los tribunales de justicia”. “Las causas pendientes en los tribunales deben concluirse con sentencias. También la de las personas que se fugaron de nuestro país para eludir sus responsabilidades”, engadía en referencia a Puigdemont.

Dirixentes do PP non acababan de asumir estas declaracións de Feijóo e consideraban que todo era mentira, manipulacións, bulos. Miguel Tellado, portavoz do PP no Congreso, atacaba aos xornalistas: “Yo creo que son unas expresiones sacadas de contexto y que el PSOE se ha lanzado, además, en un campaña orquestada por determinados medios de comunicación para decir lo que no es y para mostrar cierto contacto entre el PP y el independentismo catalán cuando no lo hay, no lo ha habido”. O deputado do PP Rafael Hernando tuiteaba: “La Brunete mediática del sanchismo, encabezados por su hoja parroquial, difundieron un bulo a la deseperada elucubrando un plan fantasmagórico del PP para dar la amnistía a Puigdemont. Desinformación a la rusa”. Para Edurne Uriarte, deputada do PP: “El PSOE lanza un bulo contra Feijóo y el PP a través del periódico controlado por Sánchez. Manipulación, mentiras y fake news”.

O PP pretendeu “españolizar” a campaña cuns temas alleos aos intereses da cidadanía galega (amnistía, Cataluña, terrorismo, etc.) e Feijóo aparecía como o auténtico protagonista da campaña, ocultando ao candidato Rueda que non daba a cara e que se negaba a participar nos debates. Independentemente dos resultados das eleccións galegas, queda claro que estamos ante o declive dun farsante e que despois do 18-F pode haber reaccións internas que a medio prazo poñan en cuestión a Feijóo como líder do PP.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.