Para conxurar estes tempos de penuria cultural, de confinamentos sociais, a Fundación Foto Colectania mira cara dentro e ofrece a visitantes unha selecta escolma de fotografías dos seus fondos, acompañadas por textos das/os propios retratistas ou familiares/amizades. Neses textos van as historias que propiciaron o disparo da cámara e o logro da instantánea. O resultado: unhas cantas leccións de fotografía; entre elas as que dan creadores galegos.
Cristina García Rodero. Pequeño Hollywood, Tabernas, 1991
Basado en Historias Reales. Foto Colectania
“Pequeño Hollywood” es una fotografía que amo y que, como sucede muy pocas veces, es un milagro. Me habían encargado un trabajo sobre Almería para el Centro Andaluz de la Fotografía. Decidí hacer varios temas que a mí me interesaban y no podía pasar por alto los decorados cinematográficos de los pequeños poblados del Oeste en el desierto de Tabernas, donde se rodaron películas emblemáticas durante los años 60 y 70. El decorado se creó para la película “La muerte Tenía un Precio” ... (Cristina García Rodero).
O texto anterior é un fragmento do que escribiu a fotógrafa García Rodero para ilustrar a imaxe súa que consta na mostra Basado en Historias Reales que a Fundación Foto Colectania ofrece ao público nestes meses de finais de 2020 e comezos de 2021. Vendo a fotografía (ese cabalo fregando o lombo contra o chan de terra –ganando a cebada–) e lendo a explicación da gran fotógrafa española (único profesional deste estado que forma parte desa elite internacional que é a axencia Magnum Photos), facendo iso (ver e ler) compréndese á perfección a estrutura da exposición Basado en Historias Reales e as interesantes intencionalidades que todo o equipo da institución, encabezado por Irene de Mendoza, directora artística de Foto Colectania e comisaria, deitou nas salas. Magnum Photos foi fundada en 1947 polos reporteiros de guerra Robert Capa, “Chim”, Henri Cartier-Bresson, entre outros. A foto que hogano presenta Foto Colectania tamén aparece no apartado que esta axencia de fotógrafas e fotógrafos dedica a CristinaGarcía Rodero.
A antolóxica Basado en Historias Reales está conformada por máis dun cento de instantáneas do fondo de Foto Colectania, e todas comentadas ben polos propios artistas, ben por familiares ou estudosos. O fondo fotográfico de Foto Colectania pasa das 3.000 imaxes, feito que proba a dificultade da comisaria e demais responsables para seleccionar tan poucas. Os fondos van desde os anos 50 do século pasado ata hogano, e pertencen a fotógrafas e fotógrafos españois e portugueses. O cento longo de imaxes da presente exposición pertencen a 58 artistas, dos que 7 son mulleres, é dicir, representan un 12% do total. Sería bo tamén saber as porcentaxes de artistas (mulleres e homes) que constan neses fondos de Foto Colectania.
Helena Almeida. El Perdón, 1993
A nova proposta (Basado en Historias Reales) é unha resposta axeitada aos momentos difíciles e estraños que se viven. Tempos de pandemia. Finais deste maléfico 2020. Tempos de epidemias víricas; meses de peche social, de negritude cultural. Nesta perspectiva interior, doméstica e dura, as institucións museísticas e culturais van artellando actividades coas que seguir a súa vida de proxección pública, negándose á derrota. Tal é o que está a facer Foto Colectania coa presente exposición. A pandemia é a metáfora dos tempos; metáfora contra da carreira tecnolóxica que un inimigo tan diminuto deixa á humanidade sen recursos. Pandemias houbo na antigüidade, no medievo, nos tempos modernos e mais nos contemporáneos. E a Arte sempre respondeu. A Arte cómpre para vivir. Así aconteceu e acontece. Hoxe sábese que nos campos de exterminio nazi as persoas alí recluídas, nas condicións máis extremas, improvisaban escenificacións e poemas como revulsivo e como “armas” para conxurar a morte que lles podía tocar en poucas horas.
Cristina García Rodero remata o texto explicativo da foto Pequeño Hollywood co inmediato do momento de disparar (nunca mellor dito): Esperaba con toda la paciencia del mundo que unas gallinas se acercaran a una niña en ese particular escenario cuando, al fondo, vi un caballo revolcarse en la arena. Salí corriendo, me olvidé de la niña y de todo y pude fotografiar las dos últimas vueltas. El caballo era muy blanco y destacaba sobre el atardecer. Había participado en los tiroteos a la carrera y disfrutaba de su libertad.
Pérez Siquier. Almería, 1960
Basado en Historias Reales. Grandes firmas e as súas explicacións
“Mi obra es mi cuerpo, mi cuerpo es mi obra”. Me siento bastante sola: no participo en grupos, pero es una elección, no me quejo, sé que lo exige mi trabajo. Creo en el debate en el taller y me esfuerzo para que mi obra sea honesta. […] Me interesa el placer que encuentro al trabajar, ser capaz de analizar la parte oculta, lo desconocido que hay dentro de mí. (Helena Almeida, texto sobre O Perdão).
A fotógrafa Helena Almeida finada hai dous anos é ben coñecida no mundo da fotografía por esa mirada peculiar, introspectiva e externa, coa que foi creando múltiples escenificacións ao longo dos anos e empregando case en exclusiva o seu propio corpo (é o que acontece tamén na imaxe que agora a representa na mostra que se comenta). O seu ritual propende aos autorretratos; pero vai máis aló. Algo así como procurar as emocións humanas universais alambicadas no seu propio corpo. A súa fotografía é elaborada, estudadas as execucións de estudo e posicións, traballada no laboratorio e inclusive pintada e retocada ao final. Que perdón se ofrece nesa imaxe? É o pecado quizais o vivir? E para perdoarse cómpre desfigurarse, autoeliminarse? Introspectiva, si, pero tamén hai esa parte de externalizar os sentimentos, as sensacións. O pintor Golucho escribiu na presentación da exposición EROS Tu cuerpo como excusa (que comisariou e que está no MEAM): Lo que de bueno hay en un cuadro, nunca está pintado. É doado afirmar o mesmo das fotografías? O bo, o mellor dunha instantánea, sempre se mantén oculto? Que agochan as fotografías de Almeida, ou as de Miserachs, de Catany ou Caramés?
O acerto da mostra Basado en Historias Reales radica na oportunidade de que (como Almeida?) a institución mire cara dentro, se auto-analice e brinde ao público algunhas das fotografías icónicas que alberga na súa colección. E, paralelamente, permitir contemplar instantáneas das mellores firmas españolas e portuguesas dos derradeiros 70 anos. O elenco de fotógrafas e fotógrafos presentes é extraordinario. Son 58 artistas que firmaron –e seguen a facelo– a renovación da fotografía neste país, contra o franquismo nos anos escuros. Nesta laboura ten un papel sobranceiro Carlos Pérez Siquier, o fotógrafo que sen saír de Almería e coa súa cámara e a revista AFAL revolucionou a fotografía deste país. As súas series sobre o barrio de La Chanca formarán parte fundamental da historia da fotografía. Unha delas (Almería, 1960) atópase agora nesta exposición; velaí o comentario do fotógrafo: Cuando la mujer advirtió que me disponía a fotografiarla cruzó los dedos en un gesto ritual de maldición gitana, instantánea que capté de inmediato, siendo la única foto agresiva de mi historial.
Vari Carames. El beso del caballero, 1989
Para facer boca e ganas de disfrutar desta exposición Basado en Historias Reales, a seguir van algúns dos nomes que se poden ver e ler nas salas do Passeig Picasso barcelonés. É esta unha mostra que pode levar a engano: a observación do cento longo de instantáneas xa ten os seus tempos e dedicacións; pero se tamén se detén a persoa visitante a ler as explicacións (aínda que só sexan da metade das fotos), a atención a esta escolma antolóxica da fotografía requirirá folgos e vagares. E, por outra parte, faise áxil e lixeira: as explicacións convidan tanto ás implicacións, ás complicidades, que o paseo é delicioso. A fotografía de Leopoldo Pomés, o fotógrafo da publicidade, sensual e elegante, vén explicada pola modelo Karen Leiz que aparece na praia. Un día díxolle o fotógrafo: Paso a buscarte en 10 minutos y nos vamos a Castelldefels. Hoy el sol está tapado por las nubes y el día tiene esa luz que estoy esperando hace tiempo. ¡Trae el bañador blanco! Esa luz tan esperada era aquella que no genera sombras, que lo envuelve todo …
Está tamén o xastre -Francisco Gómez– creador de instantáneas de memoria colectiva. Foto Colectania garda nos seus fondos o arquivo deste fotógrafo, e hai dous anos dedicoulle unha monumental retrospectiva. De este retratista afeccionado dixo o seu amigo Ramón Masats: Fue, a mi parecer, el mejor fotógrafo de mi generación. Ni más ni menos. No paseo chégase á frescura e espontaneidade de Colita, a gran fotógrafa da Gauche Divine de Barcelona, con Boccacio e a cultura e as xitanas de Montjuïc, e pasando, así mesmo, pola delicadeza e preciosismo estético dun Toni Catany en gracia con cores e texturas; retratista de bodegóns, de natureza viva. O Raval, cando se chamaba Barrio Chino, tivo un espía, un escrutador da vida cotiá, un ladrón de imaxes: Joan Colom. Coa súa pequena Leica percorría as rúas con disimulo para inmortalizar personaxes do barrio: os traballos e os días. E así moitos máis: Gabriel Cualladó, fotógrafo amateur do que se di que é o rei da fotografía española; o temerario Xavier Miserachs, cos seus traballos de rúa, a urxencia e o azar, a poesía da vida diaria e traballadora.
Virxilio Viéitez. Circo, 1960
Fotógrafos do Noroeste: Vari Caramés, Virxilio Vieitez, Manuel Ferrol
Estaba de viaje en Madrid con Ángeles, como tantas otras veces, y entramos a tomar algo en el bar “Viva Madrid”, en la plaza de Santa Ana. Era un día típico madrileño de calor. Subimos unas pocas escaleras que daban a un pequeño comedor y allí estaba la escena para nosotros: espejo, ventilador, beso y Ángeles… (Vari Caramés, El beso del caballero, 1989)
Fotógrafas e fotógrafos hai en calquera lugar, en toda xeografía e climas. Tamén no Noroeste peninsular, comprendido en sentido amplo e laso. Marta del Riego (autora da novela Pájaro del Noroeste) opina que o Noroeste é unha rexión xeográfica-sentimental-cultural. E leva razón.
No ano 2010 e na galería Raíña Lupa, Vari Caramés presentou unha ampla antolóxica dos seus traballos. As imaxes que pare Caramés semellan tinguidas das brétemas galaicas, sempre un desenfoque, un tremer vital: o movemento do que se capta fugazmente. Daquela dicía o fotógrafo: O azar é esa cousa tan curiosa e necesaria que me permite o descubrimento (…) O inusitado dentro da normalidade. Por iso engadía: Se quero retratar un dromedario non me seduce a idea de ir ao deserto, en cambio, se un día polas rúas da Coruña vexo pasar un, ese si que me atrae moito. Agora na exposición coa que deleita a Fundación Foto Colectania, Caramés está representado por tres das súas imaxes. Unha delas é El beso del caballero -1989-, e o comentario sobre as razóns desa instantánea está reproducido unha liñas máis arriba.
M. Ferrol. Emigración, 1957
O fotógrafo rural dos anos do franquismo, en concreto de Soutelo de Montes (Forcarei) é o itinerante Virxilio Vieitez. As fotografías deste retratista chántanse no medio dunha estrada ou ocupan o espazo do seu estudo, cos inevitables escenarios ao uso; retratan a unha muller cunha radio á porta da súa casa ou certifican a morte dun patrucio. A xeografía sociolóxica de Vieitez é a de quen subscribe esta crónica, nado a escasos quilómetros de Soutelo. O que quizais non se saiba é que moitas das fotos que acabou positivando Vieitez eran encargos, retratos de vida encargados para que viaxasen ao outro lado do mar Atlántico: eran testemuñas de vida e morte, de presentes e situacións enviadas aos parentes que emigraran ás terras de ultramar. A distancia física e sentimental minguaba coa forza colorista do branco e negro. A serie de instantáneas que agora representan o xenio de Vieitez en Basado en Historias Reales procede da presencia na súa aldea dun circo ambulante no ano 1960. O retratista foi disparando sobre o conxunto de artistas circenses que facían as súas funcións pola tarde. Era tal a procedencia desta familia circense e tal a necesidade que, mentres estiveron en Soutelo, axudaron á veciñanza nos traballos do agro, tal e como explica Keta, a filla de Virxilio, no comentario á serie. Esa realidade é coetánea e paralela, poñamos por caso, á que Fellini presenta no filme La Strada (1954), e tamén, aínda máis, á deste outro filme, ben duro tamén: El Viaje a ninguna parte (1986), de Fernando Fernán Gómez. Que dura a vida de cómicos da legua!
Máis ou menos contemporáneo de todo o que se está a dicir respecto das fotos do circo ambulante de Vieitez é a que quizais sexa a icona dese fenómeno tan duro en tantos e tantos lugares: a emigración. Manuel Ferrol, fotógrafo d’A Coruña, atinou no seu paseo polo porto coruñés a captar a dor infinita do pai que desexa reter o fillo a carón seu, do fillo que tan a gusto se deixa prender polo rexo brazo paternal, a punto de separarse –Atlántico polo medio–. Por cantos anos? A perda de vivencias … Para toda a vida? Esa instantánea (Emigración, 1957) está moi ben comentada (agora en Foto Colectania) polo tamén coruñés César Antonio Molina no libro Manuel Ferrol (2000) e baixo o título Geografía del Dolor. Que foi das súas vidas?: Para Starobinski, el sufrimiento es algo interior que se revela con dolor a través del cuerpo. Este revelado lo hace la cámara de Manuel Ferrol, captando esas deformaciones, esa metamorfosis, ese ahogo de las lágrimas del niño con la musculatura del brazo. Esa foto del padre y del hijo de pronto me hace recordar Saturno devorando a su hijo de Goya y a El Grito de Munch. Pero estas fotos captan más el silencio que el grito. El grito es un desahogo, el silencio es una demanda de sumisión.
Moi recomendable deixarse encantar polas salas da Fundación Foto Colectania.
EXPOSICIÓN: Basado en Historias Reales
ata o 28 de febreiro de 2021