Centos de milleiros de galegos saíron ás rúas de Galicia este xoves para rexeitar a reforma laboral. Coas principais industrias do país paralizadas dende primeiras horas da mañá, as manifestacións convocadas pola CIG, por CCOO e UGT e por outros sindicatos como a CUT ou a CNT anegaron os centros das principais cidades a comezar por Vigo, onde se viviu a marcha máis numerosa, cuns 200.000 manifestantes, segundo os sindicatos. Tamén foi numerosísima a marcha da Coruña, cunha verdadeira marea humana de maís de 100.000 persoas, atendendo aos cálculos dos convocantes, e 60.000, aos do concello.