A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal atópase nunha encrucillada dende hai tempo, mesmo con anterioridade á actual crise. A ela chegamos constatando avances importantes de todos coñecidos en certas materias. Pero se de algo carecemos ao longo destes anos na súa formulación e xestión foi dunha visión efectivamente integral da relación entre Galicia e (o Norte de) Portugal.
O apoio comunitario ofreceu a posibilidade dun impulso que non foi de todo aproveitado por esa limitación conceptual da relación bilateral. Bótaselle a culpa agora á crise e á recorrente asimetría institucional, pero é evidente que o Norte de Portugal non precisa ser unha autonomía para que a eurorrexión exprese todo o seu gran potencial
O apoio comunitario ofreceu a posibilidade dun impulso que non foi de todo aproveitado por esa limitación conceptual da relación bilateral. Bótaselle a culpa agora á crise e á recorrente asimetría institucional, pero é evidente que o Norte de Portugal non precisa ser unha autonomía para que a eurorrexión exprese todo o seu gran potencial. Se existe vontade política, poden habilitarse fórmulas que mitiguen esas disfuncións. O problema é que os fundamentos últimos desa aproximación aínda tendo no empresarial e institucional unha visibilidade notoria precisa dunha dimensión histórico-cultural e política para callar adecuadamente achegando esa visión de longo alcance indispensable para consolidar un proxecto que debera transcender o feito UE.
Nese estado de cousas non todo é responsabilidade das administracións. Fallou tamén a cidadanía, que nos últimos tempos, como a outros moitos niveis, interiorizou esa idea de que precisa dos poderes instituídos para avanzar ou que delegou neles, con crítica ou sen ela, a responsabilidade pola situación. Pola contra, a diplomacia pública, a través da cooperación, as alianzas e os intercambios de todo tipo, deberan axudar a conformar unha identidade cívica común que permitise construírnos cara dentro, suplementar as eivas administrativas e mesmo transcendelas.
Nese estado de cousas non todo é responsabilidade das administracións. Fallou tamén a cidadanía, que nos últimos tempos, como a outros moitos niveis, interiorizou esa idea de que precisa dos poderes instituídos para avanzar ou que delegou neles, con crítica ou sen ela, a responsabilidade pola situación
Houbo oportunidades aproveitadas pero igualmente escasos avances na comprensión mutua, no cambio de mentalidade. Os tópicos prevalecen en moitos eidos. E falta aínda moito aprecio e coñecemento recíproco. De darse ese cambio de mentalidade, estariamos encarando xuntos moitos desafíos comúns que hoxe poderían aproximarnos e fortalecernos.
Estamos a tempo de pórlle remedio? Sen dúbida. Cabe reclamar vontade, política e social. O primeiro é crer nela e nas súas posibilidades e puntos fortes. Comezando pola propia lingua. Resulta patético e sintomático que profesores galegos e portugueses reflexionen en castelán sobre o presente e futuro da eurorrexión nun medio de comunicación do sur de Galicia. Pasou hai poucas semanas, reflectindo o absurdo desa realidade que deberamos transcender.
Comezando pola propia lingua. Resulta patético e sintomático que profesores galegos e portugueses reflexionen en castelán sobre o presente e futuro da eurorrexión nun medio de comunicación do sur de Galicia
A eurorrexión pode e debe construírse cara dentro e cara fóra. Urxe realismo en asuntos vitais como o sistema universitario e de comunicacións (dende o tren aos aeroportos) promovendo unha maior integración, pero igualmente medidas na orde social que nun sentido amplo poidan dar conta da conformación dunha cidadanía común. Se non arbitramos políticas activas neste ámbito, imporase sen remedio a deconstrución da eurorrexión. Liderado, discurso e axenda son premisas esenciais.
Esa construción tamén pode promoverse alentando unha alianza cara o exterior. En primeiro lugar, ante os respectivos Estados, onde levamos anos perdendo peso na definición da relación bilateral. Pero igualmente indo máis aló, situando a eurorrexión no mundo. Brasil e China son países definidos oficialmente como prioritarios para a acción exterior de Galicia. Son perfectamente factibles non só as misións comerciais conxuntas senón tamén a creación de oficinas compartidas de promoción en ambos os dous países para facilitar as respectivas internacionalizacións. Esa estratexia leva detallada máis dunha década con apenas tímidos avances.
Esa construción tamén pode promoverse alentando unha alianza cara o exterior. En primeiro lugar, ante os respectivos Estados, onde levamos anos perdendo peso na definición da relación bilateral. Pero igualmente indo máis aló, situando a eurorrexión no mundo. Brasil e China son países definidos oficialmente como prioritarios para a acción exterior de Galicia
Precisamos máis eurorrexión. Non deberamos permitir que se consuma un fracaso histórico-colectivo desta envergadura. Para evitalo, as bases dese novo impulso deben enraizarse nas respectivas sociedades e non só na parafernalia burocrático-institucional.