Gobernos ineficaces

No conxunto do Estado español, seis meses foron dabondo para desfacer o mito da solvencia gobernativa da dereita española. Os galegos, pola experiencia do goberno Feijoo xa sabíamos da súa ineficacia, malia que a Xunta desfrute, polo menos, da capacidade de comunicar os nulos resultados da súa  xestión, que mesmo lle está vedada a Rajoy.

Que lles pasou aos Gobernos galego e español? U-la razón da súa ineficacia? O primeiro motivo é a fonda desconfianza que o novo PP mantén fronte á política, que substitúe por pura ideoloxía

Que lles pasou aos Gobernos galego e español? U-la razón da súa ineficacia? O primeiro motivo é a fonda desconfianza que o novo PP mantén fronte á política, que substitúe por pura ideoloxía. Se Fraga sabía usar do seu Poder, Feijóo descoñece as potencialidades do autogoberno como arma. Velaí a razón pola que Galicia perdera moito máis emprego industrial e por conta propia dende abril do 2009. Canto a Rajoy, pérdelle o seu reducionismo mental e fáltanlle os reflexos e a cultura política para tentar consensuar as súas medidas e para abordar a recesión dende o punto de vista das persoas comúns. Nótaselle abondo ao pontevedrés, por outra banda, que escoita sempre as mesmas opinións e móvese sempre nos mesmos circuítos sociais.

Esta ineficacia dos Gobernos galego e español maniféstase adubiada coa súa innata tendencia á división social. Diríase que o novo PP pensa que o seu obxectivo nos Gobernos non é resolver os problemas, senón agravárllelos aos non adictos. O novo PP presenta aos cidadáns como responsábeis da crise e bota lume para avivar determinados conflitos sociais no canto de buscar a mediación e a resolución dos mesmos.

O corolario da súa ineficacia e das súas tendencias sectarias á división social é o seu carácter deconstrutor

O corolario da súa ineficacia e das súas tendencias sectarias á división social é o seu carácter deconstrutor. O novo PP racha o consenso social da transición (que reflicte no Estado o acadado na Europa despois do 1945) e anda a desmontar, con máis ou menos intensidade, a sanidade, a educación, os servizos sociais públicos, máis tamén a lingua e identidade galegas e as políticas de promoción do crecemento.

 

A Arrincadeira

O sábado celebrouse na Coruña a V Asemblea da Irmandade Xurídica Galega

O sábado celebrouse na Coruña a V Asemblea da Irmandade Xurídica Galega. Denunciouse, outravolta, a insólita situación do galego na xustiza demandando, como facía o defunto maxistrado Carballal Pernas (homenaxeado nesta edición) a necesidade de que os maxistrados e xuíces coñezan a nosa lingua para exercer no noso País.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.