Folga Xeral

  • Marea galega en defensa do traballo digno

    Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas.

  • Os sindicatos eloxian o "apoio masivo" dos galegos á folga xeral

    As centrais galegas destacan o "rotundo éxito" do paro e das manifestacións en Galicia, advirten que continuarán coas protestas e reparan no alto nivel de mobilización do país en comparación con outras comunidades autónomas. Falamos con Suso Seixo (CIG), José Manuel Sánchez Aguión (CC.OO.), José Antonio Gómez (UGT) e Ricardo Castro (CUT).

  • Históricas manifestacións contra a reforma laboral

    Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas. Galería de imaxes no interior.

  • O descenso do consumo eléctrico é maior que nas folgas de 2002 e 2010

    Ás nove da mañá a demanda era de 25.531 megavatios, un 24,8% inferior ao do xoves pasado a esta hora (33.950). A demanda de enerxía é lixeiramente superior ao dun domingo. O grupo Economistas fronte á Crise difundiu un estudo sobre consumo de electricidade debida á actividade produtiva que afirma que até as catro da tarde esa demanda diminuíra nun 87,8%, superior mesmo ao da folga de 2002 e  moi por riba do paro de 2010.