Hai que ter caradura

O goberno catalán impide que as eléctricas corten a luz ás familias pobres durante os meses de inverno, unha medida encomiable aprobada por todos os grupos políticos dese parlamento cunha soa excepción, como non podía ser menos nun partido xa de extrema dereita, con perdón dos militantes que sufran por esta deriva.

É como se un pobre non pode pagar nun supermercado e o pagamos os que podemos, exemplifica. Pois si, iso é o que queremos a inmensa maioría das persoas decentes deste país, rescatar aos pobres e non aos bancos

Para xustificar esa inexplicable postura do PP, o ministro Soria non se lle ocorre máis que reprobala cun símil que expresa moi ben esa ideoloxía, esperando seguramente que ao rematar a súa carreira política a porta xiratoria séxalle  proveitosa. E con todo o seu morro dinos en plan crítico, que logo temos que aboar eses cartos entre todos. É como se un pobre non pode pagar nun supermercado e o pagamos os que podemos, exemplifica. Pois si, iso é o que queremos a inmensa maioría das persoas decentes deste país, rescatar aos pobres e non aos bancos, nin aos equipos de fútbol, ni aos partidos políticos, nin aos fraudes fiscais.

Soamente o custo de BANESCO aos cidadáns de todo o Estado que pagamos impostos poderá chegar aos 15.000/16.000 millóns de euros

Segundo o meu amigo, o catedrático e respectado economista, Jorge Gonzalez Gurriarán, calcula que soamente o custo de BANESCO aos cidadáns de todo o Estado que pagamos impostos poderá chegar aos 15.000/16.000 millóns de euros (La Voz de Galicia 24/12/2013) e a isto podemos engadirlle os miles de millóns que pagamos todos para axudar á riqueza bancaria vinda a menos por malas prácticas das que ela foi a única culpable. Porén, para Soria o problema non é este, ao contrario, isto está moi ben, o que está realmente mal para o personaxe é que unha cativeza de cartos cidadáns, comparados con aquelas astronómicas cantidades, vaian para que, os realmente pobres por culpa dun Estado incapaz de solucionar a súa situación, poidan quentarse, iluminarse e sobrevivir(e non morrer) durante cinco meses. Pois ben, sr. Ministro, para isto apúnteme o que queira da miña achega de xubilado a facenda e non se preocupe, vostede se quere néguese e pague aos bancos e demais privilexiados que debe ser o que lle vai.

Claro, na pobreza non hai porta xiratoria.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.