Creo que sobran as razóns para a Folga Xeral deste 29M, e que se poderían resumir en protestar contra a esclavista reforma laboral do Goberno que quere estimular a economía abaratando o despedimento e desprotexendo aos traballadores para que o poder empresarial e os mercados campen libremente.
O motivo deste artigo non é ese, senón difundir outro tipo de protesta, que debe complementar ao parón laboral: trátase dunha FOLGA DE CONSUMO, un tipo de protesta que TODOS/ÁS podemos facer (traballadores, estudantes, xubilados...) dende as nosas casas e que tan só require un pouco de planificación e coherencia. Para incidir negativamente na economía do país durante ese período de 24 horas, hai que reducir ata o mínimo as nosas compras e gastos. Ambas protestas son inherentes: non se pode facer unha folga xeral e mercar bens ou servizos, ou ir de cañas ao rematar as manifestacións, pois o éxito dunha folga deste tipo, que paraliza ao país, e ter un impacto reseñable no conxunto da economía.
Non é un día festivo no que poder disfrutar do noso tempo libre; este tipo de medidas de presión e loita son moi contundentes se se fan de forma responsable e organizada
Non é un día festivo no que poder disfrutar do noso tempo libre; este tipo de medidas de presión e loita son moi contundentes se se fan de forma responsable e organizada, pois poden poñer en xaque a Gobernos e empresas, e neste aspecto todos debemos facer pedagoxía, pois os cidadáns non son conscientes da gravidade e da importancia deste tipo de folgas.
Que ninguén leve as mans á cabeza nin diga que é irresponsable tal como están as cousas, pois un país sobrevive a 24 horas de folga e parón económico, pero non aos séculos de abusos que consagra a reforma, e que tardarán décadas en volver ser recuperados (se hai sorte).
Permitídeme que apunte algunhas indicacións de carácter moi xeral:
1.- Reduce a cantidade de enerxía consumida na casa: pouca TV, non enchufes o PC, acende poucas luces...
2.- Non compres nin vaias comer fóra, abastécete os días anteriores, como calquera sábado ou tira da despensa ou o conxelador. Tamén deben evitarse o a compra de gasolina e tabaco nese periodo.
3.- Non acudas a bares, teatros ou lugares de ocio. Estamos en loita, non de vacacións.
4.- Usa as redes sociais para expresar o teu apoio á folga, pero coherentemente: se enviamos mensaxes políticas e as enchemos de reivindicacións e protesta presionamos máis.
5. -Evita na medida do posible o consumo telefónico, o envío de mercadorías, contratar novos servizos...
6.- Obviamente, non acudir ás entidades bancarias nin aos caixeiros.
A máis importante de todas estas medidas é acudir ás manifestacións convocadas
Aínda que a máis importante de todas estas medidas é ACUDIR ÁS MANIFESTACIÓNS convocadas, pois dependendo do número de apoios e concentrados, a folga será un éxito da clase traballadora ou un fracaso que o Goberno e o sistema manipularán para seguir asfixiándonos.