Guerras humanitarias (I)

Nayirah, no momento de ofrecer o seu testemuño, falso Dominio Público democracynow

O 10 de outubro de 1990, Nayirah, unha nena de 15 anos, conmovía aos estadounidenses coa súa estarrecedora testemuña sobre atrocidades cometidas polo exercito Iraquí, durante a invasión do seu país. Os telespectadores asistían abraiados á súa narración coma voluntaria no hospital de Al Adán. O seu relato foi arrepiante: “… Estando alí, vin soldados iraquís entrar no hospital coas súas armas, sacar os bebés das incubadoras, levaren as incubadoras e deixar os bebés morrer no chan frío. Foi horrible. Non podía deixar de pensar no meu sobriño...”.

A satanización internacional de Saddam Hussein, non veu polo seu xenocidio cometido contra os kurdos en Anfal, senón por relatos fabricados expresamente para causar medo ou conmoción emocional e social, que paralizase calquera cuestionamento da guerra.

A súa declaración diante da Comisión de Dereitos Humanos do Congreso, conmoveu á cidadanía e inclinou as votacións nun congreso, que escaldado pola Guerra de Vietnam estaba moi dividido na hora de declarar a primeira Guerra de Iraque.

A testemuña da adolescente era unha grande mentira, unha sofisticada campaña propagandística da firma estadounidense de relacións públicas Hill & Knowlton para o gobierno de Kuwait, pola que recibiu 12 millóns de dólares. A nena nunca estivera nese hospital. Na verdade, ela era a filla do embaixador kuwaití  Saud Nasir al-Sabah.

A brutalidade terrorífica e inhumana contada por Nayirat, durante catro escasos minutos, provocou un altísimo grao de conmoción colectiva que ninguén se atreveu cuestionar, a risco de ser considerado cómplice das barbaries despiadadas de Saddam Hussein. 

Invasión de Iraq a cargo do exército dos EUA CC-BY-SA Shockabrah

Xornais, ONGs ou a propia Amnistía Internacional sumáronse ás denuncias. Hill & Knowlton, achegada datos, dossiers, fotos, fontes e testemuñas, para dar credibilidade ao acontecido no hospital materno de Al Adán.

O 10 de outubro de 1990, Nayirah, unha nena de 15 anos, conmovía aos estadounidenses coa súa estarrecedora testemuña sobre atrocidades cometidas polo exercito iraquí. A testemuña da adolescente era unha grande mentira, unha sofisticada campaña propagandística da firma estadounidense de relacións públicas Hill & Knowlton

As guerras emprendidas polas grandes potencias, raramente están motivadas pola protección e salvagarda dos DDHH, da poboación civil, dos refuxiados, da democracia ou do benestar dos seus moradores. A satanización internacional de Saddam Hussein, non veu polo seu xenocidio cometido contra os kurdos en Anfal, senón por relatos fabricados expresamente para causar medo ou conmoción emocional e social, que paralizase calquera cuestionamento da guerra.

Os únicos móbiles que empurran as grandes potencias a promover guerras, son dous: económicos ou xeopolíticos.

No caso de Iraque, nin había armas de destrución masiva, nin traía uranio de Níxer, nin tiña capacidade para atacar Europa en 45 minutos, nin enviaba sobres con “Antrax” a EEUU, nin Iraque estaba implicado no 11-S, nin Saddam colaboraba con Al Qaeda, nin sequera a emblemática imaxe do corvorán enchoupado de petróleo que ilustraba o desastre ecolóxico causado por Saddam era certa.

As guerras emprendidas polas grandes potencias, raramente están motivadas pola protección e salvagarda dos DDHH, da poboación civil, dos refuxiados, da democracia ou do benestar dos seus moradores. 

Infelizmente, as grandes potencias que disputan a hexemonía económica e política do mundo son recorrentes. Ciclicamente Invaden, provocan mortes, feridos, refuxiados, sufrimento, destrución do tecido productivo, empobrecemento...

Por moita desolación que causen, volveran facelo e, probablemente, tamén quedarán impunes. Aínda que esgriman razóns humanitarias, de seguridade, desnazificación, protección de minorías, históricas, as denominen operación liberdade …, as razóns reais son as de asegurar o seu status ou superevivencia como grandes potencias planetarias. Ao resto da humanidade correspóndenos traballar para que estes grandes desastres humanitarios, non se repitan indefinidamente. Ou no caso de volver acontecer, non queden impunes os seus promotores.. 

Neste escenario aqueles que estamos en contra de todas as guerras e contra dos seus promotores deberíamos preguntarnos onde somos máis útiles para acabar con este perverso pulso das grandes potencias.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.